Skip to Content

6º Curso

ACTIVIDADES DO LUNS, DÍA 1 DE XUÑO

Moi boas!

Que tal pasastes a fin de semana? Agardo que recuperárades forzas!

Como vedes xa estamos na recta final do curso, comezamos o mes de xuño e hai que facelo con enerxía e moitas ganas. Imos a por elo!

MATEMÁTICAS:

Lembrades en que consiste a nota media, tamén chamada media aritmética? Xa o temos visto moitas veces na clase, trátase de sumar todas as notas e dividir polo número de elas. Por se non te lembras, imos ver un exemplo con puntuacións de ximnasia.

Canto teñas claro como se calcula, fai as actividades 14, 15, 16 e 17.

Coma sempre, as dúbidas a sextosanxoseobreiro@gmail.com

LENGUA CASTELLANA:

Empezamos un tema nuevo. Lee con calma el texto "El viento Tarambana".

Después, haz las actividades 1, 2 y 3. Cuano las tengas hechas, envíalas a sextosanxoseobreiro@gmail.com

LINGUA GALEGA:

Realiza a seguinte ficha sobre ditongos e hiatos

CIENCIAS NATURAIS:

Realiza a actividade 9 da páxina 79 do libro

Recorda envialas a sextosanxoseobreiro@gmail.com

ACTIVIDADES DO VENRES, DÍA 29 DE MAIO

Ola a todo o mundo!

Vaia, vaia, como pasou a semana... como un foguete! Xa sei que con esta calor é moi complicado ter ganas de traballar, pero un pequeno esforciño máis e xa estaremos libres para tomar un merecido descanso... Ánimo!!

MATEMÁTICAS:

Continuamos cos exercicios sobre o tema desta semana. Hoxe vas facer as actividades 64, 65, 66 e 67. Coma sempre, as dúbidas a sextosanxoseobreiro@gmail.com

LENGUA CASTELLANA:

Seguimos con los personajes mágicos de ayer. Completa esta ficha (¡y no te olvides de incluir el dibujo o la foto!). Luego envíala a sextosanxoseobreiro@gmail.com

LINGUA GALEGA:

Le o seguinte texto e responde as preguntas. Cando remates, recorda envialo a sextosanxoseobreiro@gmail.com.

CIENCIAS NATURAIS:

Realiza as actividades 1,2,3,4 e 5 da páxina 81. Recorda envialas a sextosanxoseobreiro@gmail.com

 

Recorda envialo a sextosanxoseobreiro@gmail.com.

ACTIVIDADES DO XOVES, 28 DE MAIO

Que tal, rapaces e rapazas? Como estades? 

Xa estamos acabando outra vez a semana e parece que o calor quérenos acompañar uns días máis. O verán quere vir antes de tempo... Lembrade ter coidado!

MATEMÁTICAS:

Xa rematamos cas áreas das figuras planas. Agora vas practicar o que aprendeches. Fai as actividades 56, 57, 58, 59 e 60. En caso de ter dúbidas escribe a sextosanxoseobreiro@gmail.com

LENGUA CASTELLANA:

Vas a evualuar tus competencias. Haz las actividades 44 y 47 y envíalas a sextosanxoseobreiro@gmail.com

LINGUA GALEGA:

Recorda que empregamos o acento gráfico cando dúas palabras poidan confundirse porque se escriben da mesma maneira. Pónselle acento á que ten vogal aberta ou á que é tónica. Por exemplo Óso (do corpo) e oso (animal).

Busca oito parellas de palabras que se diferencien polo til diacrítico e escribe una frase con cada unha.

CIENCIAS SOCIAIS:

Pensa nun país ou cidade que che gustaría visitar para facer turismo, explica porque e nomea os lugares, monumentos ou actividades que che gustaría realizar. 

Recorda envialo a sextosanxoseobreiro@gmail.com.

ACTIVIDADES DO MÉRCORES, 27 DÍA DE MAIO

Moi boas de novo

Vaia día de calor que fixo onte, verdade? Xa anda a xente polas praias e todo. Se ides, tede moito coidado e gardade as distancias. Sería moi triste ter que volver a confinarnos, non vos parece?

MATEMÁTICAS:

Imos seguir facendo actividades sobre á área do círculo. Lembrade a fórmula da área e aprendédea de memoria: Área do círculo = π × r2

Imos facer e xustificar despois as  actividades 40, 41, 42 e 43. Na última terás que calcular dúas áreas, a do círculo e a do rectángulo, lémbrate, base x altura (bxh). Logo envíao coma sempre a sextosanxoseobreiro@gmail.com

LENGUA CASTELLANA:

Estuvimos revisando vuestras respuestas a la ficha de ayer y encontramos que muchos errores, así que os mando la solución, para que podáis comprobarla. ¡Una de ellas era muy difícil!

Para compensaros, hoy algo más divertido, actividades 36, 37, 38 y 39 del duende de las palabras.

¡A ver cuánto sabes! 

LINGUA GALEGA:

Pon os acentos gráficos nas seguintes frases

CIENCIAS NATURAIS:

En canto a nutrición do ser humano, xa estudamos o aparato dixestivo, respiratorio e circulatorio. Hoxe vamos ver o último deles, o aparato excretor. Le as páxinas 80 e 81 do libro e realiza un esquema sobre o aparato excretor que inclúa polo menos dous debuxos. Recorda envialo a sextosanxoseobreiro@gmail.com.

ACTIVIDADES DO MARTES, 26 DE MAIO

Ola!

Antes que nada un aviso que está na páxina principal. Se a alguén de vós (de 6º) lle quedou material na aula e o necesita,  pode vir buscalo o mércores 27, en horario de 10 a 12, cumprindo as normas sanitarias, por suposto e acudindo unicamente o pai, nai ou persoa titora. Non vos esquezades de avisar na casa!

MATEMÁTICAS:

Parece ser que a actividade interactiva de onte non podía ser enviada. Disculpade!  Non volveremos a poñelas ata telo solucionado.

Hoxe tócalle repasar á área do círculo. A fórmula é moi chula: Área del círculo = π × r2

Fíxate ben, para que non te confundas ca de onte!

Despois fai as actividades 37, 38 e 39. Date conta que nas dúas últimas debes pensar un pouco. Ánimo!! Cando acabes, envía unha captura ou foto a sextosanxoseobreiro@gmail.com

LENGUA CASTELLANA:

Hoy vas a hacer una ficha de repaso de lo aprendido relativo al sujeto y al predicado.  Recuerda que el sujeto es muy fácil de descubrir haciéndole al verbo en la oración la pregunta ¿quién?. El que la responda, es el sujeto, y el resto de la oración es el predicado, cuyo núcleo es el verbo.

Luego, envíala a sextosanxoseobreiro@gmail.com

LINGUA GALEGA:

Nos últimos dias estivemos repasando as relacións entre palabras. Define agora en que consiste a homofonía, a polisemia, a sinonimia e a antonimia. Podes incluír un exemplo en cada unha.

CIENCIAS SOCIAIS:

Crea un produto, pode ser un invento tecnolóxico, un novo produto de alimentación, un negocio ou comercio... Explica o seu nome e en que consiste e deseña un anuncio. Recorda, o anuncio debe incluír un slogan e un logotipo, logo ou debuxo do teu produto.

Despois, envíao a sextosanxoseobreiro@gmail.com

ACTIVIDADES DO LUNS, DÍA 25 DE MAIO

Moi boas, nenos e nenas! Que tal estades?

Xa estamos aquí outra semana máis! O mes de maio, o mes das flores, está rematando... calquera o diría, verdade?

Agardamos que recuperárades forzas na fin de semana, co tempo tan estupendo que fixo...

E imos xa co traballo para hoxe:

MATEMÁTICAS:

Hoxe imos calcular a lonxitude da circunferencia. Repasa primeiro para recordalo.

Logo fai esta ficha interactiva e termínaa para poder enviala a sextosanxoseobreiro@edu.xunta.es (verás que é algo novo, pero fácil de facer).

 LENGUA CASTELLANA:

Lee atentamente este texto sobre la descripción y los diálogos.

Hoy vamos a hacer las actividades 32, 33  y 34. Después, envíalas a sextosanxoseobreiro@gmail.com

LINGUA GALEGA:

Seguinos coas relacións entre palabras. Recorda, a antonimia e a oposición de significados. Dúas palabras son antónimas se queren dicir o contrario.

Por exemplo: Frío-Quente.

Escribe agora dez parellas de antónimos.

CIENCIAS NATURAIS:

Copia este esquema no teu cuaderno e completao coas palabras que faltan.

Recorda envialo a sextosanxoseobreiro@gmail.com

ACTIVIDADES DO VENRES, DÍA 22 DE MAIO

Moi boas!

Vedes como tiña razón? Xa estamos a venres!

A semana pasounos sen darnos conta e xa temos aí a fin de semana...

Pero hoxe aínda hai traballo que facer e imos a por el que non lle temos medo!

MATEMÁTICAS:

Para rematar cas áreas das figuras planas por esta semana, quedábanos a área dos polígonos regulares (xa sabedes que son os que teñen todos os seus lados e ángulos iguais). Repasa a fórmula para calculalo e recorda que a letra P significa perímetro.

Despois, aplica a fórmula de cálculo nas actividades 25, 26 e e 27. Hoxe son algo máis difíciles que outros días... a ver se o consigues!

 LENGUA CASTELLANA:

Continuamos con el tema de ayer. Te recuerdo que las oraciones que tienen los verbos serestar o parecer son copulativas y normalmente llevan atributo. El resto de las oraciones son predicativas.

Hoy vamos a hacer las actividades 20, 21, 22, 23 y 24. Cuando termines, envía al menos las dos últimas a a sextosanxoseobreiro@gmail.com

LINGUA GALEGA:

Lee este texto e responde as preguntas no teu caderno.

CIENCIAS SOCIAIS:

O outro día situamos algúns dos lugares turísticos máis importantes de España. Busca agora dez dos lugares máis visitados de Europa (museos, monumentos...etc.) e indica en que país de encontran.

Recorda envialo a sextosanxoseobreiro@gmail.com

ACTIVIDADES DO XOVES, 21 DE MAIO

Ola de novo!

Como vedes, isto vai rapidísimo. Mañá xa será venres e a fin de semana está agardándonos para poder descansar un pouquiño.

Pero primeiro toca acabar as tarefas!

MATEMÁTICAS:

Continuamos co tema desta semana, as áreas das figuras planas.

Hoxe imos ver a área do trapecio.  Esta área é un chisquiño máis complicada que as que vimos ata agora. Bótalle un ollo con calma.

Despois, coma sempre, fai as actividades 20, 21, 22 e 23.

Se queres podes facelas no caderno, e envialas como sempre a sextosanxoseobreiro@gmail.com 

 LENGUA CASTELLANA:

El otro día vimos el predicado verbal y el predicado nominal. Hoy vamos a ver como se llaman las oraciones. Ya te adelanto que es muy fácil: las que tienen los verbos ser, estar o parecer son copulativas y el resto, predicativas. ¿A que es fácil?

De todas maneras conviene que leas primero esta página.

Después, haz las actividades 17, 18 y 19 y envíalas a sextosanxoseobreiro@gmail.com

LINGUA GALEGA:

Hoxe vamos recordar a Homofonía. Esta dáse cando dúas palabras se pronuncian igual pero escríbense de forma diferente: por exemplo baca/vaca.

Busca agora oito exemplos de palabras homófonas.

CIENCIAS NATURAIS:

Seguimos repasando ás plantas. Define que é unha planta, a súas características e a súa clasificación. Adxuntamos de novo a páxina do libro.

Recorda envialo a sextosanxoseobreiro@gmail.com

ACTIVIDADES DO MÉRCORES, DÍA 20 DE MAIO

Moi boas! Parece ser que houbo un pequeno problemiña e non aparecían as actividades. Grazas, Claudia Bello e Noelia Varela por avisar!

O tempo pasa e xa estamos a metade da semana.

Agardamos que sigades estando todos ben!

 

MATEMÁTICAS:

Seguimos cas áreas das figuras planas.

Desta volta tócalle ás área do rombo. Lembrade que era un pouco diferente que as anteriores que xa estudiamos, porque non utiliza nin a base nin a altura, senón as diagonais (Diagonal maior e diagonal menor). Repasádea ben.

Cando xa o teñas claro, fai as actividades 14, 15, 16, 18 e 19.

Se queres podes facelas no caderno, e envialas como sempre a sextosanxoseobreiro@gmail.com 

LENGUA CASTELLANA:

Hoy vamos a hablar de las anécdotas. A todos nos gusta contar lo que nos ha pasado, y si tiene gracia, pues mucho mejor. Pues más o menos eso es una anécdota. Para tenerlo más claro, mira esta página y luego haz la actividad 12.

Después, cuenta (y escribe) una anécdota (o más, si quieres) que te haya pasado durante este tiempo de cuarentena y envíala a sextosanxoseobreiro@gmail.com 

LINGUA GALEGA:

Onte recordamos o que era a polisemia. Hoxe recordamos a sinonimia; un mesmo significado ten varios significantes (varias palabras significan o mesmo).

- Escribe 10 pares de palabras sinónimas, por exemplo ledicia/alegría.

 CIENCIAS SOCIAIS:

Realiza as actividades 3 e 4 da páxina 68-69 do libro de texto. 

Recorda envialo a sextosanxoseobreiro@gmail.com

ACTIVIDADES DO MARTES, 19 DE MAIO

Ola rapaces e rapazas!

Xa estamos de volta. Imos xa co traballo para o día de hoxe.

 

MATEMÁTICAS:

Continuando co que empezamos onte, imos seguir cas figuras planas.

Hoxe tócalle ás áreas do triángulo e do romboide. Repasade ben esa páxina porque xa hai tempo que a vimos.

Cando xa o teñas claro, fai as actividades 10, 11, 12 e 13. Fíxate ben porque nas dúas últimas vas ter que calcular por partes e restar ou sumar, según conveña.  Ánimo!

 

LENGUA CASTELLANA:

Continuamos trabajando sobre "El mundo mágico de los trasgos", el texto que leímos ayer.

Hoy vas a hacer las actividades 6, 8 y 10 en tu cuaderno. Como siempre, al terminar envíalas a sextosanxoseobreiro@gmail.com 

LINGUA GALEGA:

Recorda: as palabras que teñen varios significados denomínanse palabras polisémicas. Estas palabras só teñen unha entrada no dicionario.

Por exemplo:
gato → animal ou máquina para elevar o automóbil.

Agora, busca ou escribe oito palabras que sexan polisémicas e explica os seus diferentes significados

 

CIENCIAS NATURAIS:

Fai un esquema con un debuxo para explicar o proceso da fotosíntese. Podes consultar as páxinas 22-23 do libro.

 

Recorda envialo a sextosanxoseobreiro@gmail.com

Distribuir contido


by Dr. Radut