LISTAXE DEFINITIVA DE NOVOS USUARIOS DE COMEDOR ESCOLAR - CURSO 2020/21
Publicamos as listaxes DEFINITIVAS de novos usuarios de COMEDOR ESCOLAR para o vindeiro curso 2020/21, aprobadas polo Consello Escolar do centro, na reunión do día 18 de agosto de 2020.
ESTÁN EXPOSTAS NOS TABOLEIROS DO CENTRO
NOTA IMPORTANTE: O alumnado non admitido (un total de 9) queda en LISTA DE ESPERA, en previsión de posibles baixas de usuarios.
O alumnado que foi usuario no curso anterior, e o solicitou de novo, xa está admitido.
Para calquera dúbida poden poñerse en contacto co centro: 881867015-696454033.
AVISOS IMPORTANTES:
- Segundo a Instrución da SXT, os usuarios/as do servizo de comedor escolar que durante o prazo dun mes de xeito continuado non fagan uso do citado servizo coa frecuencia solicitada, causarán automaticamente baixa no servizo, agás causas debidamente xustificadas polos usuarios/as ante a dirección do respectivo centro educativo.
- A listaxe de admitidos pode verse afectada por novas medidas que adopte a Consellería en función da evolución da pandemia da COVID-19 que poidan reducir o aforo do comedor ou modificar as condicións do servizo.