Skip to Content

Educación Infantil

REUNIÓNS EN EDUCACIÓN INFANTIL

Estimadas familias,

Comunicamos o calendario de reunións iniciais para Educación Infantil:

- 5º e 6º de EI (4 e 5 anos): mércores, 6 de setembro, ás 12,00 horas.

- 4º de EI (3 anos): xoves, 7 de setembro ás 12,00 horas.

Recibide un cordial saúdo das titoras.

MANDADIÑOS DO MECO (ENTROIDO 2023)

Aquí vos deixamos os mandadiños do Meco para a próxima semana (do 13 ao 17 de febreiro):

- O LUNS comezamos a semana un pouco aloucados e traemos os zapatos desparellados.

- Se o MARTES ves a escola trae algo na cachola...

- O MÉRCORES xa é mandadiño número tres, así que unha prenda deberás traer do revés.

- O XOVES é o día dos calcetíns chamativos, ensínaos ben para divertirnos.

- O VERNES o disfrace que queiras podes traer e recorda que o noso conto é "Alicia no país das maravillas".

 Feliz entroido!!!

Un saúdo, as mestras de infantil.

Actividades complementarias 5º E.I.

Saúdos familias,

Aquí vos deixamos unha recompilación de images de algunhas actividades complementarias que fixemos últimamente.

Fomos a un contacontos na biblioteca do Centro cívico de Meicende. Aquí escoitamos a historia da "Princesa y la felicidad". Fermosísima.

 

Semana do libro

Boas familias,

Aquí vos deixamos un vídeo no que podedes ver como foi a experiencia de que os nenos  e nenas de 5º nos leeran algúns contos para festexar o día do libro.

Encantounos esta actividade e compartir tempo cos maiores.

 

PLANTAMOS A NOSA SEMENTE (5º E.I. Promoción 21/24)

Boas familias,

Como xa sabedes, hai unhas semanas iniciamos a nosa plantación de sementes.

Con isto queríamos contribuír o horto do cole, embelecer os nosos patios e quen sabe si deixar unha pequena árbore para o futuro.

O primero que fixemos foi observar as distintas sementes: analizar o tamaño, a forma, a cor,...comparalas.


Despois coñecemos un poco máis os productos que íamos plantar: as súa características, usos, como escribir o seu nome,... 

 

Aproveitando a semana da prensa empregamos periódicos para buscar as letras, traballando en equipo para completar a ficha.


 

Chegou o momento de plantar nos sementeiros e organizar os turnos de rego.

 

As sementes comenzaron a xerminar, pero pasados os días observamos que as do ourego  non o conseguiron. Así que seguimos coidando as nosas leitugas e caléndulas. 

Xa vedes que quédanos pouco para transplantalas o horto. 

 

 

Como estábamos con esta plantación, a profe Maria recomendounos este conto. "El secreto"

 

Isto expertou a súa curiosidade e aproveitando que tíñamos mazás no cole, da merenda saudable, iniciamos o proceso para xerminar as sementes.

Observamos a mazá (forma, textura, peso, cor,...), observamos as sementes, falamos sobre distintos tipos de mazás, coñecemos a palabra e escribímola,...

Cada equipo partiu unha e extraeron as sementes, rexistraron nunha ficha cantas había en cada metade e cantas en total. 

Visualizamos un vídeo onde explicaban como conservalas e así o fixemos. Nun recipiente con anaco de papel mollado. Cada equipo identificou o seu recipiente e metémolos na neveira do cole.

 




Por último entre todo o equipo comeron a súa mazá.

 

E temos boas novas, porque algunas xa comenzaron a xerminar!!

Así que atentos porque seguiremos informándovos.

Un saúdo.

 

Cumpleaños 2º trimestre, 5º E.I. (promoción 21/24)

Felicidades a todos estes activos que cumpliron un ano máis neste 2º trimestre.

 

ENTROIDO 2023 5º E.I. (Promoción 21/24)

Saúdos Familias,

Este entroido desfrutamos moito, xa que al fin volvemos a completa normalidade.

Durante a semana pasámolo pipa obedecendo os mandadiños do Meco, xogando cos elementos de disfraz que tíñamos nun recuncho da aula, pintando as nosas caras,... 

E o venres da festa puidemos desfrutar dun fermoso día soleado, saír a rúa a alegrarlle a mañá os veciños, e compartir cosas familias unha merenda estupenda con chocolate e doces típicos de esta data.   

Aquí vos compartimos unas fotos.

 

 

NAVIDAD ROCK 5ºE.I. (Promoción 21/24)

Boas familias,

Aquí tendes a actuación tan animada que fixeron no Nadal os alumnos/as de 5º E.I.

Estiveron brillantes e puxeron todo o seu empeño no escenario.

Esperamos que vos guste.

Un saúdo 

 

DINOSAUROS NO NADAL 6º E.I. (promoción 20/23)

Queridas familias,

Aquí tendes a actuación dos maiores de educación infantil e os máis experimentados no escenario, que nos deleitaron cunha magnifica actuación.

 

Segurísimo que vos encantou.

Un saúdiño!

BURRITO SABANERO 4º E.I. (promoción 22/25)

Boas familias,

Deixámosvos por aquí o vídeo dos máis pequerrechos do cole, que no festival de Nadal, co seu Burrito Sabanero, fixeron as delicias de todos os alumnos/as do centro.

Espectacular a súa primeira actuación!!

 

 

Esperamos que o disfrutedes.

Un saúdo.

Distribuir contido


by Dr. Radut