Ola de novo! Que tal estades?
Onte fixestes a enquisa 18 nenos e nenas, polo tanto aínda quedan por facela outros dez, cinco de cada curso. Faltan Ricardo, Susito, Hugo Machado e Pablo de, 6º A, e Ángel, Mamadou, Alessandro, Alva e Estela, de 6º B. Seguramente foi porque se esqueceron de darlle ao botón de ENVIAR. Como sei que algúns tedes grupos de wathsapp, por favor avisádelles de que a fagan.
En canto ás actividades, de momento imos seguir como ata agora, pero pode que haxa algún cambio para a semana que vén, xa veremos se é posible. Xa vos iremos contando!
MATEMÁTICAS:
Hoxe imos repasar o mínimo común múltiplo (m.c.m.). Antes de que resopledes, tede en conta que o curso que vén, que estaredes se todo vai ben en 1º da ESO, teredes que facer moitos exercicios nos que teredes que aplicalo. Por iso é moi conveniente ter dominado este apartado das matemáticas.
Repasa primeiro esta páxina para recordalo.
Despois, fai as actividades 15, 16, 17 e 18
LENGUA CASTELLANA:
Hoy toca poesía. Primero lee el poema El sol quería bañarse.
Después, contesta a las actividades 1, 2 y 3 en tu cuaderno
LINGUA GALEGA:
Ortografía, repaso de b/v e do uso da h. (Publicaremos a solución o próximo día).
CIENCIAS NATURAIS:
Completa a seguinte imaxe coas funcións que cumpre cada parte do sistema nervioso. Podes axudarte ou corrixilo na páxina 60 do libro de texto.