Skip to Content

4º Curso

FIN DE CURSO 4º B

O alumnado de 4º B e 5º B interpretaron a canción "Somewhere Over the Rainbow". Gustounos moito! FELIZ VERÁN!

FIN DE CURSO 4º A

O alumnado de 4º A interpretou o baile Terra. Deixáronnos abraiados! FELIZ VERÁN!

Todo é un conto

Como ben sabedes é a última obriña de teatro que imos facer xuntos. Foi un pracer traballar con vós, sodes uns verdadeiros artistas. Moita sorte, bicos!!

 

Inicio do curso 2020/2021

Ola a todas e a todos! 

Para o comezo deste curso 20/21 tan atípico, estiven programando unhas reunións con todos os pais e nais para o martes día 8, no que se dará información acerca dos detalles máis importantes para o inicio das clases.

Para todos aqueles e aquelas que non poidades acudir á reunión, vou pasar a salientar o máis importante:

- Cada neno ou nena ten que traer unha máscara de reposto gardada na mochila nunha funda ou pequeno sobre.
- O comezo das clases é o venres día 11 de setembro.
- A aula de 4º será a que tiveron o ano pasado.
- A hora de entrada será de 8:55 a 9:05 POLA PORTA LATERAL.
- A hora de saída será coma sempre ás 14:00 POLA PORTA PRINCIPAL.
- Prégase máxima puntualidade á hora de recoller o neno ou nena á saída, xa que unha vez fóra do recinto non poden volver entrar.
 
Saúdos!

Lista material para este curso 2020/2021

 

  • Importante: Unha máscara de reposto gardada nun sobre ou funda dentro da mochila.

 

  • Un estuche ou  caixa de plástico.

  • Lápis “Staedtler” HB2

  • Bolígrafo azul e vermello

  • Goma de borrar

  • Sacapuntas con depósito

  • Tesoira de punta redonda

  • Pegamento de barra

  • Unha regla de 30 cm.

  • Un compás

  • Unha caixa de ceras Plastidecor

  • Unha caixa de rotuladores

  • Unha carpeta tamaño folio.

  • Unha libreta grande cuadriculada con marxe e espiral (matemáticas).

  • Tres libretas grandes de doble pauta con marxe e espiral (Galego, castelán, CCNN/CCSS)

  • Música: Unha carpeta tamaño folio y una flauta.

  • Relixión: Unha carpeta tamaño folio.

  • Inglés: Unha libreta de doble pauta con marxe e espiral.

 

O colexio dará unha axenda nova a cada alumno e alumna.

Desta lista de material recoméndase aproveitar todo aquilo que teñan do curso pasado. No caso de que fixese falta algún outro material, avisaríase aos nenos e nenas con tempo.

Un saúdo!

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

 

 

TAREFAS XOVES 18 XUÑO

Esta semana rematamos este curso tan diferente e especial. Se estivésemos na aula o venres estaríamos de festa e non faríamos fichas e iso imos  respetalo para que o poidades celebrar ao voso xeito dende a casa. Non nos imos a despedir porque xa nos vemos todos en setembro. Disfrutade moito no verán para volver con moitas ganas de traballar. Antes de nada imos recordarvos unhas cousiñas moi importantes: 

- O venres 19 de xuño a partir das 2 da tarde publicaremos no abalar móbil as notas finais. Se alguén non pode entrar na aplicación podedes escribirnos ao correo segundocmeicende@gmail.com e xa volas enviamos.

- Tamén o venres 19 de xuño é o último día para presentar na secretaría do Centro a solicitude de axuda de libros e material escolar. Para ter dereito a esta axuda tedes que devolver os libros que teñades deste curso o xoves 25 de xuño de 10 á 12 da mañá.

- O venres 26 de xuño estaremos no Centro de 10 á 1 para as familias que queirades unha titoría antes de que remate o curso, previa cita escribindo ao correo segundocmeicende@gmail.com.

- Nos próximos días publicaremos no apartado de Biblioteca unhas recomendacións de lectura para o verán.

Agora imos coas últimas actividades deste curso:

MATEMÁTICAS: Ejercicios de repaso 9, 10, 13, 14, 15 y 16.

LENGUA CASTELLANA: Ejercicios 40 y 42.

LINGUA GALEGA: Traballamos con un pouquiño de todo.

SOCIAIS: Oracións verdadeiras e oracións falsas.

 

Seguro que xa vos distes conta porque non vos deixa acceder, pero rematou tamén o curso de Smartick. Se queredes repasar algo no verán deixámosvos uns enlaces duns libros dixitais:

MATEMÁTICAS

LENGUA CASTELLANA

LINGUA GALEGA

NATURAIS

SOCIAIS

 MOITO ÁNIMO E FELICES VACACIÓNS!!!!

TAREFAS MÉRCORES 17 DE XUÑO

MATEMÁTICAS: Ejercicios 1,2, 5, 6 y 8 de repaso.  

LENGUA CASTELLANA: Uso de la letra "b". Fíjate en que palabras se escriben con "b" y realiza los ejercicios 19, 20 y 21.

LINGUA GALEGA: Repasamos as regras de acentuación e facemos os exercicios 13,14 e 15.

NATURAIS: Repaso xeral: facemos os exercicios 1,2,3,4,5,6,8,9,10 e 12.

TAREFAS MARTES 16 XUÑO

MATEMÁTICAS: Ficha de problemas.

LENGUA CASTELLANA: Los pronombres personales: fíjate bien en el cuadro y luego realiza los ejercicios 13, 15, 16 y 17.

LINGUA GALEGA: Ortografía do "x", "ll" e "i". Lemos o texto e facemos os exercicios do 13 ao 16.

SOCIAIS: Repasamos os sectores económicos e facemos os exercicios 7, 8 e 9.

PLÁSTICA: La ficha del verano.

TAREFAS LUNS 15 DE XUÑO

Ola nenos/as! Comezamos a última semana do curso, xa queda moi pouquiño para estar de vacacións... Ánimo! O día  para devolver os libros deste curso que teñades na casa é o  xoves 25 de xuño de 10 á 12 da mañá. Ten que vir un adulto a entregalos ao Centro. Non vos olvidedes, é moi importante! Agora imos coas actividades:

MATEMÁTICAS: Sesión Smartick. Ficha de cálculo.

LENGUA CASTELLANA: Repasamos los determinantes posesivos y el uso de la "h": ejercicios 38 y 39.

LINGUA GALEGA: Os adverbios. Lemos o texto e facemos os exercicios 7, 8, 10 e 11

NATURAIS: Facemos unha ficha duns bloques de preguntas.

VALORES: La escalera del poder.

Distribuir contido


by Dr. Radut