Skip to Content

6º Curso

Semana da Prensa

 

A semana pasada celebrouse a Semana da Prensa e os nenos e nenas de 6º A fixeron unha actividade conxunta co alumnado de 4º de Educación Infntil. 

Cada neno/a escolliu ou elaborou unha noticia e ese día cada un deles líanlla a outro compañeiro/ de infantil. 

Foi unha actividade na que disfrutaron moito, tanto os maiores como os máis pequerrechos, como podedes ver no seguinte vídeo.

DIA DA MULLER TRABALLADORA

Para conmemorar o Día da Muller Taballadora os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria elaboraron un mural sobre diferentes mulleres que ao longo dos anos destacaron pola súa labor en distintos campos: ciencia, arte, escritura,etc.

 

 

 

.

ENTROIDO 2023

Este ano poidemos disfrutar dun merecido Entroido despois varios anos sin poder desfilar debido ao Covid.

A temática elexida foi a do conto que estamos a ler na clase, " O HOBBIT". Os rapaces e rapazas viñeron disfrazados das diferentes personaxes do conto. 

Logo do desfile degustamos postres típicos do entroido como: orellas, filloas, rosquillas aportadas polas familias xunto  cun bo  chocolate.

 

Pasámolo xenial!!

DIA DA ÁRBORE ( SABÓN)

 

Estimadas familias:

 

Aquí vos deixo un vídeo/ resumo da saída realizada a  Sabón celebrada o mes de decembro da conmemoración do Dia da Árbore.

Grazas a térmica de Sabón pasamos unha mañán divertida na que cada neno e nena plantou unha árbore.

Ao finalizar a visita agasalláronnos cunha mochila que contiña unha pequena merenda. 

Disfrutamos moito da visita!

EDIXGAL

Coa finalidade de facilitar a información sobre o Proxecto E-Dixgal  elaborouse un espazo web informativo para o profesorado, o alumnado e as familias. O obxectivo é acceder a toda a información sobre o proxecto de dixitalización educativa en Galicia da maneira máis fácil para a comunidade educativa.

Nesta páxina aparece toda a información sobre o seguro opcional para o portátil no folleto informativo familias.

Para calquera dúbida ou suxestión, pode contactar co Servizo Premium a través das seguintes canles:

De xeito remoto a través dun canle telefónica durante as 24 horas do día, os 7 días da semana:

 - A través do número de teléfono 881 86 99 00

 - A través do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.gal

 - A través do WhatsApp no número 604 06 78 56

 - A través do Telegram na conta @Serviciopremiumedixgal

De xeito presencial, mediante técnicos que se desplazan ao centro educativo no que se produce a incidencia

De xeito presencial, mediante técnicos que se desplazan a ubicación concreta onde se atopa o equipo do alumnado, se fose preciso para a resolución da incidencia.

A través de puntos de atención espallados por todo a xeografía galega.

MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias!

Benvidos/as ao inicio do curso 2022/2023.

No seguinte enlace podedes visualizar a listaxe de material.

O material que teñan do  curso pasado e esté en bo estado pódese traer en lugar de mercar outro  novo ( carpetas, fundas, dicionarios..).

 

Un saúdo.

Graduación

BAILE FIN DE CURSO

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

ENTROIDO 2022

    Este curso, a pesar das restriccións da COVID-19, puidemos celebrar un pouquiño a festa do entroido: trouxemos os mandadiños ao longo de toda a semana e o venres disfrazámonos e comemos chocolate con churros!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut