Skip to Content

Ed. Física

QUIDDITCH MUGGLE CON DEMENTORES CORUÑA

O pasado 31 de marzo o alumnado de 4º de E.P. recibiu no colexio a visita do Club Dementores Coruña.

Da man de Iago, César e Ignacio, dentro das sesións de educación física o alumnado coñeceu e aprendeu un novo e máxico deporte alternativo; o "QUDDITCH MUGGLE"

O Quidditch Muggle é unha adaptación escolar do Quidditch, xogo ficticio inventado por J.K. Rowling nas novelas de Harry Potter, co cal miles de mozos e mozas de hoxe en día practican actividade física.

A  continuación amósanse 2 vídeos coas lembranzas dese día practicando o Quidditch Muggle.

Vídeo 4ºA

 

 

Vídeo 4ºB

Moitas grazas ao Club Dementores Coruña pola súa visita e enseñarnos a practicar o Qudditch Muggle.

DIA DA MULLER EN EDUCACIÓN FÍSICA

Para conmemorar o Día da Muller, dende a área de Educación Física, levouse a cabo unha actividade de orientación coa finalidade de coñecer referentes femeninos no deporte.

Esta actividade levouse a cabo cos grupos de 4º A e 4º B.

4º A

4º B

 

DIA DA MULLER EN EDUCACIÓN FÍSICA

Torneo de Trompos 2022

O pasado 11 de novembro, Día de San Martiño levouse a cabo no centro educativo un Torneo de Baile de Peóns.

No vídeo amosamos imaxes do ben que o pasaron os alumnos /as participantes.

https://youtu.be/m4tC2Z5al4E

Torneo baile de peóns

O venres 11 de novembro terá lugar na hora do recreo, o Torneo de baile de peóns que contará coa colaboración do campión de peóns Miguel Rule.

Anímate e participa!

Exhibición de Peóns e Esgrima no Colexio

Esta semana tivemos duas visitas moi especiais ao colexio.

A primeira das visitas foi o mércores 19 de outubro, ese día recibimos ao campión internacional de peóns Miguel Rule. Él e o seu axudante realizaron na hora do recreo  unha espectacular exhibición de trucos para bailar os peóns.  Quedamos abraiados ca súa destreza, ademais temos que agraderlle enormemente a súa xentileza e xenerosidade.

A continuación podedes ver algunhas imaxes dese día. Moitas grazas Miguel Rule e compañia!!

A segunda visita levouse a cabo o xoves 20 e venres 21 de outubro. Os grupos de 3º, 4º, 5º e 6º recibiron dentro da sesión de Educación Física a vista de Antonio Carballo Pérez, membro do Club Esgrima Arteixo.

Antonio enseñounos as principais habilidades deste deporte individual, que se caracteriza pola súa técnica, rapidez e habilidade. Aínda que pode parecer perigoso contando cas medidas de seguridade; máscara, atención e precaución poidemos gozar grazas da man de Antonio dun deporte que si queremos, podemos realizar no noso tempo de lecer xa dunha forma federada.

Moitas grazas Antonio, volve cando queiras!!

Atoparedes fotos da práctica de esgrima no adxunto número 2.

 

Segudide atentos e practicando a bailar o voso trompo, o día 11 de novembro realizarase no recreo un torneo de Baile de Trompos organizado por Miguel Rule.

 

 

 

 

 

GAÑADOR@S DO CONCURSO DE RETOS

Carla, Martín, Esther, Eloy, Alejandro e Emily foron os gañadores do concurso de retos celebrado durante todo o ano. Parabéns para os cinco. Fixeron un gran traballo! 

DANZAMOS POLO MUNDO

Nesta montaxe podedes ver os bailes dos nenos e nenas do cole. Son cancións en varios idiomas de todo o mundo. Desfruta das vacacións e bo nadal para todos e todas!!

 

ACTIVIDADES PARA ESTOS DÍAS DE CIERRE

 

Actividades para a semana do 18 ao 22 de maio.

Novas actividades da semana do 5 ao 8 de maio

Aquí vos deixamos as actividades desta semana do 27 ao 30 de abril 

 

Dexámosvos estas actividades novas para estes días de abril para non perder a forma física.

 

Novas actividades para a semana do 30 de marzo ao 3 de Abril.

 

O profesor de Educación Física fainos chegar estas actividades para realizar estos días.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut