Skip to Content

5º Curso

VISITA Á DOMUS

O pasado martes, día 17, o alumnado de 5º A de Educación Primaria, realizamos unha visita á DOMUS.

Alí, ademais de visitar o museo e as súas instalacións, os nenos e nenas interactuaron nas diferentes exposicións, como por exemplo: detectar distintos olores, saber a cantidade de auga que posúe o corpo, explorar a anatomía e funcionamento das nosas neuronas, ver as diferentes partes dun corazón como se estiveramos dentro del... entre moitas outras.

Os nenos e nenas realizaron un obradoiro sobre Nutrición e Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da ONU.

Nel, cada un deles puido convertirse nun "pequeno" chef e facer esferificacións imitando ó caviar, realizaron papiroflexia intentando facer froitas....

Foi unha experiencia moi positiva na que todos/as eles/as disfrutaron.

Aquí vos deixo un pequeno vídeo para que o poidades comprobar.

EDIXGAL

Coa finalidade de facilitar a información sobre o Proxecto E-Dixgal  elaborouse un espazo web informativo para o profesorado, o alumnado e as familias. O obxectivo é acceder a toda a información sobre o proxecto de dixitalización educativa en Galicia da maneira máis fácil para a comunidade educativa.

Nesta páxina aparece toda a información sobre o seguro opcional para o portátil no folleto informativo familias.

Para calquera dúbida ou suxestión, pode contactar co Servizo Premium a través das seguintes canles:

De xeito remoto a través dun canle telefónica (24x7) durante as 24 horas do día, os 7 días da semana:

 - A través do número de teléfono 881 86 99 00

 - A través do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.gal

 - A través do WhatsApp no número 604 06 78 56

 - A través do Telegram na conta @Serviciopremiumedixgal

De xeito presencial, mediante técnicos que se desplazan ao centro educativo no que se produce a incidencia

De xeito presencial, mediante técnicos que se desplazan a ubicación concreta onde se atopa o equipo do alumnado, se fose preciso para a resolución da incidencia.

A través de puntos de atención espallados por todo a xeografía galega.

Material 5º 2023/2024

Estimadas familias:

A continuación deixámosvos o material escolar de cara a este curso 2023/2024. Só tedes que pinchar no adxunto.

 

FIN DE CURSO 5º B

O alumnado de 5º B e 4º B interpretaron a canción "Somewhere Over the Rainbow". Gustounos moito! FELIZ VERÁN!

FIN DE CURSO 5º A

 O alumnado de 5º A interpretou o musical de "La guerra de las galaxias" para despedir o curso. Encantounos! FELIZ VERÁN!

TORRE DE HÉRCULES 5º A

 Para celebrar o Día do Medio Ambiente, Axuda en Acción en colaboración con Repsol organizounos un roteiro na Torre de Hércules para coñecer a fauna e a flora da zona, así como o control de especies exóticas invasoras. Acompañounos un monitor naturalista experto. Gustounos e aprendemos moito!

Biblioteca de Meicende 5º A

O día 1 de Xuño o alumnado de 5º A visitamos a Biblioteca do Centro Cívico de Meicende para facer a actividade "Descubrindo Mundos". O alumnado seguiu pistas, buscou información, resolveu enigmas,... moi interesante!

 

Litoral Arteixán 5º Educación Primaria

O día 6 de xuño o alumnado de 5º de Educación Primaria fomos facer un percorrido polo litoral arteixán desde a praia de Sabón ata a praia de Balcobo. Durante este percorrido fomos acompañados por unha monitora do Concello que nos foi explicado diferentes aspectos sobre o ecosistema desta zona.

Torre de Hércules. Fundación Repsol e Axuda en Acción 5º B

O luns día 5 de xuño o alumnado de 5º B participamos nunha actividade realizada pola Fundación Repsol e Axuda en Acción. Dita actividade consistía no coñecemento da flora e fauna da Torre de Hércules. Fomos acompañados por membros do grupo naturalista Hábitat e voluntarios da refinería Repsol. Coñecimos unhra gran variedade de aves, insectos e plantas porpias da zona e tamén aquelas especies que son invasora e, polo tanto, perxudiciais para este hábitat. Pasámolo xenial.

Descubrindo Mundos ( Biblioteca Centro Cívico de Meicende) 5º B

O xoves día 2 de xuño o alumnado de 5º B fomos a Biblioteca do Centro Cívico de Meicende. Os alumnos/as tiveron que pasar diferentes probas para coñecer as expedicións que se levaron a cabo ao Novo Mundo.

Ditas probas consistían: resolver sopa de letras, quebracabezas, descifrar segredos ocultos escritos co código Maya, indagar en libros...

A verdade que foi unha actividade na que os rapaces/as disfrutaron moitísimo. Aquí tedes un breve resumo do que fixemos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut