Skip to Content

CAMPAÑA DE RECICLAXE "MOBILízate pola selva"

O CPI Plurilingüe de Vedra participa nunha campaña de reutilización e reciclaxe de móbiles para axudar á protección dos ecosistema africanos, en colaboración co Instituto Jane Goodall (IJG).

Abarcará todo o mes de maio de 2021

Información da campaña

 

 https://mobilitzatperlaselva.org/es/

Vídeo presentación da campaña

 

 Coñece o

Instituto JANE GOODALL (IJG)

 Como borrar a información dos teléfonos

 

COLABORA TRAENDO OS TEUS MÓBILES

Ana Filgueiras visita o CPI de Vedra

O pasado venres 9 de abril  estivo connosco no centro educativo a arqueóloga, Ana I. Filgueiras. O alumnado de 3.º da ESO tivo a ocasión de escoitar o seu relatorio "Camiño e tradición, o oficio de andar" en que investigadora  e veciña de Vedra abordou o significado do legado cultural relacionado co Camiño, tanto nos seus aspectos prácticos como simbólicos e outros temas directamente vinculados coa peregrinación e o tránsito que deixaron a súa marca na paisaxe e na alma da xente ullá.

 Esta actuación encádrase dentro do programa de innovación educativa  Proxecta 20-21. Mirando polo Camiño  promovido pola Consellería de Educación e a Dirección Xeral do Patrimonio e do que Vedra medra forma parte co proxecto "De cruces, cruceiros, camiñantes e camiños cara a Compostela".

Xulia Marqués

Coordinadora de Vedra medra

 

LISTAXES PROVISONAIS ADMITIDOS PARA O CURSO 2021/22

Comunícase que están publicadas as listaxes provisionais de admitidos/as como novo alumnado para o vindeiro curso 2021/22, no proceso de admisión.

Para a consulta das listaxes deberán facelo directamente nos taboleiros interiores do centro ou tamén na aplicación Admisión alumnado coa chave 365 ou certificado electrónico (pola Ley de Protección de datos non se poden publicar nesta web).

Ábrese un prazo de reclamación de cinco días hábiles, desde hoxe ata o luns día 19 de abril

Día da muller

Este ano o alumnado de Educación Infantil e Primaria do CPI Plurilingüe de Vedra realizou a nivel de aula, en relación ao Día Internacional da Muller, diversos traballos de investigación co fin de poñer de manifesto a relevancia da figura feminina ao longo da nosa historia, sendo esta montaxe audiovisual un pequeno resumo do resultado da labor realizada. 
 
Novamente, parabéns polo esforzo realizado rapazada!!!

 

 

Solicitudes de admisión presentadas (22/03/2021)

Datos de admisión no remate do prazo de presentación de solicitudes (salvo posibles solicitudes presentadas hoxe por sede electrónica).

ADMISIÓN

2021-2022

VACANTES

SOLICITUDES  PRESENTADAS

Oferta

total

Reserva

Admin.

ED. INFANTIL

4º EI (3 anos)

25

3

16

5º EI (4 anos)

7

-

3

6º EI (5 anos)

1

-

2

 

 

 

 

 

ED. PRIMARIA

1º EP

3

3

1

2º EP

22

-

0

3º EP

22

-

0

4º EP

14

-

0

5º EP

15

-

2

6º EP

18

-

0

 

 

 

 

 

E.S.O.

1º ESO

7

3

4

2º ESO

0

-

0

3º ESO

19

-

0

4º ESO

25

-

1

CONVOCADOS PROBAS PARA OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS CELGA (LINGUA GALEGA)

No DOG de hoxe, publícase a convocatoria de probas para obtención dos certificados de Lingua Gelga, CELGA niveis 1, 2, 3 e 4 no ano 2021.

VER DOG

PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2021/2022

VACANTES PARA O PROCESO DE ADMISIÓN

Publicamos as vacantes existentes para o proceso de admisión.

LISTAXE VACANTES

RESERVA DE PRAZA CENTROS ADSCRITOS

En relación co proceso de Reserva de praza para o curso 2021/2022 neste centro desde os centros adscritos (CRA Boqueixón-Vedra e CEIP de Ortigueira), comunicamos que todas as solicitudes están admitidas.

Procedentes do CRA BOQUEIXÓN VEDRA:

  • 1º Primaria: 3 solicitudes admitidas.
  • 3º Primaria: 16 solicitudes admitidas.

Procedentes do CEIP DE ORTIGUEIRA:

  •  1º ESO: 10 solicitudes admitidas.

Vedra a 27 de febreiro de 2020

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19. NORMAS BÁSICAS

Publicamos os documentos xerais do "Plan de Adaptación á situación COVID-19 do CPI de Vedra para o curso 2020-2021", así como os enlaces a un resumo dos aspectos básicos organizados nos seguintes epígrafes:

- ENLACE PÁXINA WEB COAS NORMAS BÁSICAS

- DOCUMENTO COMPLETO:"Plan de adaptación á situación COVID-19"

- PLAN DE CONTINXENCIA: Horarios de docencia  virtual  no confinamento. 

Outros anexos:

- Planos aulas

- Plano circulación xeral

- Declaración responsable familias

- Enquisa de AUTOAVALIACIÓN

Guía resumo instrucións Consellería

 

Distribuir contido


by Dr. Radut