Skip to Content

Novas

XORNADAS ARTEIXO INNOVACIÓN 2023

 semana pasada tiveron lugar no Centro Tecnolóxico de Arteixo as Xornadas de Arteixo Innovación, que reúnen a todos os centros de ensino do Concello.

Alí acudimos para amosarlle á Comunidade Educativa o proceso levado recentemente coa creación dunha Aula Multisensorial no noso colexio. 

 

 

 

 

ELECCIÓNS A CONSELLOS ESCOLARES

Por acordo da Xunta Electoral, publícase a continuación a convocatoria para poder participar no proceso de renovación de Consellos Escolares.

Como seguramente sabedes, o Consello Escolar é un dos órganos de goberno do centro, con funcións que inclúen, entre outras: participar na elección do director ou directora, avaliar as Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia do centro e da Programación Xeral Anual, realizar a análise e valoración do funcionamento xeral do centro, etc.

Para poder ser elixido/a teredes que presentar perante a xunta electoral (na secretaría do centro) a candidutara mediante esta papeleta oficial, debidamente cuberta, antes do 11 de novembro.

Animámosvos a participar neste proceso tan importante para o bo funcionamento do colexio. 

 

VALE COMPLEMENTARIO DE MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

A Consellería acaba de publicar a concesión dos vales de material escolar complementarios, por valor de 25 euros, baixo as seguintes condicións:

- O vale é unicamente para aquelas solicitudes que xa foron beneficiarias da axuda anterior de 50 euros (non se admiten novas solicitudes).

- O prazo para a entrega nas librerías (para a realización de compra de material escolar) remata o 1 de decembro.

Podedes pasar retirar o vale, nas mesmas condicións que o anterior (persoalmente ou con autorización asinada e fotocopia DNI dun adulto), en horario de Secretaría do centro (de 9,30 a 10,30 e de 12,30 a 14,00 horas).

Recibide un cordial saúdo.

PLAN DIXITAL DO CENTRO

Comunicamos que o centro, seguindo instrucións da Consellería, comezou a deseñar o seu Plan Dixital. Aquí podemos ver a súa primeira versión, que se irá adaptando ao longo dos cursos:

Plan Dixital do CEIP San Xosé Obreiro.

 

INFORMACIÓN DE INICIO DO CURSO 2022-23

Estimadas familias:

Estamos organizando con moitas ganas e ilusión este inicio de curso, no que xa non vai haber restricións por culpa da pandemia, e que dará comenzo o día 8 de setembro. 

Adxuntamos a circular de inicio de curso, con información importante que vos pregamos teñades moi en conta.

Vémonos o xoves!

 

LISTAXE DEFINITIVA FONDOLIBROS (CORRIXIDA)

Estimadas familias:

Como se comunicou previamente por Abalarmobil, xa está disponible para a súa consulta no taboleiro de anuncios interior do centro a nova listaxe de admitidos.

REUNIÓN INFORMATIVA ALUMNADO 4º ED. INFANTIL (NOVO INGRESO)

O día 29 de xuño, ás 12,00 da mañá, terá lugar unha reunión informativa na Biblioteca do colexio para as familias do alumnado de 4º de educación infantil que rematan de formalizar a matrícula por primeira vez.

Nesa reunión explicaremos as normas de funcionamento e convivencia nesta etapa e trataremos de resolver e dar resposta ás dúbidas e preguntas que se poidan plantexar, como preparación para o vindeiro curso 2022-2023.

Agardámosvos!

 

FELICES FESTAS

Un ano máis, aquí tedes as postais ganadoras do concurso.

Agardamos que vos gusten!!

PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS DE PROTECCIÓN

A Consellería acaba de publicar a Orde que regula o procedemento e distribución de máscaras gratuitas entre o alumnado que cumpla os requisitos.

Para poder participar neste proceso deberase ter en conta o seguinte:

ALUMNADO DESTINATARIO
No noso centro, unicamente o alumnado matriculado en educación primaria.

SOLICITUDES E REQUISITOS:

O alumnado beneficiario de MATERIAL ESCOLAR non terá que presentar a solicitude, xa que recibirá as máscaras directamente. Polo tanto:

a) Non ten que presentar solicitude:
O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022. 
b) Deberá que presentar solicitude, no seu caso:
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 pero que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (Tede en conta que se utilizarán os datos de 2019).
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

PRAZO: As solicitudes poden presentarse presencialmente dende o 15 ata o 26 de novembro na secretaría do centro. (Lembramos que o horario da Secretaría do centro é de luns a venres de 9:30 a 10:30  e de 12:30 a 14:00 horas ).

DESCARGAR SOLICITUDE

Coa solicitude acompañarase fotocopia do libro de familia

(Teléfono do centro: 881 880 214)

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2021

Por acordo da Xunta Electoral, hoxe vailles ser entregada a todo o alumnado unha circular ca convocatoria, calendario e instrucións a seguir para poder participar no proceso de renovación de Consellos Escolares.

Como seguramente sabedes, o Consello Escolar é un dos órganos de goberno do centro, con funcións que inclúen, entre outras: participar na elección do director ou directora, avaliar as Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia do centro e da Programación Xeral Anual, realizar a análise e valoración do funcionamento xeral do centro, etc.

Para poder ser elixido/a teredes que presentar perante a xunta electoral (na secretaría do centro) a candidutara mediante esta papeleta oficial, debidamente cuberta, antes do 12 de novembro.

Animámosvos a participar neste proceso tan importante para o bo funcionamento do colexio.  Calquera dúbida que se vos presente, quedamos á vosa disposición.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut