Skip to Content

Taboleiro

IMPORTANTE NA VOLTA ÁS CLASES EN XANEIRO

Ante a volta ás clases este ventres día 8 de xaneiro, e tendo en conta a situación da pandemia neste momento, adxuntamos a xa carta remitida por ABALAR MÓBIL lembrando as normas básicas de prevención para evitar os contaxios, comose veu facendo no primeiro trimestre. Todo se resume en CINCO piares básicos:

  1. ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN (Se hai síntomas non asistir á clase).
  2. USO DE MÁSCARA.
  3. GARDAR DISTANCIA (1,5 m.).
  4. HIXIENE E DESINFECCIÓN.
  5. VENTILACIÓN (Hai que vir abrigados).

Ver carta

AVISO SECUNDARIA:NOVAS DATAS DE COMEZO DE CURSO

Segundo publica na súa páxina web a Consellería de Educación, o alumnado de Educación Secundaria comezará o curso unha semana máis tarde para favorecer a organización dos grupos e clases en función dos cambios no protocolo de adaptación á situación COVID-19.

Así o inicio das clase será:

DÍA 23 - MÉRCORES: 1º e 2º de ESO

DÍA 24 - XOVES: 3º DE ESO

DÍA 25 - VENRES: 4º ESO

 

ALUMNO DO CPI DE VEDRA, "BALBINO" DE NEIRA VILAS POR UN DÍA

O alumno deste centro HUGO DOMÍNGUEZ de 3º de Primaria participou activamente no acto de imposición do nome de Xosé Neira Vilas á biblioteca da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Converteuse en "Balbino" na lectura das primairasa verbas do libro "Memoria dun Neno Labrego", obra principal do autor de Vila de Cruces recentemente falecido.

Podedes vere a nova na TVG neste enlace:

http://www.crtvg.es/informativos/ponenlle-o-nome-de-xose-neira-vilas-ao-auditorio-da-biblioteca-de-galicia-1713202

DESTACADA XOVE EMPRENDEDORA, EX-ALUMNA DO CENTRO

A ex-alumna do CPI de Vedra, Inés Ferradáns, ven de destacar como xove emprendedora con grande relevancia na prensa. Súmase así aos destacados éxitos e resultados do alumnado que cursou os seus estudos no noso centro.

Achegamos un enlace á prensa e a súa páxina "Facendo Camiño".

http://www.elcorreogallego.es/area-de-compostela/ecg/joven-emprendedora-crea-varias-rutas-arzua/idEdicion-2015-12-29/idNoticia-971899/

http://camino.xacobeo.es/comunidad-peregrinos/foro/rutas-guiadas-por-el-entorno-natural-de-arzua

Desde aquí queremos trasladarlle os nosos parabéns e moitos éxitos nesta "andaina" que agora comeza.

VEDRA VOA ALTO

Un antigo alumno do CPI de Vedra participa no equipo que acaba de poñer en órbita con exito un satélite de comunicacións, o SERPENS. Logo do seu paso polo CPI de Vedra e o instituto para facer o Bacharelato, Antón Vázquez estudiou Inxeñería de telecomunicacións na Universidade de Vigo.

Enlace coas noticia na Voz de Galicia e en La Opinión

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS AO ALUMNADO - 2021. CRITERIOS E PROCEDEMENTO.

A Consellería ven de publicar unha Orde onde establece os criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado.

VER DOG 12/11/2021 (Orde do 28 de outubro de 2021)

Alumnado destinatario:

  1. Alumnado beneficiario da axuda para material escolar neste curso. (NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE)
  2. Alumnado que non foi beneficiario (por distintas razóns) e pertence a unha familia con renda per cápita igual ou inferior a 6000 €. (PRESENTAR SOLICITUDE)
  3. Alumnado matriculado en EE, baixo tutrela ou garda da Xunta de Galicia, ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renta familiar. (PRESENTAR SOLICITUDE)

MODELO SOLICITUDE

ANEXO II - COMPROBACIÓN DATOS FAMILIARES

 

ALUMNO DO CPI DE VEDRA FINALISTA DA OLIMPIADA MATEMÁTICA DA ESO.

O pasado 29 de abril os alumnos de 2º ESO ALEX CABO LODEIRO E HUGO DOMÍNGUEZ CONDE participaron na fase de zona da Olimpíada Matemática de 2º ESO  que se celebrou en Santiago.

A proba consistiu na resolución individual de cinco problemas, os mesmos en todas as zonas. Na valoración dos problemas primou o método de resolución empregado, a súa orixinalidade, etc, por enriba da mera solución.

No día de hoxe, 10 de maio, saíron publicados os finalistas de cada zona, figurando na de Santiago como finalista ALEX  CABO LODEIRO, que participará na fase final galega o día 20 de maio na cidade de Lugo.

Noraboa aos dous por participar e ánimo a Alex para esta nova fase.

ANTIGA ALUMNA DO CPI DE VEDRA INAUGURA LIBRERÍA

A ex-alumna deste centro, Tania Seoane, inaugura hoxe unha librería especializada en manga na vila de Ribeira. Desde o CPI de Vedra desexámoslle moitos éxitos nesta andaina.

Ver noticia no xornal El Correo Gallego.

VIAXE FIN DE ESTUDOS A PARÍS - 4º DE ESO

     Os alumnos e alumnas de 4° da ESO do CPI Plurilingüe de Vedra acaban de realizar unha viaxe fin de estudos a París entre os días 1 e 5 de maio, onde coñeceron os principais monumentos da cidade francesa, como a Torre Eiffel, a Catedral de Notre Dame, os Museos  de Louvre e d'Orsay, o barrio de Montmartre e tamén  visitaron o Palacio de Versalles e Eurodisney.

Viaxaron un total 26 alumnos/as acompañados polos seus profesores do Departamento de Xeografía e Historia.

 

Ver fotos +

 

FELICITACIÓN DE NADAL

Felices Festas a todas e todos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut