Skip to Content

3º Curso

Tarefas semanais 15-19 de xuño.

Bo día familias!

A continuación, deixo distribuidas as tarefas semanais. Moito ánimo que esta é a derradeira semana.

Lembrade facer a sesión diaria de SMARTICK.

Coma sempre, agradecería que me enviásedes as tarefas ao correo: 3sanxoseobreiro@gmail.com

Luns:

Matemáticas: traballaremos en base aos ángulos. Para eso, déixovos estas dúas fichas moi sinxelas. Por se non lembrades como eran os ángulos, tedes por aquí o vídeo da semana pasada: https://www.youtube.com/watch?v=4pGyx2PrfgM

 

Lingua galega: teremos que pensar e escribir un pouquiño sobre as vantaxes e as desvantaxes do confinamento. É dicir sobre as cousas boas e as cousas malas que vivimos durante este confinamento.

Neste video (https://www.youtube.com/watch?v=eRHe9U-cD8k) xa vos explico máis claramente o que tedes que facer.

Déixovos por aquí a tarefa.

 

Ciencias Naturais: déixovos por aquí estas dúas fichas que nos permitirán dar un repaso final aos contidos que estivemos traballando sobre a materia e as substancias puras e mesturas.

* No primeiro exercicio, cando nos pregunta que tipo de mestura é, estanos preguntando se é unha mestura homoxénea ou heteroxénea.

 

Martes:

Matemáticas: ao longo da semana, falaremos sobre o perímetro e a área dos polígonos. Para iso, primeiro teredes que ver este video (https://www.youtube.com/watch?v=AZ40WujbgZM ) onde se explican as actividades e teredes que facer da páxina 196 os exercicios 21 e 22 e tamén a seguinte ficha.

 

Lingua castelá: o resumo da semana esta vez toca en castelán. Recordade que resumir é contar o máis importante. Lede o texto un par de veces e subliñade as ideas principais.

Recordade tamén ir lendo pouco a pouco o que vades escribindo no resumo, para comprobar que ten sentido.

 

Ciencias Sociais: déixovos esta ficha para repasar os últimos conceptos que vimos sobre o concello.

 

Mércores:

Matemáticas: desta vez, centrarémonos na área. Déixovos por aquí este video (https://www.youtube.com/watch?v=zPOWmby4WZs ) para que lle botedes un ollo antes de facer os exercicios 23 e 24 desta páxina.

 

Lingua Castelá: con esta ficha repasaremos os verbos e as palabras compostas.

 

Ciencias Sociais: do mesmo xeito que o martes, mediante esta ficha, continuaremos repasando os contidos vinculados co concello, as vilas e as cidades. 

 

Xoves:

Lingua galega: continuaremos traballando sobre os verbos e tempos verbais , para iso, teredes que acceder a estas actividades online http://pdi.vicensvives.com/pdi/lingua3/program/index.html#/ap?l=450&t=69915&a=69996&q=215881

 

As actividades que teredes que facer son a 7,8,9 e 11.

 

Valores Sociais e Cívicos: con esta actividade, daremos fin ao traballo das últimas semanas sobre o autoconcepto e a autoestima. Moito ánimo!

 

Ciencias Naturais: con estas dúas fichas, repasaremos os conceptos abordados sobre a materia, os cambios físicos e químicos e as propiedades dos materiais.

 

Venres:

Lingua galega: teredes que facer esta ficha para continuar traballando sobre a comprension lectora e os adxectivos.

 

Lingua castelá: para espremer a imaxinación, faremos unha actividade similar a que xa elaboramos fai unhas semanas. Déixovos por aquí a tarefa. Fixádevos moi ben no enunciado e no exemplo.

 

Matemáticas: continuaremos traballando sobre a área e o perímetro. Para iso , teredes que facer una lectura desta páxina de matemáticas e ver este vídeo (https://www.youtube.com/watch?v=TJdrC4u3DOk&feature=youtu.be) antes de realizar os exercicios 25, 26 e 27.

 

Educación Artística: esta semana déixovos unha proposta moi relaxante.

Tarefas semanais 8-12 de xuño.

Bo día familias, agardo que todos/as continuedes ben.

 Antes de nada, tres avisos importantes:

 

En primeiro lugar, o día establecido para a devolución dos libros de texto é xoves o 25 de xuño, no horario de 10:00 a 12:00. Recordaréivolo de novo cando nos estemos achegando máis a esa data.

 

En segundo lugar: durante esta semana, estiven recibindo as imaxes das vosas propostas como alcaldes/alcaldesas. Gustáronme moito e pensei en subilas á páxina web do cole. A maioría están super ben pero, se alguén quere retocala, incluir máis propostas como alcalde/alcaldesa ou poñerlle máis cor, déixovos ata o venres desta semana para que mas enviedes.

 Se non queredes modificar nada máis, subireinas tal cual mas enviastes.

 Se hai alguén que non quere que publique a súa proposta, notificádemo por correo, por favor.

 

En terceiro lugar e tendo en conta que xa non volveremos ás aulas, gustaríame realizar unha videochamada con todos/as antes de rematar o curso escolar. Para poder organizalo ben, creei a seguinte enquisa. Por favor, entrade nesta ligazón e contestade ás preguntas que se requiren:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScRwUoDgtW1dQc4HhToVijExc1QezIGrrY_mhVzaGByjAEuew/viewform?usp=sf_link

 

Moitas gracias de antemán pola vosa colaboración!

 

A continuación, deixo distribuidas as tarefas semanais.

 

 

Luns:

 

Matemáticas: antes de nada, teredes que estar moi atentos/as ao seguinte vídeo sobre as horas. (https://www.youtube.com/watch?v=CuJBdji8gn8 ) É importante tamén que vexades este vídeo (https://youtu.be/lxjIIYNcuyM) onde indico como debedes facer a tarefa.

 

Ciencias Naturais: teredes que ver o seguinte vídeo sobre as propiedades da materia completando a información que se require. https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5576800-los_materiales.html

 

Despois teredes que ver tamén o seguinte video (https://www.youtube.com/watch?v=skvV9cuLIKc ) para poder realizar esta ficha.

 

Lingua galega: continuaremos traballando sobre a poesía. Para iso, teredes que facer os exercicios presentes na seguinte ficha.

No apartado “obradoiro de expresión” podedes facer o pareado co voso propio nome e apelido ou escoller o doutro compañeiro/a. Facede o que máis vos apeteza.

 

Martes:

Matemáticas: desta vez, imos traballar sobre as rectas secantes e as rectas paralelas. Teredes que ler a información presente nesta páxina e facer os exercicios 1,2,3 e 4.

 En referencia ao exercicio 1: se na vosa casa non tedes unha regra, podedes empregar calquer obxecto que faga a mesma función que a regra, como por exemplo, o bordo dun libro.

 

Ciencias Sociais: déixovos por aquí esta actividade interactiva para que repasedes un pouquiño sobre os servizos municipais dun concello: https://cplosangeles.educarex.es/web/tercer_curso/sociales_3/servicios_municipales_3/servicios_municipales_3.html

 Os nomes dos distintos servizos do concello son diferentes aos que traballamos nós. Pero agora que xa levamos unhas semanas falando sobre este tema, seguro que non tedes problema en darvos conta a que se están referindo.

 Lingua Castelá: desta vez, traballaremos sobre as palabras compostas. Seguro que xa as coñecedes. Teredes que ler a información presente nesta páxina e facer os exercicios 1,2,3 e 4.

 

Mércores:

 

Matemáticas: continuamos repasando os reloxos. Déixovos por aquí esta ficha.

 Agora que xa practicamos un poquiño máis a representación e lectura dos reloxos, déixovos tamén este bingo por se vos apetece xogar en familia.

 

Ciencias Sociais: déixovos por aquí a seguinte actividade interactiva sobre a organización do concello.

https://cplosangeles.educarex.es/web/tercer_curso/sociales_3/ayuntamiento_3/ayuntamiento_3.html

 

E tamén estas dúas fichas, para que completedes.

 

Lingua castelá: a semana pasada estivemos traballando sobre os verbos. Desta vez, continuaremos traballando coas formas verbais: pasado, presente e futuro.

Para iso, teredes que facer unha lectura da seguinte páxina e os exercicios 1, 2, 4 e 5.

 

Xoves:

 

Ciencias Naturais: déixovos por aquí estas dúas actividades interactivas que nos permitirán repasar algúns dos contidos vistos o luns.

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5795925-materiales.html

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5749277-relaciona.html

 

Lingua galega: en lingua teredes que facer o resumo da lectura "A cidade de todo é posible". Recordade que estamos en galego, polo tanto, o resumo tamén deberá estar escrito en galego. Se tedes algunha dúbida sobre como se escriben algunhas palabras, xa sabedes que as podedes consultar no dicionario online da Real Academia Galega: https://academia.gal/dicionario/rag

 

Lembrade tamén subliñar as ideas máis importantes do texto para poder facer o resumo. Ademais do resumo, teredes que facer tamén os exercicios 2, 6 e 7.

 

Valores Sociais e Cívicos: continuaremos traballando en base á autoestima, o autoconcepto e as habilidades persoais. Neste documento xa vos explico con maior profundida o que debedes facer.

 

 

Venres:

Matemáticas: traballaremos sobre os ángulos. Primeiro, teredes que ver este video onde explica o que son os ángulos: https://www.youtube.com/watch?v=4pGyx2PrfgM

 

Despois, teredes que facer os exercicios 5,6,7 e 8 desta páxina de matemáticas.

 

Lingua Galega: traballaremos sobre a ortografía das palabras con v. Para iso, teredes que facer os exercicios 1,2,3, 4 e 5.

 

* Nos exericios 2, 3 e 5 non é necesario que copiedes todas as oracións, podedes poñer simplemente a palabra que corresponde. Outra opción será que imprimades as follas e escribades directamente sobre elas.

 Déixovos tamén por aquí estas actividades interactivas por se queredes repasar o uso do r/ rr e do b/v: http://pdi.vicensvives.com/pdi/lingua3/program/index.html#/ap?l=450&t=69907&a=69977 Os exercicios son: 15, 16 e 17.

 

Lingua castelá: Como ao longo destas semanas estivemos traballando sobre os verbos, déixovos por aquí esta actividade na que teredes que formar diferentes oracións cos distintos verbos e palabras que vos ofrece cada recipiente.

 

Educación Artística: esta semana anímovos a crear esceas a partir de materiais e obxectos que teñades pola casa. Aquí vos deixo unhas imaxes dun fotógrafo moi coñecido: Chema Madoz, para que vos inspiredes. 

Ánimo e a espremer esa creatividade!

 Aproveito para deixarvos as fotos que me enviaron as vosas compañeiras sobre a primaveira. 

Por aquí tedes as que me enviou Ainhoa. Recoñedes o lugar onde foron feitas estas imaxes?

 

E por aquí, déixovos as de Lara

Tarefas semanais 1-5 de xuño.

Bo día familias, agardo que continuedes ben. 

 

Déixovos por aquí unha das tarefas da semana pasada que me enviou Lara. Ela decidiu imprimir as imaxes e quedáronlle moi ben, verdade?

 

 A continuación, deixo distribuido o traballo semanal. 

Lembrade facer a sesión diaria de SMARTICK.

Coma sempre, agradecería que me enviásedes as tarefas ao correo electrónico: 3sanxoseobreiro@gmail.com

 

Luns:

Matemáticas: continuaremos traballando en base ao reloxo, para iso teredes que realizar as seguintes fichas e facer da páxina 137 os exercicios 30, 31 e 32.

Por se tedes algunha dúbida neses exercicios, quédavos por aquí este vídeo:https://www.youtube.com/watch?v=IcR6NZ95tuo

 

Ciencias Naturais:desta vez, teredes que realizar dúas actividades interactivas.

1. https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5812921-la_materia.html : unir para repasar os conceptos de materia, masa, volume, cambios de estado, subsancias puras e mesturas. 

 

 

2. https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5782533-homogeneas_o_heterogeneas.html : actividade para repasar as mesturas homoxéneas e heteroxéneas. 

 

Lingua galega: continuaremos traballando en base á comprensión lectora. Para iso, será necesario que fagamos os exercicios presentes na seguinte lectura.

 

Valores Sociais: desta vez, continuaremos traballando sobre a autoestima. Déixovos esta tarefa para que a realicedes ao longo da semana, podedes enviarma o venres ou a fin de semana.

 

Ao longo dos días facemos unha chea de cousas que nos fan sentir ben pero, ás veces, non nos decatamos. Se non sabemos, podemos pedirlle a nosa familia que nos axude a identificar que cousas facemos moi ben cada día.

 

Martes:

Ciencias Sociais: desta vez, teredes que leer de novo o esquema que vos deixei o outro día sobre os servizos do concello para poder elaborar esta tarefa.

 

Lingua Castela: teredes que realizar a seguinte tarefa de comprensión lectora. Ademais diso, teredes que facer tamén un resumo da lectura. Xa sabemos que resumir é contar O MÁIS IMPORTANTE.

Para facelo, o mellor é que subliñedes as ideas principais no texto para despois poder unilas. Recordades como se facía?

Lembrade tamén que non se trata de copiar exactamente o que di o texto, debedes facer o resumo coas vosas palabras.

Moito ánimo, seguro que vos saen moi ben porque cada vez resumides mellor.

 

Matemáticas: desta vez, teredes que estar moi atentos/as a este vídeo sobre os reloxos ( https://www.youtube.com/watch?v=H-KrFORKkPE ) para poder realizar a seguinte ficha.

 Recordade poñer as agullas no reloxo e debaixo escribir, con letra, como se lerían esas horas.

 

 

Mércores:

 Ciencias Sociais:

 1º: terás que ler a páxina 66 do libro sobre como se elixe o goberno do concello.

 2º: ler na seguinte páxina web como unha clase de 3º representou as eleccións municipais: https://rosafernandezsalamancaprimaria.blogspot.com/2016/01/elecciones-municipales-3-de-primaria.html

 3º: facer un cartel anunciándote como o futuro/a alcalde/alcaldesa do teu concello, indicando algunha cousa que mellorarías do teu concello, incorporando a túa foto e tamén un slogan.

 

Para facelo: podes inspirarte nas propostas que fixeron os nenos/as que viches anteriormente. Podes facelo nuha cartolina ou nun folio.

 

Lingua Castelá: traballaremos sobre o verbo. Antes de facer as tarefas, sería recomendable que lle botásedes un ollo a este vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=F31XS-rjABA

  As tarefas a realizar son os exercicios: 4,5,7,8,9 e 10.

Os exercicios 4, 7 e 9 podédelos realizar online, tal e como fixemos a semana pasada coa tarefa de Lingua Galega. Déixovos por aquí o enlace: http://pdi.vicensvives.com/pdi/lengua3/program/index.html#/ap?l=394&t=63514&a=63625 Os demais (5, 8 e 10) debedes realizalos na libreta. 

 

Matemáticas: a través desta ficha continuaremos traballando en base a representación e a lectura dos reloxos. Antes de facer a tarefa, deberíades revisar o vídeo que colguei onte: https://www.youtube.com/watch?v=H-KrFORKkPE

 

 Xoves:

Ciencias Naturais: Déixovos por aquí este vídeo (https://www.youtube.com/watch?v=tY1wm3UeWhY ) sobre os cambios físicos e os cambios químicos que sofre a materia. É recomendable tamén que fagades unha lectura destas páxinas do libro.

 

A tarefa que teredes que realizar é a seguinte ficha.

 

Lingua Galega: a través desta ficha repasaremos algúns dos conceptos abordados durante a semana pasada: os diminutivos, os pronomes, os poemas, as rimas…

 

Venres:

 Lingua Castelá: continuamos traballando sobre os verbos. Antes de realizar as actividades, sería recomendable que observásades o seguinte vídeo. https://www.youtube.com/watch?v=OrfqL0GNedk

 As tarefas que debedes facer son os exercicios 7, 8, 10 e 12 das seguintes páxinas.

 

Matemáticas: déixovos por aquí estas dúas fichas para repasar o que estivemos vendo estas semanas sobre os cartos e os reloxos.

 

Lingua Galega: do mesmo xeito que en castelán, a través desta ficha, repasaremos brevemente os verbos.

 

Educación Artística: neste documento xa vos explico con maior profundide o que debedes facer.

 

 

 

Aviso importante!

Bo día familias, 

Agardo que continuedes ben. Aquí vai a información: 

Tal e como se especifica na páxina principal da web, as familias de 3º poderedes vir recoller o material dos vosos fillos/as o xoves, 28 de maio, entre as 10:00 e 12:00 horas. 

