Skip to Content

6º Curso

ENQUISA E ACTIVIDADES PARA O MÉRCORES 22 DE ABRIL

Bos días a todos de novo!

Hoxe imos empezar con algo distinto. Hai moito tempo que non temos noticias de vós e queremos saber que tal vos apañades cas actividades.  Así que imos facer esta enquisa. Cando a cubrades teremos unha idea moito mellor de se as actividades que programamos vos serven e tamén de se tedes dificultades na casa para facelas.

É moi importante que lle digades todos os nenos e nenas de 6º A e 6º B que a fagan, para ter un mellor coñecemento de como está todo. Non vos esquezades!!

MATEMÁTICAS:

Cando rematedes a enquisa, seguimos co reforzo das fraccións. Para que non vos enfadedes, algo faciliño: as actividades 10, 11, 12, 13 y 14

LENGUA CASTELLANA:

Esta vez escribiremos un pequeño cuento. Puedes leer primero este, para orientarte. Esta vez repasaremos estas palabras

Después escribe tu propio cuento, eligiendo entre estas tres propuestas.

LINGUA GALEGA:

Fai esta ficha de sinónimos e antónimos

CIENCIAS SOCIAIS:

Facer un resumen ou esquema sobre as actividades que se inclúen en cada un dos sectores. O sector primario e secundario (Tema 3) e o sector terciario (Tema 4).  Gardade o esquema se o queredes facer a ordenador ou sacádelle unha foto se o facedes a man porque quero que, chegado o momento, mo mandedes por e-mail. 

ACTIVIDADES DO MARTES, DÍA 21 DE ABRIL

Que tal nenos e nenas? Vai todo ben? Continuamos co que viñamos facendo!

MATEMÁTICAS:

Seguimos co reforzo das fraccións. Primeiro, bótalle unha ollada a esta páxina.

Despois, fai as actividades 6, 7, 8 e  9

LENGUA CASTELLANA:

Hoy toca ortografía. Sabéis que es muy importante, por eso conviene repasarla una y otra vez, para que no cometamos errores. Esta vez repasaremos estas palabras

Después haremos las actividades 28, 29 y 30.

LINGUA GALEGA:

Hoxe faremos algo novo. Un xogo de preguntas onde tedes a categoría de "Lingua" e outras máis: Arte, Xeografía, Historia... Pode xogar unha persoa soa ou hasta catro xogadores! Iso sí, hai que activar o flash player, xa sabedes como.  Animádevos a xogar cos vosos pais, irmáns... etc.

E aí vai o prometido: as solucións á ficha de onte

CIENCIAS NATURAIS:

Por último, aquí vos deixo o aparato locomotor . (Podes corrixilo ou repasar na páxina 59 do libro).

 

 

 

ACTIVIDADES DO LUNS, DÍA 20 DE ABRIL

Bos días rapaces e rapazas. Comeza unha nova semana e como decimos sempre, queda un día menos de estar confinado. Agardo que esteades todos ben e xa sabedes, se precisades algo podedes chamarnos ao teléfono do colexio 881 880 214 ou escribirnos a ceip.sanxose.obreiro@edu.xunta.es

Estas son as actividades para o luns:

MATEMÁTICAS:

Hoxe imos co afianzamento e reforzo das fraccións. Para empezar, le esta páxina onde se fala de foguetes espaciais e as súas medidas para repasar en que consisten as fraccións.

Cando remates fai os exercicios 1, 2, 3, 4 e 5

LENGUA CASTELLANA:

Vamos a seguir trabajando sobre este texto de "La jaula de oro"

Revísalo si no te acuerdas y haz las actividades  3,5,7 y 8 en tu cuaderno.

LINGUA GALEGA:

Imos facer esta ficha sinxela. sobre o repaso de xénero e número. Podes imprimila ou copiala e facela no caderno. Mañá publicaremos a solución.

CIENCIAS SOCIAIS:

Fai esta actividade interactiva sobre o relevo de España.

ACTIVIDADES DO VENRES, DÍA 17 DE ABRIL

Moi boas, nenos e nenas, xa estamos a venres! 
Imos seguir dándolle duro, esta pandemia non vai poder con nós!

Déixovos as actividades para este día:

MATEMÁTICAS:

Imos rematar xa co repaso que iniciamos o martes. Para iso remataremos as actividades do tema. Facede, pois, as que quedan,   21, 22, 23, 24, 25 e 26 (Lembrade que hai que ir marcando na parte superior os circuliños azuis para que avance a páxina)

LENGUA CASTELLANA:

Vamos con la lectura de hoy. Lee este texto sobre La jaula de oro

Luego realiza en tu cuaderno la actividad 1

LINGUA GALEGA:

Hoxe temos tamén unha lectura en ligua galega. Ler é moi importante!

Cando remates responde ás preguntas, podes facelo na ficha (se a imprimes) ou no caderno.

CIENCIAS SOCIAIS:

Realiza esta ficha sobre os diferentes servizos. Coma sempre, podes facela no caderno se che parece máis doado.

ACTIVIDADES DO XOVES, DÍA 16 DE ABRIL

Moi boas a todo o mundo. Seguimos cas tarefas para hoxe.

É moi importante non perder o aprendido, así que imos seguir na mesma liña:

MATEMÁTICAS:

Imos continuar cas actividades de repaso para que non se nos esquezan as cousas.

Deberedes facer as actividades 16, 17, 18, 19 e 20

LENGUA CASTELLANA:

Vamos a seguir practicando las competencias aprendidas. 

Realiza las actividades 2, 3, 4 y 6. (Recuerda que puedes hacerlas en el cuaderno, si prefieres).

LINGUA GALEGA:

Repaso de sinónimos. Fai esta ficha.

CIENCIAS NATURAIS:

Hoxe imos repasar o proceso dixestivo con esta ficha

ACTIVIDADES DO MÉRCORES, DÍA 15 DE ABRIL

Seguimos adiante que queda menos para as vacacións. Lembrade que podedes contactar escribindo un correo a ceip.sanxose.obreiro@edu.xunta.es  Animádevos!

Estas son as actividades para hoxe:

MATEMÁTICAS:

Imos seguir co repaso e reforzo que iniciamos onte.

Fai estes exercicios: 10, 11, 12, 13, 14 e 15

LENGUA CASTELLANA:

Ahora vamos a terminar la parte de competencias que empezamos ayer, sobre el orangután, ¿te acuerdas?

Lo que tendrás que hacer hoy en tu cuaderno, si ya acabaste las de ayer, son las actividades 3, 4 y 5.

LINGUA GALEGA:

Imos ca lectura doutro fragmento de "O Principiño": O Principiño e o home de negocios.

Cando remates, realiza a actividade 1 no teu caderno

SOCIAIS
 
Realizade no caderno as actividades 1,2,3,4 da páxina 80 do libro de sociais.
(Imaxe adxunta no caso de que non teñades o libro):
 

ACTIVIDADES DO MARTES, 14 DE ABRIL

Moi boas, nenos e nenas! Que tal estades? Agardamos que ben, xa sabemos que é difícil estar encerrados, pero pensade que xa queda menos para que remate isto.

Imos continuar o reforzo e afianzamento do aprendido, que nunca ven mal.

MATEMÁTICAS:

Comenzamos por uns exercicios de repaso do 2º trimestre.

Deberedes facer os exercicios 4, 5, 6, 7, 8 e 9

LENGUA CASTELLANA:

Hoy vamos a hacer algo distinto. Practicar competencias. Lee este texto y contesta a las preguntas en tu cuaderno

Cuando termines, completa esta ficha, imprimiéndola o copiándola en tu cuaderno.

LINGUA GALEGA:

Indica que dúas palabras sobran en cada serie de sinónimos nesta ficha. A solución encontrase ao final do documento.

CIENCIAS NATURAIS:

Observa a seguinte imaxe:

Escribe no teu caderno e di a que proceso pertence a imaxe e onde ocorre este proceso.

 

E iso é todo por hoxe. Moito ánimo!!

ACTIVIDADES DO VENRES, DÍA 3 DE ABRIL

Boas, nenos e nenas! Por fin chegou o día das vacacións, aínda que sexa na casiña, que é onde hai que estar!

Pero antes, hai que facer un último esforzo. Estas son as últimas actividades para esta avaliación. Xa sabedes que as notas terán que descargalas na casa coa app abalarMóbil . Se da erro de tlfno, escribide ao ceip.sanxose.obreiro@edu.xunta.es  Unha aperta!!

Hoxe van ser lixeiriñas as actividades, así que tranquilos

MATEMÁTICAS:

Imos seguir cas porcentaxes. Lémbraste da "roda"? Imos practicala un pouquiño

Primeiro repasa esta páxina. Cando remates,  deberás facer as actividades 42,43 e 44

LENGUA CASTELLANA:

Hoy toca algo de ortografía. La tilde en los monosílabos

Luego haz las actividades 27, 28 y 29

LINGUA GALEGA:

Imos facer esta actividade do Trasno das palabras

Despois, a ver se es quen de resolver as actividades 34 e 35

CIENCIAS SOCIAIS:

Engade os últimos datos coñecidos sobre o coronavirus COVID-19 a día de hoxe e apunta calquera circunstancia que che chamara a atención.

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------

E isto é todo! Agardamos que pasedes unhas vacacións tranquilas e que poidamos vernos axiña. Crucemos os dedos, a ver se hai sorte!

Unha aperta moi grande a tod@s!!

ACTIVIDADES DO XOVES, 2 DE ABRIL

Ola, como estades? Agardamos que ben.

Continuamos cas actividades de repaso e afianzamento.

MATEMÁTICAS:

Comenzamos por ler esta páxina sobre as unidades de superficie

Despois, cando teñades claro as conversións, deberedes facer os exercicios 33,34,35,36,37 e 38 (que están nos circuliños azuis)

LENGUA CASTELLANA:

Hace mucho que no vemos nada de gramática. Hoy vamos a hacerlo repasando  los verbos regulares e irregulares

Cuando termines de leer el textto, realiza las actividades 18, 19,20 y 22.

LINGUA GALEGA:

Actividade interactiva. Completa as oracións coas palabras que figuran á esquerda.

http://www.linguagalega.org/lingua/ortografia/bv/web/OCOS1.htm  

 

CIENCIAS NATURAIS:

Revisa este texto sobre os aparatos e sistemas do corpo humano

Logo fai as actividades nº 34

E iso é todo por hoxe. Moito ánimo, que mañá xa son as vacacións!

ACTIVIDADES DO MÉRCORES, DÍA 1 DE ABRIL

Seguimos adiante que queda menos para as vacacións. Lembrade que podedes contactar escribindo un correo a ceip.sanxose.obreiro@edu.xunta.es  Animádevos!

Estas son as actividades para hoxe:

MATEMÁTICAS:

Imos seguir co repaso. Hoxe tócalle ás porcentaxes.

Cando rematedes de ler e estudar esa páxina, deberedes facer as actividades 36,37,38, 39, 40 e 41 

LENGUA CASTELLANA:

Lee o escucha este texto: "El día en que desapareción tía Marga".

Luego haz las actividades 1, 2, 5, 6 y 8.

LINGUA GALEGA:

Actividade interactiva: Reescribe as seguintes oracións poñendo, cando sexa necesario, os tiles.

SOCIAIS
 

- Busca na Internet vídeos de anuncios publicitarios de grandes marcas. Analiza a súa mensaxe, detecta e anota  algunhas promesas que despois non se fan realidade.

 

- Por exemplo, cres que se bebes un determinado refresco serás máis feliz? Ou se calzas unhas bambas dunha marca concreta serás o máis rápido ou rápida do mundo?

Distribuir contido


by Dr. Radut