Skip to Content

3º Curso

Fotos dos compis

Bo día a todos e a todas.

Déixovos por aquí unhas fotos que me envía Anxo nestes días de confinamento para animarvos un pouquiño. 

Mirade que debuxo tan bonito fixo!

 

 

 

 

 

 

 

Por aquí temos a Hugo Lobo, que parece que se portou super ben. Mirade que chulos os diplomas que recibiu da Policía Nacional  e do personal do 061! 

 

 

 

 Polo que se ve, tamén ten tempo para traballar un pouquiño e axudar a súa avoa na horta. 

 

Por aquí temos o colaxe que fixo Leo Turnes. quedoulle moi ben, verdade? Mirade que graciosa a personaxe que conseguiu crear. 

 

 Katia envíame máis información da futbolista Marta Vieira, en relación a actividade que fixemos en Lingua Castelá. Sabiades que lle chamaban "a Pelé con faldas"?

Quédavos por aquí por se queredes botarlle un ollo. 

 

O voso compañeiro Leo Larrea animouse a facer un vídeo sobre a tarefa de Ciencias Sociais e Ciencias Naturais desta semana, explicando todos os apartados con moito detalle. Déixovolo para que lle botedes un ollo. 

Se queredes, ademais de pasarme os traballos de forma escrita, tamén me podedes enviar algún vídeo explicativo. 

 

 Grazas a todos/as por enviarme as vosas fotos e vídeos!

 

Recordatorio

Bo día familias

Recordade que os especialistas (música, educación física e inglés) continúan a subir propostas de actividades. Podedes consultalas na caixa da esquerda (ACTIVIDADES) nos respectivos apartados de cada asignatura. 

 

Un saúdo, 

Alejandra. 

 

Tarefas semana 20-24 abril.

Bo día familias. Agardo que todos e todas sigades ben!

A continuación déixovos as tarefas de toda a semana. Fágoo así porque sei que algunhas familias estades a ter problemas para imprimir as fichas. Con todo, xa sabedes que non pasa nada se non as podedes imprimir, podedes copiar directamente nas libretas correspondentes ou nalgunha folla ou folio.

Por favor, recordade tamén facer Smartick diariamente.

Agradecería tamén que fósedes enviando as tarefas desta semana ao correo electrónico: 3sanxoseobreiro@gmail.com 

 

Tarefas luns:

Matemáticas: levades para repasar a resolución de problemas e o cálculo mental.

Lingua Castelá: normalmente aos pequenos/as sempre lles preguntamos o que queren ser de maiores. Desta vez, tedes que falarme sobre tres profesións que nunca vos gustaría exercer e explicarme o porqué.

Recordade empregar correctamente os puntos e as maiúsculas, as comas, separar correctamente as palabras ao final de liña, facer boa letra...

Ciencias Naturais: a tarefa que vos deixo esta semana de Ciencias Naturais e Ciencias Sociais é algo extensa, polo tanto, a recomendación e ir completándoa durante toda a semana. Neste documento xa vos explico máis claramente o que debedes facer.

Para a entrega desta tarefa tedes de prazo até a fin de semana.

 

Tarefas martes:

Matemáticas: continuamos traballando os problemas sobre as fraccións. Recordade identificar moi ben os datos e debuxalos, para que sexa máis sinxelo. Ademais. teredes que continuar facendo as restas que levastes o outro día. Desta vez, faredes dende a resta 8.014 – 982 até 2966 – 428.

Lingua Galega: continuaremos traballaremos en base ao libro de texto. Teredes que facer, os exercicios presentes nas páxinas 18 e 19 para repasar o uso do r.

Para acceder ao libro de texto, tedes que clickar no seguinte enlace: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=2020232337_U32_U1_U101_U2

Ciencias Sociais: continuade traballando sobre a tarefa global da semana.

 

Tarefas mércores:

Matemáticas: desta vez, teredes que facer uns exercicios do libro. Concretamente, da páxina 124 teredes que facer os exercicios 1,2,3 e 4. Levades tamén para repasar unha ficha sobre o cálculo mental

Lingua Castelá: o outro día a vosa compañeira Katia, respondendo a unha actividade de Valores, faloume sobre a futbolista Marta Vieira. Eu non a coñecía así que decidín buscar algo de información sobre ella. Déixovos por aquí esta tarefa de comprensión lectora para que a coñezades un pouquiño máis. Xa me contaredes a ver que vos parece.

Katia, se sabes algún outro dato sobre ella e queres compartilo con todos e todas, podes escribirme ao correo.

Ciencias Sociais: continuade traballando sobre a tarefa global da semana.

 

Tarefas xoves:

Lingua Galega: seguiremos traballando co libro de texto. Da páxina 20 e 21, teremos que facer os exercicios 1, 2, 4, 5 e 6. Faremos tamén os exercicios presentes na páxina 23. Para acceder ao libro de texto, tedes que clickar no seguinte enlace: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=2020232337_U32_U1_U101_U2

Valores Sociais e Cívicos: neste documento explícovos a tarefa a desenvolver.

Ciencias Sociais e Ciencias Naturais: continuade traballando sobre a tarefa global da semana.

 

Tarefas venres:

Matemáticas: seguimos traballando a resolución de problemas e teremos que rematar os exercicios da páxina 124 do libro: exercicio 5, 6 e 7.

Lingua Castelá: recordades cando, na clase, facíamos ás entrevistas a persoaxes que eran famosos e relevantes? Eu recordo que falamos do futbolista Cristiano Ronaldo, de Messi e tamén dalgún cantante.

Desta vez, teremos que entrevistar a un piollo! E tamén temos que contestar por él, imaxinando que nós mesmos somos piollos. Pensade ben o que lle preguntaríades.

Aínda que aí tedes tan só unha folla, se se vos ocorren máis preguntas, podedes continuar a entrevista nun folio ou nunha folla.

Lingua Galega: Faremos as páxinas 24 e 25 do libro de texto. Para acceder ao libro de texto, tedes que clickar no seguinte enlace: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=2020232337_U32_U1_U101_U2

Educación Artística: déixovos por aquí unha proposta para realizar debuxos pixelados. No documento so incluín unhas poucas imaxes pero na web tedes moitos outros debuxos que seguro que vos inspiran e se achegan aos intereses individuais de cada alumno/a. Vai incluida unha plantilla de folla cuadriculada, por se non tedes no fogar. Nesta canle de YouTube tedes algunhas propostas: https://www.youtube.com/channel/UCe_NWgOYCGSMRJ734vJa1lA/videos

 

 

Para o alumnado con adaptación curricular:

A continuación déixovos as tarefas de toda a semana. Fágoo así porque sei que algunhas familias estades a ter problemas para imprimir as fichas. Con todo, xa sabedes que non pasa nada se non as podedes imprimir, podedes copiar directamente nas libretas correspondentes ou nalgunha folla ou folio.

Por favor, recordade tamén facer Smartick diariamente.

 

Agradecería tamén que fósedes enviando as tarefas desta semana ao correo electrónico: 3sanxoseobreiro@gmail.com 

Tarefas luns:

Matemáticas: levades para repasar algunhas contas e tamén uns poblemas. Recordade fixarvos moi ben nos datos

Lingua Castelá: traballaremos en base ao libro de texto da editorial Vicens Vives. Teredes que facer os exercicios presentes nas páxinas 18, 19, 20 e 21. Para acceder ao libro, tedes que clickar no seguinte enlace: http://pdi.vicensvives.com/pdi/lengua2/data/522_fb/index.html#p=31

Por se tedes dificultades para acceder ao libro dixital, aquí tedes as páxinas en pdf. 

Ciencias Naturais: a tarefa que vos deixo esta semana de Ciencias Naturais e Ciencias Sociais é algo extensa, polo tanto, a recomendación e ir completándoa durante toda a semana. Neste documento xa vos explico máis claramente o que debedes facer.

Para a entrega desta tarefa tedes de prazo até a fin de semana.

Tarefas martes:

Matemáticas: levades para facer un exercicio sobre a resolución de problemas. Neste caso, teredes que fixarvos ben nos datos que vos dan e nas operacións que realizan, para averiguar cal pode ser a posible pregunta. Continuamos repasando tamén a resta e a suma.

Lingua Galega: do mesmo xeito que na materia de Lingua Castelá, traballaremos co libro dixital da editorial Vicens Vives. Concretamente, teredes que facer as actividades presentes nas páxinas 8 e 9. Para aceder ao libro, clickade no seguinte enlace: http://pdi.vicensvives.com/pdi/lingua2/data/684_fb/index.html#p=12

Por se tedes dificultades para acceder ao libro dixital, aquí tedes as páxinas en pdf. 

Ciencias Sociais: continuade traballando sobre a actividade xeral semanal.

 

 

Tarefas mércores:

Matemáticas: continuamos traballando o cálculo mental e tamén a resolución de problemas

Lingua Castelá: teredes que facer os exercicios presentes nas páxinas 22, 24 e 25. Para aceder, clickade no seguinte enlace http://pdi.vicensvives.com/pdi/lengua2/data/522_fb/index.html#p=31

Por se tedes dificultades para acceder ao libro dixital, aquí tedes as páxinas en pdf. 

Ciencias Sociais: continuade traballando sobre a actividade xeral semanal.

 

Tarefas xoves:

Lingua galega: teredes que facer os exercicios presentes nas páxians 10 e 11 do libro de texto. Para aceder ao libro, clickade no seguinte enlace: http://pdi.vicensvives.com/pdi/lingua2/data/684_fb/index.html#p=12

Aquí tedes as páxinas en formato pdf. 

Ciencias Naturais: continuade traballando sobre a actividade xeral semanal.

Lingua Castelá: deixovos por aquí unha actividade sobre a comprensión lectora e as inferencias verbais.

 

Tarefas venres:

Matemáticas: levades dúas fichas para traballar o cálculo e axilidade mental.

Lingua Castelá: teredes que facer os exercicios presentes nas páxinas 26, 27 e 28. Para aceder, clickade no seguinte enlace http://pdi.vicensvives.com/pdi/lengua2/data/522_fb/index.html#p=31

Aquí tedes as páxinas en formato pdf.

Lingua Galega: teredes que facer os exercicios presentes nas páxinas 12, 14 e 15 do libro de texto. Para aceder ao libro, clickade no seguinte enlace: http://pdi.vicensvives.com/pdi/lingua2/data/684_fb/index.html#p=12

Aquí tedes as páxinas en formato pdf. 

Educación Artística: déixovos por aquí unha proposta para realizar debuxos pixelados. No documento so incluín unhas poucas imaxes pero na web tedes moitos outros debuxos que seguro que vos inspiran e se achegan aos intereses individuais de cada alumno/a. Vai incluida unha plantilla de folla cuadriculada, por se non tedes no fogar.

Nesta canle de YouTube tedes algunhas propostas: https://www.youtube.com/channel/UCe_NWgOYCGSMRJ734vJa1lA/videos

Corrección tarefas venres 17

Bo día familia, déixovos por aquí as tarefas de Lingua Galega, Lingua Castelá e Matemáticas corrixidas, por favor, botádelle un ollo. 

Gracias a todos/as por enviarme os vosos traballos. 

 

Un saúdo e moito ánimo!

Alejandra. 

Tarefas venres 17 de abril

Bo día familias! Espero que todas e todos sigades ben.

Antes de nada, un aviso importante: por cuestións de problemas no almacenamento das mensaxes, mudamos a conta de correo electrónico. A partir de agora, por favor, calquer dúbida ou tarefa que me enviedes, facédeo a este novo enderezo: 3sanxoseobreiro@gmail.com

Perdoade polas molestias que poida ocasionar e moitas gracias de antemán pola comprensión.

A continuación, déixovos por aquí o traballo para o venres 16.

Na área de Matemáticas: Desta vez, teremos que facer unhas contas de repaso das catro operacións. Recordade facer nas divisións a proba da división para asegurar que vos foi ben a conta.

Agradecería que me enviásedes esta tarefa ao novo correo electrónico.

Na área de Lingua Castelá: continuamos repasando a separación das palabras en sílabas e a súa clasificación en palabras agudas, graves (llanas) ou esdrúxulas.

Agradecería que me enviásedes esta tarefa ao novo correo electrónico.

Na área de Lingua Galega: A editorial Santillana puxo a disposición da comunidade educativa os libros en formato dixital. Neste caso, imos traballar co libro de lingua galega. Para iso, teredes que clickar no seguinte enlace https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=2020232337_U32_U1_U101_U2 para poder realizar as actividades das páxinas 4, 5 e 6. Non é necesario copiar o enunciado de cada exercicio. Simplemente, tredes que facer como facemos na clase: indicar o número de páxina e tamén o número de exercicio.

Ademais, déixovos por aquí estas dúas propostas sobre a creación dun collage para facer na área de Educación Artística:

 

1. https://www.youtube.com/embed/PFrJ2Pk96Bw?wmode=transparent

2. https://www.youtube.com/watch?v=jWjmVYNPFQo

Aínda que no vídeo se amosan diferentes tipos de texturas, poderedes facer a proposta con outros materiais, como por exemplo teas, papel de periódico, papel de revista, cartón, bolsas de plástico… Cousas sinxelas que atopedes na casa. Incluso tamén podedes empregar diferentes alimentos. Por exemplo: se facedes un retrato e queredes representar o pelo liso, podedes utilizar uns poucos espaguetes e pegalos con cola.

Por outra banda, non tedes porque copiar o collage dun retrato ou dunha obra artística, podedes facelo partindo dunha foto vosa ou da vosa familia ou incluso crear unha nova obra, como se amosa no segundo vídeo.

Xa sabedes que, se vos apetece, podedes enviarme as vosas creacións!

Para que non vos aburrades demasiado durante a fin de semana, quedavos tamén por aquí un xogo sobre a búsqueda dun tesouro. Se vos animades a facelo, xa me contaredes a vosa experiencia!

Para o alumnado con adaptación curricular:

 

Matemáticas: déixovos por aquí estas fichas para continuar repasando a suma e a resta, as series numéricas e o cálculo mental.

Lingua Castelá: seguiremos traballando no libro de texto, faremos as páxina 18 e 19. Para acceder ao libro de texto, clickade sobre o seguinte enlace: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202022223_U32_U1_U101_U2

Lingua Galega: comezaremos a traballar no libro de texto e faremos as páxinas 10 e 11. Para acceder ao libro de texto, clickade sobre o seguinte enlace: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=2020222237_U32_U1_U101_U2

Agradecería que me enviásedes estas tarefas ao seguinte correo electrónico: 3sanxoseobreiro@gmail.com

Ademais, déixovos por aquí estas dúas propostas sobre a creación dun collage para facer na área de Educación Artística:

 

1. https://www.youtube.com/embed/PFrJ2Pk96Bw?wmode=transparent

2. https://www.youtube.com/watch?v=jWjmVYNPFQo

Aínda que no vídeo se amosan diferentes tipos de texturas, poderedes facer a proposta con outros materiais, como por exemplo teas, papel de periódico, papel de revista, cartón, bolsas de plástico… Cousas sinxelas que atopedes na casa. Incluso tamén podedes empregar diferentes alimentos. Por exemplo: se facedes un retrato e queredes representar o pelo liso, podedes utilizar uns poucos espaguetes e pegalos con cola.

Por outra banda, non tedes porque copiar o collage dun retrato ou dunha obra artística, podedes facelo partindo dunha foto vosa ou da vosa familia ou incluso crear unha nova obra, como se amosa no segundo vídeo.

Xa sabedes que, se vos apetece, podedes enviarme as vosas creacións!

Para que non vos aburrades demasiado durante a fin de semana, quedavos tamén por aquí un xogo sobre a búsqueda dun tesouro. Se vos animades a facelo, xa me contaredes a vosa experiencia!

Tarefas xoves 16

Bo día familias, agardo que todos/as sigades ben. Déixovos por aquí as tarefas do xoves:

Lingua Galega: traballaremos á comprensión lectora e a diferencia entre os substantivos comúns e os substantivos propios.

Agradecería que me enviárades ao correo estas tarefas de lingua galega. 

Ciencias Naturais: desta vez, traballaremos de xeito similiar ao que fixemos na área de Ciencias Sociais, a través do libro dixital.Indícovos de novo o procedemento para acceder a él:

 Para acceder a eles teredes que entrar na seguinte paxina web https://edelvivesdigital.com/ e introducir os seguintes datos:

 Usuario: primaria3-4@sanxoseobreiro.es

 Contrasinal: edelvives

Unha vez accedades, clickades no libro do voso curso, 3º de primaria. Neste caso, no libro de Ciencias Naturais.

Apareceravos unha pantalla con varios cadros (actividades, cualificacións, multimedia, etc). Para ver o libro simplemente clickades no cadrado que pon “3. Ciencias Naturais"). Os exercicios que teredes que realizar son, da páxina 46, os exercicios 1,2 e 3. 

Déixovos as páxinas do libro escaneadas por se tiverades algún inconvinte.

Por outra banda, se clickades neste enlace, poderedes acceder a un xogo de “maxia” que adiviña os animais nos que estades pensando. E similar a un xogo que faciamos na clase, recordades?

https://www.educaixa.com/microsites/Flash/La_magia_de_la_ciencia_es/index.html

Ademais disto, déixovos por aquí este outro enlace que vos permite acceder a unha visita virtual ao Muso da Fauna Salvaxe, no cal poderedes visitar as súas diferentes salas: http://www.museodelafaunasalvaje.com/

Valores Sociais e Cívicos: desta vez, na área de Valores Sociais e Cívicos, imos traballar en base a figura de mulleres relevantes na historia galega: Concepción Arenal, María Victoria Moreno, Maruja Mallo e Ángela Ruíz.

Nos propios nomes aparecen os documentos adxuntos para realizar as tarefas. Vós teredes que facer a de Concepción Arenal. Na tarefa da páxina 3, poderedes, con axuda, buscar a información en Internet. Déixovos todas as demais por se queredes coñecer un pouquiño máis sobre elas e vos apetece facer as actividades.

A través do correo, podedes contarme cal vos pareceu máis interesante, os datos que máis vos sorprenderon, a vosa opinión ao respecto, se coñeces a algunha outra muller relevante…

Para o alumnado con adaptación curricular:

Na área de Lingua Galega: teredes que realizar unha lectura para practicar a comprensión lectora e traballar en base ao singular e o plural dos substantivos. 

Agradecería que me enviárades ao correo estas tarefas de lingua galega. 

Ciencias Naturais: desta vez, traballaremos de xeito similiar ao que fixemos na área de Ciencias Sociais, a través do libro dixital.Indícovos de novo o procedemento para acceder a él:

 Para acceder a eles teredes que entrar na seguinte paxina web https://edelvivesdigital.com/ e introducir os seguintes datos:

 Usuario: primaria3-4@sanxoseobreiro.es

 Contrasinal: edelvives

Unha vez accedades, clickades no libro do voso curso, 3º de primaria. Neste caso, no libro de Ciencias Naturais.

Apareceravos unha pantalla con varios cadros (actividades, cualificacións, multimedia, etc). Para ver o libro simplemente clickades no cadrado que pon “3. Ciencias Naturais"). Os exercicios que teredes que realizar son, da páxina 46, os exercicios 1,2 e 3. 

Déixovos as páxinas do libro escaneadas por se tiverades algún inconvinte.

Por outra banda, se clickades neste enlace, poderedes acceder a un xogo de “maxia” que adiviña os animais nos que estades pensando. E similar a un xogo que faciamos na clase, recordades?

https://www.educaixa.com/microsites/Flash/La_magia_de_la_ciencia_es/index.html

Ademais disto, déixovos por aquí este outro enlace que vos permite acceder a unha visita virtual ao Muso da Fauna Salvaxe, no cal poderedes visitar as súas diferentes salas: http://www.museodelafaunasalvaje.com/

Tarefas mércores 15

Bo día familias,

déixovos a continuación as tarefas do mércores 15.

Na área de Lingua Castelá: imos aproveitar para repasar a separación de sílabas e as palabras agudas, graves (llanas) e esdrúxulas. No exercicio que especifica que tedes que recortar de periódicos ou revistas palabras graves e esdrúxulas, non tedes por que recortalas e pegalas se non queredes, simplemente podedes escribilas.

Na área de Matemáticas: déixovos unhas fichas para repasar as táboas de multiplicar e tamén a resolución de problemas. Non vos esquezades de Smartick! 

Na área de Ciencias Sociais: continuaremos repasando o tema da representación da Terra mediante mapas e planos. Para eso, faremos da páxina 55 os exercicios 2 e 4 e da páxina 57 o exercicio 3, 4 e 5.

Para facelo, seguimos o mesmo procedemento de onte para acceder a páxina web.

Entrar na seguinte paxina web https://edelvivesdigital.com/ e introducir os seguintes datos:

Usuario: primaria3-4@sanxoseobreiro.es

Contrasinal: edelvives

Unha vez accedades clicades no libro do voso curso, 3º de primaria. Neste caso, no libro de Ciencias Sociais. 

Apareceravos una pantalla con varios cadros (actividades, cualificacións, multimedia, etc). Para ver o libro simplemente clickades no cadrado que pon “3. Ciencias Sociais"). Unha vez aí, no menú que se desplega á esquerda buscades o tema 3 e as páxinas que se indican. 

Por se é máis sinxelo, déixovos por aquí as páxinas. 

Para o alumnado con adaptación curricular:

Na área de Matemáticas: continuamos repasando as restas e a comparación de números. Non vos esquezades de Smartick! 

Na área de Lingua Castelá: mediante este enlace https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202022223_U32_U1_U101_U2 teredes que ler a lectura e dar resposta as actividades das páxinas 10 e 11.

 

Na área de Ciencias Sociais: continuaremos repasando o tema da representación da Terra mediante mapas e planos. Para eso, faremos da páxina 55 os exercicios 2 e 4 e da páxina 57 o exercicio 3, 4 e 5.

 

Para facelo, seguimos o mesmo procedemento de onte para acceder a páxina web.

Entrar na seguinte paxina web https://edelvivesdigital.com/ e introducir os seguintes datos:

Usuario: primaria3-4@sanxoseobreiro.es

Contrasinal: edelvives

Unha vez accedades clicades no libro do voso curso, 3º de primaria. Neste caso, no libro de Ciencias Sociais. 

Apareceravos una pantalla con varios cadros (actividades, cualificacións, multimedia, etc). Para ver o libro simplemente clickades no cadrado que pon “3. Ciencias Sociais"). Unha vez aí, no menú que se desplega á esquerda buscades o tema 3 e as páxinas que se indican. 

 

 

Por se é máis sinxelo, déixovos por aquí as páxinas. 

 

Tarefas martes 14

Bo día familias! Agardo que todo continue ben durante estos días de corentena.

Ante as intruccións recibidas por parte da Consellería de Educación, durante os vindeiros días continuaremos a repasar os contidos traballados até agora. Quedamos pendentes de recibir nova información que vos será comunicada á maior brevidade posible.

 Déixovos por aquí as tarefas do martes.

 Na área de Matemáticas continuamos practicando a resta e a resolución de problemas. Neste caso, non teredes que facer todas as restas. Para hoxe debedes facer as oito primeiras. Comezando por 7205 – 543 e rematando por 1747-869.

 Na área de Lingua Galega, seguiremos a traballar a comprensión lectora a través da seguinte lectura.

 Na área de Ciencias Sociais: agora mesmo, temos dispoñibles os libros de Ciencias Sociais e Ciencias Naturais en formato dixital.

 Para acceder a eles teredes que entrar na seguinte paxina web https://edelvivesdigital.com/ e introducir os seguintes datos:

 Usuario: primaria3-4@sanxoseobreiro.es

 Contrasinal: edelvives

Unha vez accedades, clickades no libro do voso curso, 3º de primaria. Neste caso, no libro de Ciencias Sociais.

Apareceravos unha pantalla con varios cadros (actividades, cualificacións, multimedia, etc). Para ver o libro simplemente clickades no cadrado que pon “3. Ciencias Sociais"). Unha vez aí, no menú que se desplega á esquerda buscades o tema 3, concretamente a páxina 56 e teredes que facer os exercicios 1, 2 e 3 na libreta de Ciencias Sociais. 

 Por se é máis sinxelo, déixovos por aquí o a propia páxina.

 Por outra banda, se clickades neste enlace https://es.gizmodo.com/paisajes-del-mundo-real-que-parecen-de-ciencia-ficcio-1377344925 poderedes ler e informarvos un pouco sobre diferentes paisaxes reais que parecen de ciencia ficción.

Podedes botarlle un ollo e, se vos apetece, contarme algo sobre elas. Cal foi a que máis vos gustou, a que máis vos sorprendeu, se coñecedes algunha outra paisaxe sorprendente que non esté incluída, se coñecedes algún dato interesante sobre algunha delas…

Para o alumnado con adaptación curricular:

na área de Matemáticas: continuamos repasando a descomposición de números, a aproximación ás decenas e a resolución de problemas

na área de Lingua Galega: teredes que facer estas fichas sobre a comprensión lectora e a expresión escrita. 

Na área de Ciencias Sociais: agora mesmo, temos dispoñibles os libros de Ciencias Sociais e Ciencias Naturais en formato dixital.

Para acceder a eles teredes que entrar na seguinte paxina web https://edelvivesdigital.com/ e introducir os seguintes datos:

Usuario: primaria3-4@sanxoseobreiro.es

Contrasinal: edelvives

Unha vez accedades, clickades no libro do voso curso, 3º de primaria. Neste caso, no libro de Ciencias Sociais.

Apareceravos unha pantalla con varios cadros (actividades, cualificacións, multimedia, etc). Para ver o libro simplemente clickades no cadrado que pon “3. Ciencias Sociais"). Unha vez aí, no menú que se desplega á esquerda buscades o tema 3, concretamente a páxina 56 e teredes que facer os exercicios 1, 2 e 3 na libreta de Ciencias Sociais. 

 Por se é máis sinxelo, déixovos por aquí o a propia páxina.

Por outra banda, se clickades neste enlace https://es.gizmodo.com/paisajes-del-mundo-real-que-parecen-de-ciencia-ficcio-1377344925 poderedes ler e informarvos un pouco sobre diferentes paisaxes reais que parecen de ciencia ficción.

Podedes botarlle un ollo e, se vos apetece, contarme algo sobre elas. Cal foi a que máis vos gustou, a que máis vos sorprendeu, se coñecedes algunha outra paisaxe sorprendente que non esté incluída, se coñecedes algún dato interesante sobre algunha delas…

 

 

 

Vídeos, contos e apunte sobre as tarefas.

Bo día familias!

Espero que todo e todas estedes ben. 

Antes de nada, déixovos por aquí uns vídeos de dous compañeiros:

- O día a día de Noemí no confinamento: https://www.youtube.com/watch?v=-G6HgywAKHU

 

- A receita que preparou Leo Larrea: https://www.youtube.com/watch?v=_GeNot3y_PU&t=14s

 Xa vedes cantas cousas fai Noemí nestes días, non lle da tempo a aburrirse... E mirade que ben explicou Leo Larrea a elaboración da receita, verdade? Ademais, ten moi boa pinta!

 

Atopei na rede esta páxina onde están presentes varios contos para diferentes idades coa posibilidade de descargalos gratuitamente para entretervos un pouquiño máis durante estes días: https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/10-propostas-galego-balde-ler-encerro/20200326141708093912.html?fbclid=IwAR1IQSOZqdxZkc4lJCCrgM8iibIju8Zs1nVOSs9kiz9-HrHEqxyLap4EHwM 

 

Por outra banda, estiven vendo que nas redaccións das receitas e dos autorretratos aínda temos algúns problemas para saber cando debemos poñer “coma” e cando debemos poñer “punto”. Déixovos por aquí un vídeo de resumo que creo que pode axudar a asentar estos conceptos. Por favor, botádelle un ollo.

https://www.youtube.com/watch?v=deD9XWi5JaE

Ademais, un truquiño:

Xa sabemos que cando poñemos coma e punto é para facer paradas e poder respirar ao ler.

- Se facemos unha parada pequeniña (1 segundo): empregamos coma.

- Se facemos unha parada máis longa (2 segundos): empregamos punto.

Ao ler, temos que identificar canto tempo debemos parar.

 

Quédanvos por aquí algúns exercicios interactivos para repasar estos conceptos:

- Uso da coma: http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/TERCERO/datos/02_Lengua/datos/rdi/U05/03.htm

 

- Uso do punto e da coma: http://www.aplicaciones.info/ortogra/ofrase19.htm

 

Un saúdo e moito ánimo!

Tarefas venres 3

Bo día familias, déixovos a continuación as tarefas do venres:

na área de Matemáticas: Imos repasar ás multiplicacións e as divisións relacionadas co tempo (os meses, os anos, os trimestres…), Para eso, teredes que realizar da páxina 140 os exercicios 1 e 2. O exercicio 1 é similiar ao que algnhas veces vos aparece en Smartick, recordades?

No exercicio dous para poder dar resposta ás diferentes preguntas o mellor é que anotes os datos e intentedes representar os datos mediante debuxos.

Pistas por se non nos lembramos dalgún dato:

1 día = 24 horas.

1 ano = 365 días.

1 trimestre = 3 meses.

Na área de Lingua Castelá: levades para facer distintas fichas para repasar:

- As familias de palabras, recordades? Un exemplo: barco, embarcación, embarcar, barquiño, barca…

- Os sinónimos: palabras que aínda que se escriben diferente significan o mesmo.

- Os nomes propios.

- O uso do “c” e do “qu”. Se vos acordades, podedes escribir a frase que empregamos para acodarnos desta norma: “Cacei unha culebra…

- A maiúscula.

Lingua Galega: continuamos traballando a comprensión lectora a través da lectura dunha descrición dun animal.

Lembrade: para o exercicio cinco, a sílaba tónica era a que soaba máis forte.

Por exemplo, na palabra “bolboreta” a sílaba tónica sería RE.

Na palabra árbore, a sílaba tónica sería ÁR.

Para averiguar cal é a sílaba tónica de cada palabra, separade as palabras en sílabas e fixádevos ben cal pronunciades con máis forza.

 

Educación Artística: Neste caso, déixovos unha páxina con diversas ideas para elaborar con cartón de ovos e cores, que creo que é un material ao que podedes ter acceso facilmente. No caso das cores, se tedes pintura acrílica, empregádea. En caso de que non, podedes probar con rotuladores. https://www.umamanualidades.com/carton/carton-de-huevo/

 

Nesta outra páxina tedes algunhas propostas sobre papiroflexia. Neste caso so precisaredes papel e cores: https://www.elblogdetubebe.com/como-hacer-papiroflexia-para-ninos-paso-a-paso-muy-facil/

 

Elaborade a que máis vos apeteza! Se queredes, podedes enviarme algunhas fotos coas vosas creacións.

 

Para o alumnado con adaptación curricular:

Matemáticas: levades unha ficha para continuar repasando as restas con levadas

Lingua Castelá: teredes que realizar unha ficha para repasar os sinónimos e os antónimos.

 

Educación Artística: Neste caso, déixovos unha páxina con diversas ideas para elaborar con cartón de ovos e cores, que creo que é un material ao que podedes ter acceso facilmente. No caso das cores, se tedes pintura acrílica, empregádea. En caso de que non, podedes probar con rotuladores. https://www.umamanualidades.com/carton/carton-de-huevo/

Nesta outra páxina tedes algunhas propostas sobre papiroflexia. Neste caso so precisaredes papel e cores: https://www.elblogdetubebe.com/como-hacer-papiroflexia-para-ninos-paso-a-paso-muy-facil/

 

Elaborade a que máis vos apeteza! Se queredes, podedes enviarme algunhas fotos coas vosas creacións.

Distribuir contido


by Dr. Radut