Skip to Content

TAREFAS XOVES 18 XUÑO

Esta semana rematamos este curso tan diferente e especial. Se estivésemos na aula o venres estaríamos de festa e non faríamos fichas e iso imos  respetalo para que o poidades celebrar ao voso xeito dende a casa. Non nos imos a despedir porque xa nos vemos todos en setembro. Disfrutade moito no verán para volver con moitas ganas de traballar. Antes de nada imos recordarvos unhas cousiñas moi importantes: 

- O venres 19 de xuño a partir das 2 da tarde publicaremos no abalar móbil as notas finais. Se alguén non pode entrar na aplicación podedes escribirnos ao correo segundocmeicende@gmail.com e xa volas enviamos.

- Tamén o venres 19 de xuño é o último día para presentar na secretaría do Centro a solicitude de axuda de libros e material escolar. Para ter dereito a esta axuda tedes que devolver os libros que teñades deste curso o xoves 25 de xuño de 10 á 12 da mañá.

- O venres 26 de xuño estaremos no Centro de 10 á 1 para as familias que queirades unha titoría antes de que remate o curso, previa cita escribindo ao correo segundocmeicende@gmail.com.

- Nos próximos días publicaremos no apartado de Biblioteca unhas recomendacións de lectura para o verán.

Agora imos coas últimas actividades deste curso:

MATEMÁTICAS: Ejercicios de repaso 9, 10, 13, 14, 15 y 16.

LENGUA CASTELLANA: Ejercicios 40 y 42.

LINGUA GALEGA: Traballamos con un pouquiño de todo.

SOCIAIS: Oracións verdadeiras e oracións falsas.

 

Seguro que xa vos distes conta porque non vos deixa acceder, pero rematou tamén o curso de Smartick. Se queredes repasar algo no verán deixámosvos uns enlaces duns libros dixitais:

MATEMÁTICAS

LENGUA CASTELLANA

LINGUA GALEGA

NATURAIS

SOCIAIS

 MOITO ÁNIMO E FELICES VACACIÓNS!!!!

AdxuntoTamaño
LINGUA GALEGA ficha 16 pdf.pdf52.94 KB
SOCIAIS ficha 10 pdf.pdf46.05 KB


page | by Dr. Radut