 

No referente aos libros de texto: informarásevos no mes de xuño sobre as datas nas que poderedes devolvelos. 

 

Un saúdo, 

Alejandra. 

Tarefas semanais 25- 29 de maio.

Bo día familias, agardo que continuedes ben. 

 Déixovos por aquí algúns dos traballos que me estivestes enviando durante estos días.

Por aquí tedes dúas presentacións que realizou o voso compañeiro Diego sobre as tarefas de Ciencias Naturais e Ciencias Sociais. 

 

 
Por aquí temos tamén a Leo Turnes e Leo Larrea relatando as súas fábulas. Fixérono moi ben, verdade?
 
 
 
 
 
 Por último, déixovos con dúas actividade que realizaron sobre Plástica: 
 
Por aquí temos a de Leo Larrea
 
 
 
E por aquí o traballo de Leo Turnes
 
 

Antes de expoñer o traballo semanal, gustaríame comentarvos o seguinte: 

No apartado de "Novas" desta páxina web, tedes colgada a modificación da programación que se realizou neste terceiro trimestre e o xeito en que se avaliarán as diferentes materias.

Como xa vos comentei con anterioridade, todo o traballo que se desenvolva neste trimestre non poderá ser avaliado de forma negativa, senón que so pode repercutir de xeito positivo na calificación do alumnado, é dicir, que servirá para mellorar a súa calificación. 

Coma sempre, déixovos por aquí organizado o traballo semanal. 

Lembrade facer A SESIÓN DIARIA DE SMARTICK

Agradecería que me enviásedes as tarefas semanais ao correo: 3sanxoseobreiro@gmail.com 


Luns:

Matemáticas: Agora que xa sabemos sumar e restar con decimais, teredes que facer, da páxina 138 do libro de mate o exercicio 9. 

E tamén continuaremos co traballo sobre a lectura dos reloxos, déixovos por aquí este vídeo (https://youtu.be/TWlgD4QV1cs) para que lle botedes un ollo antes de facer a seguinte ficha

 

Ciencias Naturais: ao longo dos últimos días estivemos traballando sobre as propiedades xerais da materia (a masa e o volume), para repasar estos conceptos, déixovos por aquí esta actividade interactiva: https://cplosangeles.educarex.es/web/tercer_curso/naturales_3/materia_3/materia_3.html

 

Lingua Galega: teredes que facer esta ficha para continuar traballando a comprensión lectora. 

 

Martes:

Matemáticas: seguiremos traballando coa lectura do reloxo, déixovos por aquí este vídeo (https://www.youtube.com/watch?v=1cXEepfrSYc) que teredes que ver antes de facer os exercicios 22 e 23 da páxina 136. 

 Tamén teredes que facer a seguinte ficha

 

Lingua Castelá: durante o martes e o mércores traballaremos en lingua castelá cos pronomes persoais. Para iso, teredes que facer os exercicio 13, 14 e 15 desta páxina. Antes de facer os exercicios sería recomendable que lle botásedes un ollo a este vídeo, onde explican que son os pronomes persoais: https://www.youtube.com/watch?v=lev57BxNL2w

 Para saber se os pronomes están en singular ou plural simplemente temos que preguntarnos:

- Fan referencia a unha persoa? Entón están en singular

- Fan referencia a varias persoas? Entón están en plural.

 Ademais, déixovos por aquí esta actividade interactiva: https://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/CUARTO/Lengua/datos/U11/03.htm

 Lembrade escribir maiúscula a principio de oración e poñer os acentos necesarios. De non facelo así, a aplicación contarao coma un erro.

 

Ciencias Sociais: a semana pasada estivemos vendo a organización do territorio en Galicia, que se dividía en diferentes provincias (A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra) e en moitos concellos.

Esta semana centrarémonos no noso propio concello: Arteixo.

Neste documento xa vos explico con maior profundidade o que debedes facer. 

Mércores:

Matemáticas: continuamos avanzando na lectura dos reloxos, déixovos por aquí este vídeo: https://youtu.be/7TT6NK04JYo que debedes ver antes de facer a seguinte ficha

 Lingua Castelá: como vos comentei anteriormente, seguiremos traballando cos pronomes persoais, para iso, teredes que rematar os exercicios presentes nesta ficha (e igual que a do martes): exercicios, 16, 17 e 18.

 Ciencias Sociais: Un dos últimos días que estivemos na aula explicamos os servizos que ofrecía o concello, lembrades?

 Para facer as tarefas de hoxe,

 1º: teredes que facer una lectura desta páxina do libro de Sociais. 

2º: teredes que observar este vídeo sobre os servizos do concello: https://www.youtube.com/watch?v=nlhS2aJNfqY

3º: teredes que observar o esquema que explicamos na clase e facer o exercicio que se indica nesta ficha

 

 Xoves: 

 Valores Sociais e Cívicos: desta vez faremos esta pequena ficha sobre a autoestima e as cualidades persoais. 

Lingua galega: desta vez, traballaremos un pouco cos poemas. Lembrades que na clase estábamos a preparar un poema sobre o noso curso?

 Agora, teredes que escoitar e fixarvos moi ben na lectura deste poema:

http://pdi.vicensvives.com/pdi/lingua3/program/index.html#/ap?l=450&t=69919&a=69920

 Para escoitalo, teredes que clickar sobre o altofalante.

 Despois, teredes que facer as actividades online que vos aparecen a dereita, concretamente o exercicio 2, 4 e 5.

Déixovos por aquí este vídeo por se tedes algunha dúbida sobre como acceder ás actividades: https://youtu.be/sxqR38v2ztc

 Ademais diso, teredes que facer os exercicios presentes nesta páxina

 

Ciencias Naturais: teredes que facer unha lectura da páxina 72 do libro de Ciencias Naturais, sobre os cambios de estado. Recordades o experimento que fixemos na clase coa auga e a cociña eléctrica? Dese xeito, puidemos ver en directo como se transformaba a auga.

 Recordades como se chamaban os cambios de estado? Por se non lembrades, déixovos por aquí este vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=x2nKoFYolj8

 Se precisades aclarar conceptos, podedes facer tamén esta actividade interactiva: https://cplosangeles.educarex.es/web/tercer_curso/naturales_3/cambios_estado_3/cambios_estado_3.html

 

Como tarefa, teredes que facer o exercicio 1 da páxina 73, indicando o nome do cambio que se produce (fusión, vaporización, condensación ou solidificación) e tamén este pequeno experimento.

Venres:

 Matemáticas: teredes que facer, da páxina 136, os exercicios 25, 26 e 28  e da páxina 139 o exercicio 12. 

 Lingua galega: teredes que facer esta ficha de comprensión lectora onde tamén repasaremos algúns conceptos que vimos ao longo da semana (pronomes persoais, poemas…). 

 Déixovos por aquí este video sobre os poemas, os versos e as estrofas para que lle botedes un ollo antes de facer os exercicios: https://www.youtube.com/watch?v=CCqBCL8s3ig

 Ademais, queda tamén por aquí o conto “A cebra camila” para que o leades. Mentras ledes, fixádevos ben: recoñecedes no conto algunhas palabras que rimen? 

Lingua Castelá: seguiremos traballando en base á comprensión lectora. 

Educación Artística: para esta semana imos traballar algo de fotografía! O que quere dicir que imos fotografiar a primaera: flores, prantas, cores alegres... Xa que agora podemos ir de paseo, e de momento acompáñanos o bo tempo, aproveitaremos para practicar un pouco de fotografía buscando elementos da natureza presentes nesta estación. 

Cando as teñades, se queredes, podedes enviarmas ao correo. 

Vós sodes uns/unhas artistas e seguro que sacades unhas fotazas!

Tarefas semana 18-22 de maio.

Bo día familias, agardo que todas e todos continuedes ben. A continuación, déixovos por aquí o traballo semanal.

Como sempre vos digo: LEMBRADE FACER A SESIÓN DIARIA DE SMARTICK.

Agradecería que me enviásedes as tarefas ao correo electrónico: 3sanxoseobreiro@gmail.com 

Luns:

Matemáticas: como xa vexo que comprendestes perfectamente o concepto de euro e céntimos a través das fichas que fixestes fai unhas semanas, imos traballar agora coa suma de números decimais. Teredes que ver este vídeos antes de facer os exercicios: https://youtu.be/BRo8hVikqgo

Para aprender como sumar os cartos. Faremos, da páxina 132, os exercicios 6, 7, 8 e 9.

Lembrade colocar moi ben as cifras na libreta para non equivocarvos.

 

Ciencias Naturais: repasaremos un dos últimos conceptos que explicamos na clase, a masa e o volume. Neste documento, xa vos explico con maior profundidade o que debedes facer.

 

Lingua Galega: desta vez, teremos que facer unha tarefa ben sinxela. Teredes que ler a seguinte fábula e contestar as preguntas que se indican (exercicio 1, 2 e 3).

Seguro que vós coñecedes moitas outras fábulas interesantes. Quero que me contedes cal é a vosa fábula favorita e que fagades un pequeno resumo da mesma. E dicir, tédesme que contar de que trata a vosa fábula preferida. Xa sabemos que resumir é contar o MÁIS IMPORTANTE.

Para facelo, tedes dúas opcións:

1. Podedes empregar unha folla da vosa libreta ou…

2. Se preferides, podedes tamén gravarvos nun vídeo falando sobre a fábula e enviarmo ao correo.

Para facer o resumo, será mellor que primeiro anotedes cales son as ideas principais da fábula, para despois poder unilas e crear o resumo.

Recordade que estamos en galego, polo tanto, esta tarefa deberá estar escrita en galego.

 

Martes:

Matemáticas: traballaremos en base a resta de números decimais. Na resta cos numeros decimais, teremos que facer exactamente o mesmo que faciamos coa suma, pero restando.

 

Acordádevos o que sempre diciamos cando estabamos na clase: “se imos comprar algo, devólvennos máis ou menos cartos? Menos, por eso sempre teremos que facer unha resta”.

Recordade tamén que o que vai despois da coma son céntimos. Se temos 10 euros xustos, non teremos céntimos. E dicir, teremos 00 céntimos. Lembrade poñer os ceros para restar e sumar máis fácilmente.

Teredes que facer, da páxina 133, os exercicios 10, 11, 12, 13

 

Lingua Castelá: esta semana, traballaremos en base aos diminutos e aumentativos. Para eso, primeiro teredes que ver este vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=5if17e1aqfc

 

Seguidamente, deberedes facer as actividades do libro. Concretamente, da páxina 126, os exercicios 1, 2, 3, 4 e 5.

Déixovos tamén este enlace para que fagades a actividade online: 

https://librodigital.edistribucion.es/scorm_player/index.php?licencia=CGFU-HP3J-Z8ZZ-KTFY&urllibro=L2JpYmxpb3RlY2EtYW5heWEvbGlicm8vMTE4NDYyOC9hNGFlNjc0MjhlYzY5MGFlZTkwYjVjZTVhNmI2M2U0NDNkYzJhNzFjODFjOWVlZDdkNTE5OGQ5Y2QzODFjNzUwLTE5NzY3LTIwMjAwNTIwMTE1NjQ0L2luZGV4Lmh0bWw= 

Primeiro, teredes que clickar na unidade “9. Fábulas en verso”. Despois, teredes que clickar no apartado diminutivos e facer esa tarefa.

 

Ciencias Sociais: traballaremos en base aos concellos, un dos últimos aspectos tratados na aula. Neste documento xa vos explico máis en detalle o que debedes facer.

 

Mércores:

Matemáticas: continuamos avanzando coa multiplicación de decimais. Déixovos por aquí este vídeo para que lle botedes un ollo antes de facer os exercicios: https://youtu.be/Pe-SFc2-0Wc

Teredes que facer da páxina 134 os exercicios 15, 16, 17 e 18.

 

Lingua Castelá: desta vez, traballaremos cos aumentativos, para eso, teredes que facer os exercicios 6,7,8,9, e 10 da páxina 127 do libro de texto.

Do mesmo xeito que onte, déixovos por aquí este enlace para facer a actividade interactiva sobre os sufixos aumentativos.

https://librodigital.edistribucion.es/scorm_player/index.php?licencia=CGFU-HP3J-Z8ZZ-KTFY&urllibro=L2JpYmxpb3RlY2EtYW5heWEvbGlicm8vMTE4NDYyOC9hNGFlNjc0MjhlYzY5MGFlZTkwYjVjZTVhNmI2M2U0NDNkYzJhNzFjODFjOWVlZDdkNTE5OGQ5Y2QzODFjNzUwLTE5NzY3LTIwMjAwNTIwMTE1NjQ0L2luZGV4Lmh0bWw=

Primeiro, teredes que clickar na unidade “10. Un ciempiés en la zapatería”. Despois, teredes que clickar no apartado aumentativos e facer esa tarefa.

 

Xoves:

Valores Sociais e Cívicos: relacionando co traballo do pasado xoves, desta vez traballaremos buscando solucións ao noso enfado, é dicir, teremos que pensar diferentes cousas que podemos facer ou cousas nas que podemos pensar cando nos enfadamos co obxectivo de sentirnos mellor. 

Para eso, crearemos a roda da disciplina positiva. Antes de facela, teremos que pensar nesas cousas que nos fan sentir ben, por exemplo: escoitar música, ir a un lugar que nos relaxe, dar un paseo, falar con algún familiar/amigo… Déixovos por aquí unha roda a modo de exemplo, para que vexades como debería quedar.

O mellor será que primeiro pensedes e anotedes as cousas que queredes poñer nun folio a modo de borrador, para depois incluílas na roda.

Recordade que nela, debedes incluir as cousas que podedes facer/pensar para sentirvos mellor cando o voso volcán está a piques de explotar.

Déixovos por aquí a plantilla para facer a vosa roda. 

 

Lingua galega: desta vez, en lingua galega, teremos que facer os exercicios que se aparecen nesta páxina.

 Con referencia ao exercicio presente no cadriño “Obradoiro de expresión”, non tedes por qué escoller un dos obxectos que aparecen aí, podedes escoller outro obxecto que vos guste ou mesmo inventar un.

 Fixádevos no cadriño da dereita, onde nos explican o que é un slogan.

Déixovos por aquí algúns exemplos de slogans coñecidos para que vos inspiren. Lembrade que poden rimar ou non, depende da vosa decisión.

 

Ciencias Naturais: neste documento xa vos explico máis en profundidade o que debedes facer.

Déixovos por aquí un pequeno esquema sobre as substancias puras e as mesturas. 

 

Venres:

Matemáticas: a pesar de que continuaremos traballando en base aos números decimais, hoxe gustariame introducir a lectura do reloxo. Gustariame tamén que me indicásedes no correo se estas actividades vos resultaron fáciles ou complexas.

 Antes de realizar a actividade, sería recomendable botarlle un ollo a este vídeo sobre os reloxos: https://www.youtube.com/watch?v=x0azH56EjKQ

 Por aquí vos deixo a ficha de hoxe, na cal teredes que poñer a hora (empregando as agullas) que se indica en cada caso. 

 Ademais, déixovos por aquí esta actividade online para repasar a lectura do reloxo: http://concurso.cnice.mec.es/cnice2005/115_el_reloj/

 Para acceder, teredes que clickar no enlace, despois clickar no apartado “lectura del reloj” e despois en “en punto, la media y los cuartos”.

 Lingua Castelá: levades estas dúas fichas para repasar os sufixos diminutivos e aumentativos.

 

Lingua Galega: para seguir traballando sobre a comprensión lectora, levades unhas fichas sobre a chegada da primaveira e as alerxias propias da época.

 

Educación Artística: aproveitando que esta semana en Sociais estivemos falando sobre os concellos e as provincias, a través da área de Educación Artística faremos unha actividade que nos permita coñecer mellor o lugar que ocupamos no mundo, para darnos conta de que: formamos parte do planeta Terra, vivimos no continente europeo, concretamente nun país que se chama España, na comunidade autónoma de Galicia, na provincia da Coruña e na vila de Meicende. (Este último dato pode variar, dependendo do lugar onde viva cada un/unha).

O primeiro que teredes que facer é crear círculos de diferentes tamaños e cores, que deben estar ordeados de maior a menor. Para crear os círculos podedes empregar, se tedes, un compás. En caso de que non teñades, podedes buscar pola casa obxectos que teñan a súa base en forma de círculo e empregalos como modelo.

