Skip to Content

NOVAS

O CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN, ROMÁN RODRÍGUEZ, VISITOU O NOSO CENTRO

Este luns día 27 de setembro o Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou o noso centro co fin de coñecer de primeira man as reformas realizadas no último ano, tanto por parte da Consellería (Ampliación de 8 aulas, melloras nas aulas de Infantil, aula de usos múltiples e Tecnoloxía, Aulas de desdobres, Pintado exterior do edificio antigo,...) como por parte do Concello de Vedra (Limpeza do edificio intermedio, retirada da fosa séptica e conexión á rede de alcantarillado,...)

Durante a visita estivo acompañado polo alcalde Carlos Martínez, a inspectora de Educación, Beatriz Plana e o concelleiro Manolo Costa.

Ver fotos

REUNIÓN TELEMÁTICA XERAL COAS FAMILIAS.

Coma noutros anos a comezo de curso celebraremos a xuntanza xeral coas familias do alumnado do centro. Neste ano, por cuestions de seguridade sanitaria, realizaranse de xeito telemático POR VIDEOCONFERENCIA. Para facer máis operativa a reunión faremos dúas distintas segundo as etapas educativas.

-------------

-Infantil e Primaria: MARTES, día 28  DE SETEMBRO ás 18:00 h.---Enlace a Google Meet: https://meet.google.com/yps-wayw-t

------------

-SECUNDARIA: MARTES, día 28 DE SETEMBRO ás 19.30 h.-----Enlace a Google Meet: https://meet.google.com/enx-iydz-wsb

 ------------

Recomendamos que utilicen a conta @cpivedra.com dos seus fillos/as

En vindeiros días tamén haberá reunións telemáticas aínda pendentes por titorías.

URXENTE-ULTIMA HORA-TRANSPORTE

Comunicamos aos usuarios excepcionais de transporte escolar (por ser de fora da zona ou non corresponderlle este centro), que a Consellería acaba de comunicar que de momento non vai facer falta a tarxeta para viaxar. As empresas xa contarán coa listaxe na que estarán todos incluídos.

Sentimos as molestias que provocan estes cambios de última hora pero as decisións son da Consellería de Mobilidade, que neste caso intenta dar solución a un problema xerado pola emisión de tantas tarxetas e a dificultade do control do número exacto alumnado usuario

SECUNDARIA - INICIO DE CURSO

Todo o alumnado de Secundaria (4ºESO/3ºESO/2ºESO/1ºESO) inicia o curso 2021-2022 este MÉRCORES DÍA 15 ás 9:00 horas.

Funcionará o transporte no seu horario habitual.

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19. CURSO 2021-2022. NORMAS BÁSICAS

Publicamos os documentos xerais do "Plan de Adaptación á situación COVID-19 do CPI de Vedra para o curso 2021-2022", así como os enlaces a un resumo dos aspectos básicos organizados nos seguintes epígrafes:

- ENLACE PÁXINA WEB COAS NORMAS BÁSICAS

- DOCUMENTO COMPLETO:"Plan de adaptación á situación COVID-19"

- PLAN DE CONTINXENCIA: Horarios de docencia  virtual  no confinamento. 

Outros anexos:

- Planos aulas

- Plano circulación xeral

Declaración responsable familias

Enquisa de AUTOAVALIACIÓN

 

IMPORTANTE: INICIO DE CURSO EN PRIMARIA E INFANTIL

INICIO DE CURSO

INFANTIL E PRIMARIA: Xoves, 9 de setembro

No primeiro día de curso o alumnado accederá escalonadamente, (segundo os horarios que figuran abaixo) para favorecer o cumprimento da normativa do protocolo COVID-19. As nais e pais que traian aos nenos/as deixaranos na entrada sen entrar ao recinto, onde estará esperando o profesorado para facerse cargo deles. 

XOVES, 9 DE SETEMBRO

        HORARIOS

  • 09:00 h. - 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria
  • 09:30 h. - 1º e 2º de Primaria
  • 10:30 h. - 5 e 6º de Infantil. (4 e 5 anos)
  • 4º de Infantil (3 anos) nos horarios indicados no seu plan de adaptación, entregados pola titora.

 

NOTA: O transporte funcionará cos horarios habituais para a primeira hora. 

Publicación de notas de setembro - Educación Secundaria

Desde hoxe venres ás 16 horas pódense consultar as notas da Avaliación Extraordinaria de Setembro de Educación Secundaria EN ABALAR MÓBIL. Se tiveran algún problema para a visualización das mesmas, poden poñerse en contacto co centro o luns día 6.

O período de reclamacións ás mesmas será de dous días lectivos, ata o martes día 7, ás 15 horas. 

Lembramos que o alumnado de 4º de ESO proposto para título deberá pasar a recoller as certificación académicas o luns día 6, para a matrícula en Bacharelato ou FP.

 

Horario dos exames de setembro - ESO

INORMACIÓNS IMPORTANTES PARA O VERÁN

Adxuntamos nota con informacións e datas importantes neste verán.

LISTAXES PROVISONAIS ADMITIDOS PARA O CURSO 2021/22

Comunícase que están publicadas as listaxes provisionais de admitidos/as como novo alumnado para o vindeiro curso 2021/22, no proceso de admisión.

Para a consulta das listaxes deberán facelo directamente nos taboleiros interiores do centro ou tamén na aplicación Admisión alumnado coa chave 365 ou certificado electrónico (pola Ley de Protección de datos non se poden publicar nesta web).

Ábrese un prazo de reclamación de cinco días hábiles, desde hoxe ata o luns día 19 de abril

Distribuir contido


by Dr. Radut