Skip to Content

6º Curso

EDIXGAL

Coa finalidade de facilitar a información sobre o Proxecto E-Dixgal  elaborouse un espazo web informativo para o profesorado, o alumnado e as familias. O obxectivo é acceder a toda a información sobre o proxecto de dixitalización educativa en Galicia da maneira máis fácil para a comunidade educativa.

Nesta páxina aparece toda a información sobre o seguro opcional para o portátil no folleto informativo familias.

Para calquera dúbida ou suxestión, pode contactar co Servizo Premium a través das seguintes canles:

De xeito remoto a través dun canle telefónica (24x7) durante as 24 horas do día, os 7 días da semana:

 - A través do número de teléfono 881 86 99 00

 - A través do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.gal

 - A través do WhatsApp no número 604 06 78 56

 - A través do Telegram na conta @Serviciopremiumedixgal

De xeito presencial, mediante técnicos que se desplazan ao centro educativo no que se produce a incidencia

De xeito presencial, mediante técnicos que se desplazan a ubicación concreta onde se atopa o equipo do alumnado, se fose preciso para a resolución da incidencia.

A través de puntos de atención espallados por todo a xeografía galega.

MATERIAL ESCOLAR (CURSO 2023/24)

Estimadas familias: benvidas ao inicio do curso 2023/24.

Esta á e listaxe de material escolar.

Un saúdo.

FIN DE CURSO

O alumnado de 6º interpretou o musical "El carnavalito". Fixérono fenomenal! FELIZ VERÁN!

EXCURSIÓN GALIPARK

O pasado martes, día 20, o alumnado de 6º nivel de Educación Primaria realizaron unha saída ao Centro Multiaventura Galipark ( Padrón).

Foi un día marabilloso no que puideron realizar diferentes actividades como: láser tag, tiro con arco, rocódromo, tirolina, tobogáns de auga, piscina....

Ademáis de disfrutar dun dia de convivencia entre eles tamén o puideron compartir con outros nenos e nenas doutros colexios da Coruña e intercambiar conversas.

 

Unha experciencia moi enriquecedora para tod@s!!!

GRADUACIÓN 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

O pasado 14 de xuño o alumnado de 6º nivel de Educación Primaria celebramos a tan ansiada graduación.

Foron moitos os nervios alí contidos e a tristeza ou emoción de rematar unha etapa e de comenzar outra. 

Pero todo saliu fenomenal. 

Noraboa a tod@s e moita sorte para a nova andaina que pronto ides a emprender!!

Feliz verán!!!

LITORAL ARTEIXO

O día 6 de xuño o alumnado de 6º de Educación Primaria realizamos un percorrido polo litaral arteixán. Fomos dende a praia de Valcobo ata a praia de Sabón. Durante todo o traxecto acompañounos unha monitora do Concello, Chus, que nos ía explicando diferentes aspectos sobre o ecosistema da zona.

Aquí vos deixo un pequeno video para queo poidades visualizaar a beleza da contorna.

A FRAGA DE SISALDE

 

O mércores 10 de maio os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria visitamos a Fraga de Sisalde ( Barrañán, Arteixo).

Unha contorna chea de beleza, na que aprendemos moitas cousas sobre a fauna e a flora desa zona, explicadas por Chus, a nosa guía.

Pasamos unha mañá moi entretida!

DIA DO LIBRO

 

O 23 de abril foi o Día do Libro. Para conmemorar esta data o alumando de 6º A apadriñou ao alumnado de 4º de Educación Infantil. 

Primeiro, os nenos e nenas de 6º escolleron un libro adaptado para eles uns días antes. Ese día, despois do recreo, foron buscar aos nenos/as á aula, saliron ao patio e como comezou a chover un chisquiño acabamos a actividade na biblioteca léndollle o conto elixido.

Ademais, intercambiaron agasallos. Os maiores fixéronlle uns marcapáxinas e os pequerrechos elaboraron un debuxo para cada padriño/ madriña moi fermoso.

Foi unha experiencia fantástica. Con ganas de repetir ;

ACTIVIDADE MUSICAL

 

O pasado 14 de abril, o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria tivo unha actividade musical organizada polo concelllo de Arteixo. 

A actividade consitía en que os nenos e nenas escoitaran un conto onde se traballaban as emocións e logo tíñannas que relacionar con diversas actividades musicais.

Foi unha actividade moi divertida.

OBRADOIRO DE COIRO

O pasado mércores día 15 de marzo tivemos un obradoiro de coiro,organizado polo Concello. Fixemos pulseiras para todos. Foi moi interesante!

Aquí vos deixo un pequeno vídeo para que o poidades comprobar.

Distribuir contido


by Dr. Radut