Despois, tendo ordeados os círculos de maior a menor, teredes que debuxar en cada círculo o que se indica. Tamén podedes bucar imaxes na rede, descargalas e pegalas nos círculos correspondentes:

 

Círculo 1 (o máis grande): o planeta Terra.

Círculo 2: Europa

Círculo 3: España

Círculo 4: Galicia

Círculo 5: A Coruña

Círculo 6: Meicende

 

Unha vez que os teñades todos xuntos e organizados correctamente, teredes que facer un burato na parte superior, para poder xuntar todos os círculos cun fío ou cun anel.

 

Déixovos por aquí un exemplo de como vos debería quedar. 

 

Se recordades, esta actividade é algo similar ao que fixemos na clase sobre as capas da atmósfera (pegado na vosa libreta de Sociais) ou sobre as capas internas da Terra: a codia, o manto e o núcleo (a figuriña que temos na clase coa plastilina).

 

Tarefas para o alumnado con adaptación curricular: 

 

Agradecería que me enviásedes estas tarefas ao correo electrónico: 3sanxoseobreiro@gmail.com

 

Luns:

Matemáticas: ao longo desta semana, seguiremos traballando en base as multiplicacións. Para esta semana, teredes que aprender a táboa do 1 e do 2. Combinaremos tamén este traballo con algúns aspectos sinxelos sobre a xeometría.

Déixovos por aquí as fichas para o luns.

Lingua Galega: teremos que ordear correctamente os pasos que seguimos para a elaboración desta receita.

Ciencias Naturais: repasaremos un dos últimos conceptos que explicamos na clase, a masa e o volume. Neste documento, xa vos explico con maior profundidade o que debedes facer.

 

Martes:

Matemáticas: déixovos estas fichas para traballar a simetría en diferentes figuras. Recordade repasar a táboa do un e do dous.

 

Lingua Castelá: continuaremos traballando en base a comprensión lectora, a creación de oracións e ao emparellamento de palabras femininas e masculinas. Déixovos por aquí as fichas

 

Ciencias Sociais: déixovos por aquí estas fichas para repasar algúns conceptos que non estaban de todo claros, en referencia a segunda avaliación da materia.

Mércores:

Matemáticas: continuaremos traballando coa xeometría . Recordade repasar tamén a táboa do 1 e do 2.

 Lingua Castelá: seguimos traballando a comprensión lectora, as inferencias e a elaboración de oracións. As frases podedes escribilas na vosa libreta de lingua castelá ou nun folio, indicando o día e escribindo o enunciado do exercicio. Déixovos por aquí as fichas

 Ciencias Sociais: conectando co traballo elaborado anteriormente, continuaremos repasando os conceptos relacionados coas paisaxes naturais. No primeiro exercicio teredes que clasificar as palabras que se atopan na imaxe no apartado correspondente (relieve, auga, fauna ou flora). Déixovos por aquí as fichas

 

Xoves:

 Lingua Galega: repasaremos a ortografía das palabras con “G” e tamén a sílaba tónica.

Recordade que a sílaba tónica é a que soa máis forte. Para sabelo, o mellor é que antes dividades a palabra en sílabas. Déixovos por aquí as fichas.

 

Ciencias Naturais: neste documento xa vos explico máis en profundidade o que debedes facer.

 

Venres:

Matemáticas: continuaremos traballando coas figuras planas e os corpos xeométricos. Déixovos por aquí as fichas en dous pdf.

Mate venres 1

Mate venres 2.

 

Lingua Castelá: seguiremos traballando en base a comprensión lectora e a identificación de sinónimos. Déixovos por aquí as fichas.

 

Lingua Galega: traballaremos cos diminutivos. Déixovos por aquí as fichas

 

Educación Artística: aproveitando que esta semana en Sociais estivemos falando sobre os concellos e as provincias, a través da área de Educación Artística faremos unha actividade que nos permita coñecer mellor o lugar que ocupamos no mundo, para darnos conta de que: formamos parte do planeta Terra, vivimos no continente europeo, concretamente nun país que se chama España, na comunidade autónoma de Galicia, na provincia da Coruña e na vila de Meicende. (Este último dato pode variar, dependendo do lugar onde viva cada un/unha).

 

O primeiro que teredes que facer é crear círculos de diferentes tamaños e cores, que deben estar ordeados de maior a menor. Para crear os círculos podedes empregar, se tedes, un compás. En caso de que non teñades, podedes buscar pola casa obxectos que teñan a súa base en forma de círculo e empregalos como modelo.

 

Despois, tendo ordeados os círculos de maior a menor, teredes que debuxar en cada círculo o que se indica. Tamén podedes bucar imaxes na rede, descargalas e pegalas nos círculos correspondentes:

 

Círculo 1 (o máis grande): o planeta Terra.

Círculo 2: Europa

Círculo 3: España

Círculo 4: Galicia

Círculo 5: A Coruña

Círculo 6: Meicende

 

Unha vez que os teñades todos xuntos e organizados correctamente, teredes que facer un burato na parte superior, para poder xuntar todos os círculos cun fío ou cun anel.

 

Déixovos por aquí un exemplo sobre como debería quedarvos.

 

Se recordades, esta actividade é algo similar ao que fixemos na clase sobre as capas da atmósfera (pegado na vosa libreta de Sociais) ou sobre as capas internas da Terra: a codia, o manto e o núcleo (a figuriña que temos na clase coa plastilina).

Tarefas semana 11-15 de maio.

Bo día familias, espero que todos e todas continuedes ben.

 

Antes de nada, comunicarvos algunhas novidades: as novas instruccións da Consellería indican que poderemos avanzar materia, mais esta non será avaliable de forma negativa, senón que so repercutirá de forma positiva na calificación do alumnado, é dicir, que servirá para mellorar a súa calificación.

 

Tendo en conta isto, a partir de agora, ademais de continuar repasando o traballado ao longo do primeiro e segundo trimestre, avanzaremos un pouquiño nalgunhas cuestións sinxelas, algunhas das cales xa foron introducidas previamente na aula.

 

Con todo, se tedes algunha dúbida en referencia ás novas instrucción ou ás tarefas, podedes contactar comigo a través do correo: 3sanxoseobreiro@gmail.com

A continuación, déixovos organizado o traballo semanal. Como sempre vos digo, gustaríame que me enviásedes ás tarefas ao correo electrónico.

RECORDADE FACER A SESIÓN DIARIA DE SMARTICK.

TAREFAS:

Luns:

Matemáticas: esta semana, centrarémonos fundamentalmente na representación e interpretación da información en gráficas e na probabilidade. Para hoxe, ademais disto, traballaremos tamén a representación decimal dos cartos. Levades tamén para facer unhas poucas contas para repasar, non son para facer todas o luns, podedes facelas ao longo da semana, cando vós queirades. Déixovos por aquí as fichas

 

 

Lingua galega: a semana pasada houbo un erro pola miña parte. O venres gustaríame que tivesen feitos uns exercicios sobre os determinantes demostrativos, tal e como explicaba na entrada da páxina web. En relación con iso, mandáballes facer as páxinas 16 e 17 do libro dixital, pero resulta que, as páxinas 16 e 17 do libro dixital non se correspondían co que eu vos indicaba sobre os demostrativos.

 

Esquecéuseme comentarvos que, neste caso, hai un cambio para acceder a esas páxinas: unha vez accedades ao libro dixital, tedes que clickar primeiro na parte superior esquerda e despois tedes que clickar no apartado que pon “Caderno 3.3” e buscar a páxina.

 

Polo tanto, para hoxe, faremos estos exercicios que nos quedaron pendentes da semana pasada: páxina 16 e 17 do libro de lingua galega. Recordade que para acceder, tedes que clickar primeiro na parte superior esquerda e despois tedes que clickar no apartado que pon “Caderno 3.3” e buscar as páxinas. Perdoade polas molestias ocasionadas. Déixovos por aquí o enlace: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=2020232337_U32_U1_U101_U2

Por se non podedes acceder, déixovos por aquí as páxinas.

 

Ciencias Naturais: repasaremos as diferencias entre a materia que está en estado sólido, líquido e gasoso. Déixovos, por unha banda, un vídeo para repasar esos conceptos https://www.youtube.com/watch?v=huVPSc9X61E e tamén unha ficha para facer.

 

 

Martes:

Matemáticas: como vos comentei con anterioridade, centrarémonos na estatística e probabilidade. Para iso, teredes que facer da páxina 122 do libro os exercicios 21, 22, 24 e 25. Déixovos por aquí as páxinas escaneadas.    Páxina 123

 

Lingua Castelá: déixovos por aquí una lectura, para que respondades as preguntas e fagades un resumo do texto. Para facer o resumo, será mellor que subliñedes as ideas principais, as MAIS IMPORTANTES. Xa sabedes que resumir é contar o máis importante. Antes de facelo, déixovos por aquí un exemplo dun texto onde están subliñadas as ideas principais e o seu resumo, para que o teñades como modelo.

 

O resumo podedes elaboralo nunha folla de libreta.

 

Ciencias Sociais: na área de Ciencias Sociais repasaremos as principais diferencias entre vilas e cidades. Déixovos por aquí este vídeo para que recordedes: https://www.youtube.com/watch?v=GXokRq8joUE .

 

Ademais, déixovos tamén esta actividade interactiva para que practiquedes: https://cplosangeles.educarex.es/web/edilim/curso_3/cmedio/la_localidad_3/los_pueblos/los_pueblos.html

 

 

Mércores:

 Matemáticas: continuaremos traballando a probabilidade. Teredes que facer da páxina 121, os exercicios 17, 18, 19 e 20. Déixovos por aquí as páxinas do libro escaneadas. 

 

Ciencias Sociais: continuando co exposto onte sobre este tema, realizaremos unha actividade para identificar se un lugar determinado se achega máis ás características dunha vila ou dunha cidade. Neste documento xa vos explico con máis profundidade.

 

Lingua Castelá: como vos comentaba o luns, a semana pasada houbo un erro pola miña parte. O venres gustaríame que tivesen feitos uns exercicios sobre os determinantes posesivos, tal e como explicaba na entrada da páxina web. En relación con iso, mandáballes facer as páxinas 6 e 7 do libro dixital, pero resulta que, as páxinas 6 e 7 do libro dixital non se correspondían co que eu vos indicaba sobre os posesivos.

 Esquecéuseme comentarvos que, neste caso, hai un cambio para acceder a esas páxinas: unha vez accedades ao libro dixital, tedes que clickar primeiro na parte superior esquerda e despois tedes que clickar no apartado que pon “Caderno 3.3” e buscar a páxina, déixovos por aquí o enlace: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202023233_U32_U1_U101_U2

 

Polo tanto, para hoxe, faremos estos exercicios que nos quedaron pendentes da semana pasada sobre os determinantes posesivos: páxina 6 e 7 do libro dixital.

 Recordade os pasos a seguir para acceder e perdoade polas molestias ocasionadas.

Por se non podedes acceder, déixovos por aquí as páxinas

Recordade que os posesivos son palabras que acompañan aos substantivos e indican a quen pertence algo. Por exemplo:

-A miña casa está no concello de Arteixo.

- Non quero saber nada máis do teu amigo.

- Onte lavou a súa camisa no parque.

- Mateo non me quere deixar os seus xoguetes. 

Todas as palabras destacadas son determinantes posesivos. 

 

Teredes tamén que atopar unha definición para todas estas palabras. Para eso, sería convinte que vos fixárades na forma en que aparecen as definicións no dicionario. Primeiro, debedes buscar algunhas definicións no dicionario sobre as palabras que vos queirades, por exemplo: “habitáculo, vivienda, rueda...” Fixádevos ben como está escrita a definición e, seguindo o modelo, escribe unha para estas palabras.

 

Déixovos por aquí o enlace ao dicionario da Real Academia Española, o que usamos na clase: https://dle.rae.es/rueda

 

Xoves:

Lingua galega: levades para facer esta ficha, repasando o vocabulario da cociña e os alimentos, os artigos e as contraccións.

 

Valores: desta vez, en valores, imos traballar as emocións que experimentamos cando nos enfadamos. Para eso, teremos que escoitar e ver este videoconto que vos deixo por aquí: https://www.youtube.com/watch?v=08pCbS8xEa4

 

Unha vez feito iso, teredes que

1º: resumir o conto. Xa sabemos que resumir é contar o MÁIS IMPORTANTE do conto. Para resumilo, podedes empregar un folio ou unha folla das vosas libretas. Se queredes, no canto de facer iso, podedes enviarme un vídeo contandome o resumo do conto.

 

2º: déixovos por aquí un debuxo sobre un volcán. O que teredes que facer é crear o voso propio volcán. E dicir, teremos que escribir en tres apartados:

 

- Que cousas me enfadan? Por exemplo: enfádome cando me castigan, cando discuto con algún amigo/a, cando me berran e non me respectan, cando quero ir a algún sitio e non podo, cando non me deixan facer algunha cousa que quero…

 

- Que fago cando me enfado? Por exemplo: choro, escóndome, conto ata 10 para relaxarme, non falo con ninguén…

 

- Que sinto cando me enfado? Por exemplo: sinto rabia, tristeza, medo, culpa, tensión, incomprensión, odio, ira,

 

O mellor e que escribades as cousas a modo de lista debaixo de cada pregunta, empregando os guións. Teredes que responder, polo menos, con cinco cousas a cada pregunta.

 

Ciencias Naturais: levades para facer unhas fichas sobre os estados da materia e as súas características.

 

Venres:

Matemáticas: continuando co traballo semanal, realizaremos, da páxina 123, o exercicio 26 e da páxina 125 os exercicios 11, 14 e 15. Déixovos por aquí as páxinas escaneadas.

 

Lingua Galega: a través desta ficha, repasaremos o vocabulario dos animais, o uso do “ga, go, gu, gue, gui, güe e güi” e os determinantes numerais, que poden ser cardinais e ordinais.

 

Recordade que os numerais ordinais, como o seu propio nome indica, servíannos para establecer unha orde: primeiro (1º) , segundo (2º), terceiro (3º)… Os cardinais son os números tal e como os coñecemos: un, dous, tres, catro…

 

Lingua Castelá: teredes que contarme como foron os vosos días nun campamento un pouco raro. Fíxadevos e recordade empregar ben os puntos e seguido, os puntos e a parte, as comas e as maiúsculas.

 

Lembrade que empregamos as comas e os puntos para facer unha parada para respirar.

Se é unha parada moi longa usaremos o punto e se é unha parada máis curta, usaremos a coma.

Empregamos os puntos e aparte cando cambiamos de tema.

Poñemos maiúscula sempre despois de punto e tamén nos nomes propios.

Cando rematedes as vosas redaccións, lédeas para repasar se os puntos e as maiúsculas están ben colocados. 

 

Educación Artística: aproveitando que continuamos a repasar as figuras planas e os corpos xeométricos, déixovos por aquí esta proposta para elaborar o voso propio tangram: https://www.youtube.com/watch?v=dhtF7dn2KOk

 

Co tangram, traballaremos a orientación e estructuración espacial, a atención e concentración, a memoria visual, a percepción de figura e fondo… Ademais de todo esto, ao crear o noso propio tangram, estaremos traballando tamén coas unidades de medida (o centímetro) e o vocabulario propio das figuras planas (cadrado, triángulo, vertice, aristas, lados… ) que estivemos repasando dende a área de Matemáticas.

 

Aínda que neste vídeo fala dun material específico, podedes facelo con outro material: elaboralo con cartón (pintando as figuriñas con pintura acrílica), elaboralo con cartulina (pintando as figuriñas con rotus, cores…) e tamén, nunha última opción, nun folio.

Déixovos por aquí varias propostas sobre diferentes figuras para elaborar co tangram .

 

TAREFAS para o alumnado con adaptación curricular:

 

Agradecería que me enviásedes estas tarefas ao correo.

 

Luns:

Matemáticas: a través destas fichas, comezaremos introducindo o tema da multiplicación.

 

Lingua galega: traballaremos o vocabulario dos alimentos, os animais e tamén as palabras antónimas.

 

Ciencias Naturais: epasaremos as diferencias entre a materia que está en estado sólido, líquido e gasoso. Déixovos, por unha banda, un vídeo para repasar esos conceptos https://www.youtube.com/watch?v=huVPSc9X61E e tamén unha ficha para facer.

 

Martes:

Matemáticas: continuaremos introducindo a multiplicación asociada a resolución de problemas. Déixovos por aquí as fichas

Lingua Castelá: traballaremos a correcta separación silábica das palabras, a separación das palabras nas oracións e tamén as palabras sinónimas. 

Ciencias Sociais: na área de Ciencias Sociais repasaremos as principais diferencias entre vilas e cidades. Déixovos por aquí este vídeo para que recordedes: https://www.youtube.com/watch?v=GXokRq8joUE .

 Ademais, déixovos tamén esta actividade interactiva para que practiquedes: https://cplosangeles.educarex.es/web/edilim/curso_3/cmedio/la_localidad_3/los_pueblos/los_pueblos.html

 

 

Miércoles:

Matemáticas: seguiremos traballando en base á multiplicación, déixovos tamén esta ficha sobre as restas para non olvidar o algoritmo.

 

Lingua Castelá: traballaremos en base a ortografía do “h” e tamén, mediante pequenos textos, traballaremos as inferencias.

 

Ciencias Sociais: continuando co exposto onte sobre este tema, realizaremos unha actividade para identificar se un lugar determinado achégase máis as características dunha vila ou dunha cidade. Neste documento xa vos explico con máis profundidade. 

 

Xoves:

Lingua galega: repasaremos o vocabulario dos alimentos, a separación silábica das palabras e traballaremos tamén os antónimos.

Recordade que as palabras antónimas son aquelas que significan o contrario. Por exemplo, o contrario de frío é calor.

 

Ciencias Naturais: conectando co traballo do luns, levades para facer unhas fichas sobre os estados da materia e as súas características.

 

Venres: 

Matemáticas: para non esquecernos da resolución dos problemas e da resta, continuaremos traballando estes aspectos.

Lingua castelá: traballaremos a ortografía do “m” antes de “p e b”. Levades tamén unha ficha para traballar as inferencias visuais.

Lingua galega: faremos exercicios para practicar o uso da coma e correcta separación de palabras ao final de frase.

 

Educación Artística: déixovos por aquí esta proposta para elaborar o voso propio tangram: https://www.youtube.com/watch?v=dhtF7dn2KOk

 

Co tangram, traballaremos a orientación e estructuración espacial, a atención e concentración, a memoria visual, a percepción de figura e fondo… Ademais de todo esto, ao crear o noso propio tangram, estaremos traballando tamén coas unidades de medida (o centímetro) que vimos na aula e o vocabulario propio das figuras planas (cadrado, triángulo, vertice, aristas, lados… ). 

 

 Aínda que neste vídeo fala dun material específico, podedes facelo con outro material: elaboralo con cartón (pintando as figuriñas con pintura acrílica), elaboralo con cartulina (pintando as figuriñas con rotus, cores…) e tamén, nunha última opción, nun folio.

 

 Déixovos por aquí varias propostas sobre diferentes figuras para elaborar co tangram .

 

Tarefas semana 5-8 de maio.

Bo día familias, agardo que todos e todas continuedes ben.

Coma sempre, déixovos por aquí o traballo semanal.

LEMBRADE FACER SMARTICK. 

Agradecería que me enviásedes as tarefas ao correo: 3sanxoseobreiro@gmail.com

Martes:

Matemáticas: a través destas fichas , continuaremos traballando coa

análise e rexistro de datos e iniciaremos o tema das lonxitudes de medidas.

Lingua galega: para practicar a ortografía do h, realizaremos as páxinas 38 e 39 do libro dixital.

Déixovos por aquí o enlace: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=2020232337_U32_U1_U101_U2      e tamén esta ficha  para avanzar na comprensión lectora.

Ciencias Sociais: con estas dúas fichas repasaremos algúns dos contidos vistos no tema 1 sobre o universo e o sistema solar.

Mércores:

Lingua Castelá: teremos que organizarlle a festa de cumpreanos a nena máis rica do mundo.  Como xa vos indiquei a semana pasada, temos que botarlle un poquiño de imaxinación. Cando nos pregunten: Onde se celebrará a festa? Teremos que contarlle con detalle como será o lugar, se se celebrará na súa casa, nun parque, no planetario… Onde queirades, tendo en conta que é a nena máis rica do mundo.

Debemos facer o mesmo cando estemos respondendo ao resto das cuestións.

Ademais disto, faremos tamén a páxina 35 do libro dixital. Onde teremos que escribir algúns versos

que rimen. Como fixemos na clase cos versos para o poema que iamos publicar na revista.

Lembrades?

Déixovos por aquí o enlace ao libro dixital: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202023233_U32_U1_U101_U2

Matemáticas: continuaremos co repaso dos triángulos e cuadrilateros. Recordades o que era un vertice? Por se non o recordades, déixovos por aquí unha imaxe dun lado e dun vertice do cadrado.

Ciencias Sociais: con estas fichas continuaremos repasando o tema 1.

 

Xoves:

Lingua Galega: desta vez, teremos que pensar que lles ocorreu a estas personaxes de conto despois

de tanto tempo sen saber deles. Para escribilo, podedes pensar nestas preguntas:

- Como é o seu aspecto físico?

- Como é a súa personalidade?

- Cales son as suas afeccións?

- A que se dedicarán agora? En que traballarán?

- Onde e con quen vivirán?

- Terán familia?

Ademais, debemos facer esta ficha para recordar alguns conceptos traballados con anterioridade: os antónimos, os artigo e demostrativos e o uso do r.

 

Valores Sociais e Cívicos: este sabado (2 de maio) celebrouse o Día Internacional contra o Acoso Escolar. A

semana pasada xa introducimos este tema e visualizamos un video sobre un ourizo un pouco

particular ao que os seus compañeiros/as de clase lle vacían o vacío, é dicir, non lle facían caso.

 

Esta semana, imos tratar máis en profundidade o tema do acoso escolar. Para iso, teredes que entrar

neste documento  onde xa vos explico con máis profundidade o que debedes facer.

 

Ciencias Naturais: desta vez, investigaremos un pouco máis sobre as plantas e as súas

características. Neste documento  xa vos indico con maior precisión o que debedes facer.

 

Venres:

Matemáticas: continuaremos a traballar cos corpos xeométricos, o eixe de simetría e os cartos.

Lingua Castelá: traballaremos en base ao libro de texto. Teremos que identificar os posesivos.

Recordade que os posesivos son palabras que acompañan aos substantivos e indican a quen pertence

algo. Por exemplo:

- A miña casa está no concello de Arteixo.

- Non quero saber nada máis do teu amigo.

- Onte lavou a súa camisa no parque.

- Mateo non me quere deixar os seus xoguetes.

 

Todas as palabras subliñadas son determinantes posesivos. 

 

Por se non recordades, déixovos por aquí o enlace a este video que explica moi ben a definición de

determinante posesivo: https://www.youtube.com/watch?v=E2S58cj1r6Y

 

Teremos que facer as páxinas 6 e 7 do libro dixital. Déixovos por aquí o enlace ao libro dixital:

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202023233_U32_U1_U101_U2

Lingua galega: continuaremos repasando os determinantes demostrativos. Para iso, faremos as

páxinas 16 e 17 do libro dixital. Déixovos por aquí o enlace:

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=2020232337_U32_U1_U101_U2

Educación Artística:

Aproveitando que durante estas últimas semanas estivemos traballando en base as figuras planas e

aos corpos xeométricos en matemáticas, faremos, a través da área de Educación Artística, un

traballo vivenciado sobre estos conceptos.

Déixovos por aquí varios enlaces a páxinas web onde aparecen diversas propostas para elaborar.

- http://papelisimo.es/2014/08/caja-de-regalo-cupcake/

- http://papelisimo.es/2014/08/caja-casa-papel/

- http://papelisimo.es/2016/01/caja-de-cartulina-corazon-con-plantilla/

- http://papelisimo.es/2016/10/exploding-box-hexagonal-con-plantillas/  (un pouco máis complexa)

 

Se queredes elaborar a última opción e non contades con papel de scrapbooking, podedes decorar o

papel vós mesmos/as, empregando rotuladores, pinturas, ceras, acuarelas, pegatinas, recortes de

revistas ou doutra cartolina… Todo o que se vos ocorra.

 

Para o alumnado con adaptación curricular:

Agradecería que me enviásedes as tarefas ao correo: 3sanxoseobreiro@gmail.com

Martes:

Matemáticas: continuaremos traballando en base ao cálculo mental e as series numéricas, tanto

ascendentes como descendentes. 

Lingua Galega: traballaremos cos determinantes demostrativos, ampliando o vocabulario.

Ciencias Sociais: con estas dúas fichas, repasaremos algúns dos contidos vistos no tema 1 sobre o universo e o sistema solar.

 

Mércores:

Matemáticas: a través destas fichas  repasaremos o concepto de maior que e menor que.

Lingua Castelá: repasaremos as palabras con e sen “h” e tamén a descripción das persoas.

Ciencias Sociais: con estas fichas, continuaremos repasando o tema 1. 

 

Xoves:

Lingua Galega: Repasaremos as palabras sinónimas e os diferentes tipos de oracións

 

Ciencias Naturais: Mediante esta ficha, continuaremos traballando en base as plantas e as súas

características. 

Antes de realizar as actividades, podedes consultar os seguintes vídeo para refrescar conceptos.

As partes dunha planta: https://www.youtube.com/watch?v=wBjaQuyMr18

A fotosíntesis: https://www.youtube.com/watch?v=mtGgo68VM54

 

Venres:

Matemáticas: traballaremos o valor de posición das cifras dun número, a descomposición e a

resolución de problemas

Lingua Galega: repasaremos a separación das palabras en sílabas e clasificaremos diversos xeitos

de comezar e rematar contos.

Lingua Castelá: traballaremos a orde alfabética, a diferencia entre consonante e vocais e a

creación de dúas pequenaa historia.

 

Para crear as historias, podedes pensar nalgunha das opcións que aparecían na tarefa de lingua

galega sobre o inicio e o fin dos contos.

 

Educación artística: Déixovos por aquí varios enlaces a páxinas web onde aparecen diversas

propostas para elaborar.

- http://papelisimo.es/2014/08/caja-de-regalo-cupcake/

- http://papelisimo.es/2014/08/caja-casa-papel/

- http://papelisimo.es/2016/01/caja-de-cartulina-corazon-con-plantilla/

- http://papelisimo.es/2016/10/exploding-box-hexagonal-con-plantillas/ (un pouco máis complexa)

 

Se queredes elaborar a última opción e non contades con papel de scrapbooking, podedes decorar o

papel vós mesmos/as, empregando rotuladores, pinturas, ceras, acuarelas, pegatinas, recortes de

revistas ou doutra cartolina… Todo o que se vos ocorra.

As nosas receitas

Bo día familias, 

Agardo que todos e todas sigades ben.

Aínda que un pouco tarde, déixovos por aquí as receitas e os vídeos que me enviastes: https://prezi.com/r5wuxpxbklqr/?utm_campaign=share&utm_medium=copy 

Podedes coller algunhas ideas para facer durante estes días. Seguro que vos quedan riquísimas!

 

Por outra banda: nesta semana hai un pequeno cambio. O luns 4 non teriamos cole porque é un dos días non lectivos que pediu o centro. Polo tanto, non haberá tarefas para o luns. 

Un saúdo, 

Alejandra 

 

Tarefas semana 27- 30 abril

 

Bo día familias, agardo que todos e todas esteades ben.

Na entrada anterior publiquei algunhas fotos e vídeos que me enviaron os vosos compis, por se queredes botarlle un ollo. 

Déixovos, a continuación, o traballo semanal.

 

Agradecería que me enviásedes as tarefas semanais ao correo electrónico: 3sanxoseobreiro@gmail.com 

 

RECORDADE FACER SMARTICK

 

Luns:

Matemáticas: ao longo desta semana, na área de matemáticas, comezaremos a repasar algúns contidos sobre xeometría, estadística e probabilidade. Non se trata de avanzar materia, senón de recordar e repasar contidos que xa están traballados no curso pasado. Déixovos por aquí as fichas. 

 

Lingua Castelá: traballaremos en base ao libro dixital. Teredes que facer as páxinas 8,9, 12 e 13.

Aquí tedes o enlace para poder acceder: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202023233_U32_U1_U101_U2

Ciencias Naturais: a través desta ficha, repasaremos as diferenzas entre seres vivos e inertes e tamén a función de nutrición nos seres vivos.

 

Martes: 

Matemáticas: continuamos traballando o comentado con anterioridade. A priori, parece moito traballo, pero realmente non o é. Recordade que non tedes por que imprimir todas as fichas. En caso de que as imprimades, podedes agrupar as primeiras páxinas nun so folio, para aforrar papel e tinta, de forma que se poidan agrupar catro páxinas nunha soa, tal e como se amosa aquí.

 

Déixovos por aquí as fichas agrupadas en tres tomos, xa que a páxina non me permite subir todo xunto. 

-  Fichas 1

- Fichas 2

- Fichas 3

 

Lingua Galega: teremos que practicar un pouco de expresión escrita deseñando e describindo a nosa escola perfecta.

 

Ante as diferentes preguntas, teremos que poñerlle un pouco de imaxinación: por exemplo, “Como é o edificio?” Non vale contestar solo é grande ou é pequeño. Teremos que pensar: cantas plantas ten? De que cor é? Hai algo que nos chame a atención? Onde está situado o cole? …

 

Recordade que, para vós, é a escola perfecta. Botádelle imaxinación!

Recordade tamén que estamos en lingua galega, polo tanto, teremos que escribir en galego.

 

Na área de Ciencias Sociais: teremos que realizar uns exercicios do libro de texto para repasar os planetas, os movementos da terra, as estacións e as diferentes fases lunares. Concretamente, da páxina 24, os exercicios 2,3,4,5 e 6.

 

Mércores:

Matemáticas: continuaremos traballando en base aos diferentes tipos de liñas, as caras e os lados das diversas figuras.

 

Lingua Castelá: teremos que facer os exercicios das páxinas 20, 21, 30 e 31. Déixovos por aquí o enlace ao libro dixital: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202023233_U32_U1_U101_U2

 

Ciencias Sociais: do mesmo xeito que a semana pasada, esta semana imos facer un pequeno traballo de investigación sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Neste documento xa vos explico con máis detalle o que tedes que facer.

 

Esta tarefa é para facer durante o mércores e o xoves. Poderedes entregala a finais da semana.

 

Xoves:

Lingua Galega: teremos que continuar esta conversa telefónica entre unha astronauta e a súa nai. Recordade que estamos en galego. Se facemos algunha pregunta ou realizamos algunha exclamación, so debemos incluir un signo ao final: ? ou !

Se vos apetece continuar a conversa, sabedes que podedes facelo noutra folla ou nun folio.

Valores Sociais e Cívicos: déixovos por aquí un conto para ler sobre a resolución de conflictos e o uso dunha linguaxe positiva. Ao final do documento, atoparedes unha guía para conversar cos vosos fillos/as sobre estos aspectos. Ademais, gustaríame que tamén deran resposta, de forma escrita, a algunhas preguntas que se incluen na guía.

 

Neste documento atoparedes o conto, a guía e as preguntas. 

Ciencias Sociais: continuade traballando sobre a tarefa do mércores.

 

 

Para o alumnado con adaptación curricular

 

Luns:

Matemáticas: con estas fichas recordamos os números ordinais, os tipos de liñas e o concepto de interior, exterior e borde.

 

Lingua Castelá: traballaremos en base ás trabadas, ao uso do “m” antes de “p” e “b” e a creación de oracións.

 

Ciencias Naturais: repasaremos as diferenzas entre seres vivos e inertes e tamén a función de nutrición nos seres vivos.

 

Martes:

Matemáticas: traballaremos coas unidades de medida (centímetros e metros), co cálculo mental e coa resolución de problemas.

 

Lingua Galega: repasaremos o uso do “c” e do “z” e o emprego dos signos de interrogación e exclamación.

 

Ciencias Sociais: teremos que realizar uns exercicios do libro de texto para repasar os planetas, os movementos da terra, as estacións e as diferentes fases lunares. Concretamente, da páxina 24, os exercicios 2,3,4,5 e 6.

 

Mércores:

Lingua Castelá: practicaremos sobre o uso do “j” e tamén levamos unha tarefa sobre a comprensión lectora.

 

Matemáticas: continuamos repasando as sumas e as restas con levadas e a secuencia numérica.

 

Ciencias Sociais: levamos dúas fichas para repasar os contidos do tema 1 de Ciencias Sociais: a terra, as galaxias, os planetas, os movementos de rotación e traslación, os días e as noites…

 

Xoves:

Lingua Galega: repasamos os nomes comúns e propios e os diferentes tipos de oracións (enunciativa, exclamativa e interrogativa)

 

Ciencias Sociais: con estas fichas, continuamos traballando o exposto anteriormente sobre o tema 1 da materia.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut