Skip to Content

Horarios xerais, Calendario

AVISO IMPORTANTE: PRIMEIRO DÍA DE CLASE

Debido a situación sanitaria, para facilitar a incorporación do alumnado ao centro, O INICIO DAS CLASES SERÁ GRADUAL de acordo coa Resolución do 1 de setembro da DXEFPIE. Ademais para evitar aglomeracións e poder explicar ao alumnado todas as novidades, a nova distribución de aulas e os protocolos de actuación fronte á COVID-19 faremos a incorporación por horas, para o que pedimos a colaboración dos pais/nais, para que acompañen ao alumnado no primeiro día.

Lembramos que se implanta o novo horario de xornada única para infantil e primaria e unha tarde para secundaria. O transporte funcionará para achegar ao alumnado que o precise, en particular os da primeira quenda, con saída na cabeceira da ruta unha media hora antes das 09:00 horas.

Polo tanto os días e horas de inicio do curso dos distintos niveis serán os seguintes: 

XOVES, 10 DE SETEMBRO:

  • 09:00 h. - 3º e 2º de Primaria
  • 10:00 h. - 1º de Primaria e 5º de Infantil (4 anos)
  • 4º de Infantil (3 anos) nos horarios indicados no seu plan de adaptación.

VENRES, 11 DE SETEMBRO

  • 09:00 h. - 5º e 6º de Primaria
  • 10:00 h. - 4º de Primaria e 6º de Infantil (5 anos)

MÉRCORES, 16 DE SETEMBRO:

  • 09:00 h. - 1º e 2º de ESO

XOVES, 17 DE SETEMBRO:

  • 09:00 h. - 3º ESO

VENRES, 18 DE SETEMBRO:

  • 09:00 h. - 4º ESO

Debido aos cambios introducidos na última versión do Protocolo da Xunta para o curso que comeza, vémonos na obriga de retrasar o protocolo adaptado ao noso centro, que publicaremos nos próximos días desta semana. Incluiremos tamén unhas instrucións específicas para as familias e o alumnado referidas aos distintos aspectos organizativos.

Pregamos estean atentos á páxina web e ao Abalar móbil.

Agradecemos a comprensión e colaboración de todos.

 

PUBLICADO O CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2020-2021

A Consellería ven de publica a Orde que regula o calendario escolar para o vindeiro curso esacolar 2020/2021.

VER ORDE

VER CALENDARIO DO CPI PLURILINGÜE DE VEDRA

Distribuir contido


by Dr. Radut