Skip to Content

Animación á lectura

Adiviñas que animal é?

Xa que estamos traballando os animais,os nenos e nenas de 2ºB aproveitamos para facer unhas adiviñas en galego. Que animal é?

Día das Letras Galegas 2017

Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Carlos Casares.

Unha das actividades que fixemos na biblioteca foi unha escolma da súa obra presente no noso colexio, para que tod@s gocen dela.

Celebración día do libro 2017

Como o ano pasado,  como unha das actividades encadradas no día do libro, levamos a cabo a celebración dos "Padriños e Madriñas lectores".

Unha vez máis, o alumnado dos cursos 4º, 5º e 6º estivo léndolle libros e contos ao resto do colexio...

É abraiante o caladiños que están todos e o ben que se portan!

 

DONATIVO DE LIBROS DA ANPA A GAIVOTA

Como colofón á campaña desenvolvida pola ANPA "A Gaivota", hoxe levouse a cabo o donativo á Biblioteca do centro. Hai libros chulísimos!

Como curiosidade, un deles veu asinado por Andone, o xogador do Deportivo da Coruña. A ver se cunde o exemplo!

 

Selección de libros sobre a Idade Media

Leroucheando polo mundo

Como xa sabedes, este ano estamos traballando nun proxecto integrado que se chama " Leroucheando polo mundo". Neste proxecto a nosa mascota, Leroucho, está de viaxe e vai amosándonos distintas cousas dos continentes que visita: As características xeográficas , os seus museos, as 7 maravillas do mundo, literatura, as casas tradicionais, a relixión, os instrumentos e o teatro . Preguntarédesvos como o fai, pois mediante códigos QR que se foron poñendo nunha exposición na Ludoteca. Hoxe facémosvos unha pequena presentación da primeira parte deste proxecto.(Estade atentos pronto haberá máis cousiñas)

Padriños (e Madriñas) lectores!

Hoxe pasámolo bomba! Tivemos unha actividade na que o alumnado de 4º, 5º e 6º exerceu de padriño (e madriña!) lectora, léndolle libros aos máis cativos. Aquí tedes a reportaxe:

Padriños Lectores by Slidely Slideshow

PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES

Onte celebrouse no centro unha actividade que estaba prevista para o día do libro e non se puido realizar por mor do tempo.

Foi emocionante ver aos nenos e nenas maiores lendo contos a todos os pequenos.

Aquí podedes ver o resultado:

 

Presentación do Blogue

Boas!!

Convidámosvos a que pasedes polo blogue da nosa Biblioteca, onde vive o moucho Leroucho...

Ánimádevos!!!

BIBLIOLEROUCHO

Distribuir contido


by Dr. Radut