Skip to Content

blogue deCristina

Baile da Paz 2023

O pasado luns 30 de xaneiro, o centro educativo conmemorou o Día da Paz ao ritmo do Baile da Paz, do grupo Mamá Cabra. A continuación amósanse dous vídeos coa coreografia do baile realizada polo alumnado do centro educativo.

 Coregografía por grupos-clase.

 

 Coreografía todos/as xuntos no patio.

 

QUIDDITCH MUGGLE CON DEMENTORES CORUÑA

O pasado 31 de marzo o alumnado de 4º de E.P. recibiu no colexio a visita do Club Dementores Coruña.

Da man de Iago, César e Ignacio, dentro das sesións de educación física o alumnado coñeceu e aprendeu un novo e máxico deporte alternativo; o "QUDDITCH MUGGLE"

O Quidditch Muggle é unha adaptación escolar do Quidditch, xogo ficticio inventado por J.K. Rowling nas novelas de Harry Potter, co cal miles de mozos e mozas de hoxe en día practican actividade física.

A  continuación amósanse 2 vídeos coas lembranzas dese día practicando o Quidditch Muggle.

Vídeo 4ºA

 

 

Vídeo 4ºB

Moitas grazas ao Club Dementores Coruña pola súa visita e enseñarnos a practicar o Qudditch Muggle.

DIA DA MULLER EN EDUCACIÓN FÍSICA

Para conmemorar o Día da Muller, dende a área de Educación Física, levouse a cabo unha actividade de orientación coa finalidade de coñecer referentes femeninos no deporte.

Esta actividade levouse a cabo cos grupos de 4º A e 4º B.

4º A

4º B

 

DIA DA MULLER EN EDUCACIÓN FÍSICA

Distribuir contido


by Dr. Radut