Skip to Content

Complementarias

CAMPAÑA DE RECICLAXE "MOBILízate pola selva"

O CPI Plurilingüe de Vedra participa nunha campaña de reutilización e reciclaxe de móbiles para axudar á protección dos ecosistema africanos, en colaboración co Instituto Jane Goodall (IJG).

Abarcará todo o mes de maio de 2021

Información da campaña

 

 https://mobilitzatperlaselva.org/es/

Vídeo presentación da campaña

 

 Coñece o

Instituto JANE GOODALL (IJG)

 Como borrar a información dos teléfonos

 

COLABORA TRAENDO OS TEUS MÓBILES

Todo queda na casa. Nadal 20-21

Vídeo recopilatorio dos traballos manuais realizadas polo noso alumnado en relación ao Nadal nos seus fogares cntando coa colaboración das súas familias. 

GRACIAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN e PARABÉNS POLA LABOR REALIZADA!!!

 

Marcapáxinas do Samaween

Unha das actividades realizadas polo alumnado de Educación Primaria do CPI Plurilingüe de Vedra en relación ao SAMAWEEN 2020 foron estes fermosos e terroríficos marcapáxinas, os cales os poderán acompañar durante todas aquelas enriquecedoras e marabillosas lecturas que lles esperan ao longo deste curso escolar. BO TRABALLO RAPAZADA!!!!

 

 

CELEBRACION 22 DE DECEMBRO EN INFANTIL E PRIMARIA

O vindeiro martes 22 de decembro rematan as clases do 1º trimestre deste curso 2020-2021.

Aínda que este curso é moi “especial e diferente” polas circunstancias derivadas do contexto Covid que estamos a vivir, queremos que os nosos nen@s de Infanti le Primaria teñan, na medida do posible, unha despedida de trimestre que lles permita pasar unha xornada divertida e cargada de ilusión e ledicia, motivo polo que nesa data realizaremos diferentes actividades por aula.

Enlace á carta explicativa das mesmas. 

BO  NADAL

RECORDOS DO SAMAWEEN

O alumnado de 2º da ESO vai ao teatro

O pasado venres, os rapaces e as rapazas de segundo curso foron ver ao Salón Teatro de Santiago a peza Elisa e Marcela. Esta saída enmarcáse dentro da programación da materia de Igualdade de Xénero que cursan en 2º da ESO. 

As cómicas da Panadaría danlle vida a Elisa e Marcela, dúas mulleres que casan na igrexa de San Xurxo na Coruña no ano 1901. Unha delas ten que ir vestida de home. A súa é unha historia de amor a contratempo con persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas.

Elisa e Marcela quere ser unha reconstrución irreverente dun suceso real. E agora preséntase a xeito de comedia musical onde o verídico parece invento… 

Elisa e Marcela, UNHA HISTORIA QUE PARECE CONTO.

EDUCACIÓN VIAL PARA 3º E 4º ESO

O alumnado de 3º e 4º de ESO participou este pasado xoves nunha actividade encamiñada a prevención de accidentes de tráfico, organizado conxuntamente para os tres concellos de Touro, Boqueixón e Vedra pola Asociación FUNDTRAFIC.

ESta actividade contou coa colaboración do Concello de Vedra e tivo lugar nas instalación do CPI Antonio Orza Couto de Boqueixón.

Ver fotos

 

 

CELEBRAMOS A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Con motivo da semana das Letras Galegas desenvolvéronse variadas actividades que se centraron particularmente en homenaxear a autora Mª Victoria Moreno.

Destacamos en primeiro lugar a actividade "MULLERES QUE CONTAN" que se celebrou na Biblioteca Municipal, á que asistiu o alumnado de 1º de ESO o día 14.

Ler máis +

Ver fotos +

O día grande foi o venres 18, no que desde as 12.30 ata as 14:00 horas se desenvolveron variadas actuacións no patio cun fio condutor: a autora homenaxeada.

Ver fotos +

Máis fotos e videos +

VIAXE A LONDRES DO ALUMNADO DE 4º ESO

Desde o mércores 2 de maio o alumnado de 4º ESO do CPI Plurilingüe de Vedra realiza a viaxe fin de estudos de Secundaria á cidade de Londres. A viaxe durará ata o Domingo 6 de maio.

No seguinte enlace podes seguir a viaxe a través das fotos que nos envían.

https://photos.app.goo.gl/k0ZBEUI1m432sM632

ALUMNADO DE 2º ESO VISITA LUGO

O pasado martes 24 de abril o alumnado de 2º de ESO realizou unha completa visita á Cidade de Lugo. A visita estivo centrada no percorrido histórico pola cidade: Museo Arqueolóxico Provincial, ventanas arqueolóxicas con restos romanos, catedral, centro de interpretación e paseo pola muralla.

A saída didáctica está incluída na programación de actividades complementarias do Departamento de Xeografía e Historia.

Ver fotos +

Distribuir contido


by Dr. Radut