Skip to Content

6º Curso

FELICITACIÓN NADAL 2021

EDIXGAL

Coa finalidade de facilitar a información sobre o Proxecto E-Dixgal  elaborouse un espazo web informativo para o profesorado, o alumnado e as familias. O obxectivo é acceder a toda a información sobre o proxecto de dixitalización educativa en Galicia da maneira máis fácil para a comunidade educativa.

Nesta páxina aparece toda a información sobre o seguro opcional para o portátil no folleto informativo familias.

Para calquera dúbida ou suxestión, pode contactar co Servizo Premium a través das seguintes canles:

De xeito remoto a través dun canle telefónica (24x7) durante as 24 horas do día, os 7 días da semana:

 - A través do número de teléfono 881 86 99 00

 - A través do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.gal

 - A través do WhatsApp no número 604 06 78 56

 - A través do Telegram na conta @Serviciopremiumedixgal

De xeito presencial, mediante técnicos que se desplazan ao centro educativo no que se produce a incidencia

De xeito presencial, mediante técnicos que se desplazan a ubicación concreta onde se atopa o equipo do alumnado, se fose preciso para a resolución da incidencia.

A través de puntos de atención espallados por todo a xeografía galega.

LISTAXE MATERIAL

Ola a todos/as! Benvidos ao inicio do curso 2021/22. Aproveito para decirvos que a reunión global de pais/nais será o vindeiro 20 de setembro ás 17: 00 horas na aula do alumno. Só poderá asistir unha persoa por familia. Aquí vos queda tamén a listaxe de material. Un saúdo.

Presentación informativa para o instituto de Pastoriza

Desde o Instituto de Pastoriza acábannos de mandar unha presentación informativa moi interesante, dirixida ao alumnado que remata Primaria. Esta presentación facíase todos os anos no centro, pero debido ás circunstancias da pandemia, non é posible facela presencialmente. 

Podedes vela picando nesta ligazón.

LISTAXE MATERIAL CURSO 2020-21

Ola a todos/as! Benvidos ao inicio do curso 2020-21. Aquí vos queda a listaxe de material. Desexamos que todo vaia ben e vémonos axiña!

VIDEO DESPEDIDA DE SEXTO CURSO 2019-2020

Moi boas!

Agora si que vai a despedida. O que se promete, ten que facerse, así que aquí tedes a montaxe que Fran fixo cos vosos videos. É unha mágoa que falte xente, que se lle vai facer... Moitas grazas a quen foi valente e se atreveu a mandalo!

E isto foi todo, agardamos que vos guste e que nos escribades, coma sempre, a sextosanxoseobreiro@gmail.com para decírnolo. Botarémosvos moitísimo de menos!

Que teñades unhas felices vacacións e que vos vaia xenial no instituto. Ata sempre. Vémonos cando queirades!!

FINAL DE CURSO

Bos días!

Estamos encantados con todos eses videos que nos estades mandando. A eses que aínda faltades ou vos da un pouco de corte decirvos que se preferides podedes mandar algunha foto con un texto e xa o incorporamos tamén. Ánimo, que isto acábase!

Por outra banda, decirvos que hoxe van sair publicadas as notas, á unha da tarde, por abalar Móbil. É moi importante que miredes a circular informativa da páxina principal.

Tede en conta que se tedes libros de texto do colexio tedes que devolvelos sen falta. Unha cousa máis: O día de atención para titorías será o 25 de xuño e o de entrega de historiais académicos, imprescindible para vós, o 26Ese día tamén vos daremos a notas en papel, para que vos poidades matricular no instituto. Animádevos e vide visitarnos!

Xa por último, desexarvos unhas felicísimas vacacións. Bicos virtuais e apertas para todos e todas!!

ACTIVIDADE FINAL DE CURSO

Moi boas, rapaces e rapazas!

Supoño que vos chamaría a atención o título das actividades de hoxe, non? Agora mesmo volo explicamos.

Hoxe, os titores de 6º tivemos unha reunión e falamos moito sobre a pena que nos daba non poder darvos unha despedida como vos merecedes. Por desgraza, as circunstancias son as que son e iso non o podemos cambiar.

Así que estivemos pensando no que poderíamos facer e ocurríusenos que xa que non podemos reunirnos para despedirnos, podemos facelo de xeito virtual.

Así que esta vai ser a tarefa final de curso:

Vas facer un video (máximo 30 segundos) onde podes despedirte ou mandar unha mensaxe aos vosos compañeiros e profesores.

Antes de facelo, pénsao ben, escríbeo (como se fora para unha obra de teatro) e despois grávao e envíanolo a sextosanxoseobreiro@gmail.com

Cando os teñamos todos xuntarémolos e quedarán como recordo do voso paso polo colexio!

NOTA: Durante estes días podes seguir facendo actividades entrando nos seguintes enlaces

MATEMÁTICAS

LENGUA CASTELLANA

LINGUA GALEGA

CIENCIAS SOCIAIS

CIENCIAS NATURAIS

 

 

ACTIVIDADES DO MARTES, DÍA 16 DE XUÑO

Moi boas de novo!

A semana avanza e como podedes ver o bo tempo non ten ganas de aparecer. Calquera diría que está agardando polas vacacións! Menos mal que así tamén apetece máis traballar, a que si?

MATEMÁTICAS:

Continuamos co repaso final. Hoxe tócalle a estas actividades de comparación e suma de fraccións.

LENGUA CASTELLANA:

Vamos a recordar lo que es una biografía, y nada mejor que escribir la tuya propia. Hazlo en tu cuaderno o en el ordenador y no te olvides de enviarla.

LINGUA GALEGA:

Realiza a seguinte ficha sobre o verbo.

CIENCIAS NATURAIS :

Non te esquezas de enviar todas as actividades a sextosanxoseobreiro@gmail.com

ACTIVIDADES DO LUNS,15 DE XUÑO

Que tal, nenos e nenas?

Chegamos á última semana do curso. Xa queda moi pouquiño para as vacacións e despois xa poderedes descansar e desconectar, pero de momento aínda temos traballo pendente. Moito ánimo que non queda nada!

MATEMÁTICAS:

Realiza estas actividades de repaso de fraccións.

LENGUA CASTELLANA:

¿Os acordáis del análisis morfológico? Se trataba de analizar cada palabra de una oración y decir si era nombre, determinante, adjetivo, verbo... y luego añadir si es masculino o femenino, singular o plural, etc. A ver cómo andas de memoria y haz esta actividad en el cuaderno.

LINGUA GALEGA:

Realiza a seguinte actividad sobre o grupo nominal.

CIENCIAS SOCIAIS :
 
Realiza a actividade número 3 da páxina 17 con un mapa de Galicia (ou debuxando).
 

Non te esquezas de enviar todas as actividades a sextosanxoseobreiro@gmail.com

Distribuir contido


by Dr. Radut