Skip to Content

Animación á lectura

Día do libro

O 23 de abril celebrouse o día do libro. Como en anos anteriores na escola botámonos a ler todos xuntos. Os padriños e madriñas lectores (os nenos e nenas máis maiores) elixiron libros para lerllos aos seus afillados!

É unha experiencia estupenda.

 

Club de lectura

Neste curso comezamos cunha aventura nova. Unha aventura que nos está a dar moitas alegrías!

Puxemos en marcha na biblioteca cinco clubs de lectura, un club cada día da semana.

A acollida desta iniciativa por parte do alumnado do centro foi impresionante. Tendo en conta que son totalmente VOLUNTARIOS, están participando máis do 70% dos nenos e nenas e nalgunhas aulas ata o 100%.

Temos moito que agradecer, sobre todo ás familias por facer un gasto extra coa compra dos libros pero en especial aos coordinadores e coordinadoras dos clubs de lectura ( alumnado de 5º e 6º) polo seu traballo e dedicación, sen a súa participación non sería posible esta nova andaina da biblioteca.

Parabéns a TODOS E A TODAS pola vosa implicación!!!

Queremos dar un pouco de visibilidade a esta iniciativa, así que aí vai un pequeno vídeo no que podedes ver o funcionamento destes club.

LETRAS GALEGAS 2019...leo,participo,aprendo

ANÍMATE A PARTICIPAR E...A CONSEGUIR UN PEQUENO AGASALLO: O MATERIAL PARA MONTAR A TÚA PULSEIRA...LEO E FALO EN GALEGO!!!!!

LETRAS GALEGAS...ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

Padriños e madriñas lectoras 2019

Día do libro...e xa en breve comezaremos maio ...

Unha semana con moitos libros...en breve chega maio e para ir "quentando" para o concerto de PABLO DÏAZ ofrecémosvos os seus libros cd

Día do libro...e xa en breve comezaremos maio ...

Unha semana con moitos libros...en breve chega maio e para ir "quentando" para o concerto de PABLO DÏAZ ofrecémosvos os seus libros cd

LEROUCHO invita aos padriños e madriñas a escoller un bo libro aos seus afillados e afilladas

 

 

 

 

 

 

Á volta das vacacións, o martes 23 de abril, celebraremos a SEMANA DO LIBRO. Os padriños e madriñas coñecerán aos seus afillados e afilladas e xuntarémonos para ler o venres 26, despois do recreo.

Se a “tecnoloxía nos acompaña”, poñerémonos á fila todas as mañás mentres soan as cancións O LIBRO MÁXICO e UN LIBRO ( de Migallas o primeiro e de Pablo Díaz o segundo).

As mesmas cancións que nos acompañarán o venres ao comezo e ao final do “picnic de lectura” dos padriños e madriñas lectores.

Espero que disfrutedes moito das historias que contaredes e vos contarán.

Bicos a mancheas .

 

23 de abril...Iniciamos SEMANA DO LIBRO!!!

MOUCHOS E MOUCHAS:

Á volta das vacacións, o martes 23 de abril, celebraremos a SEMANA DO LIBRO. Os padriños e madriñas coñecerán aos seus afillados e afilladas e xuntarémonos para ler o venres 26, despois do recreo.

Se a “tecnoloxía nos acompaña”, poñerémonos á fila todas as mañás mentres soan as cancións O LIBRO MÁXICO e UN LIBRO ( de Migallas o primeiro e de Pablo Díaz o segundo).

As mesmas cancións que nos acompañarán o venres ao comezo e ao final do “picnic de lectura” dos padriños e madriñas lectores.

Espero que disfrutedes moito das historias que contaredes e vos contarán.

Bicos a mancheas .

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut