CEIP San Xosé Obreiro
Este ano a Real Academia Galega dedícalle a Francisco Fernández del Riego o Día das Letras Galegas.
Aquí tedes diferentes recursos educativos para coñecer mellor a súa vida e obra. Recomendarvos:
A páxina do Seminario Galán, con gran variedade de xogos interactivos, actividades en papel, escolma de textos...
A páxina “Primavera das Letras”:
Destacar este fermoso filme “A orixe da nosa lingua guapa” producido pola Real Academia Galega a partir dunha idea de Fina Casalderrey.
E a canción do libro-disco LINGUA GUAPA, Cantos que Contan, de Fina Casalderrey e Néstor Blanco, publicado pola Editorial Galaxia.
O Portal da Lingua Galega:
Estimadas familias:
Como cada ano felicitámosvos as festas coas postais gañadoras. Feliz 2023!!
Para rematar este curso, os nenos e nenas de 4 anos ensínannos as cores!
Comezamos este mes de xuño coa explicación que nos fan os alumnos e alumnas de primeiro dos refráns dos meses do ano. Fixérono de marabilla!!
Esta vez os nenos e nenas de 5 anos explícannos cal é o nome das froitas! Debemos comer moitas para gozar de boa saúde.
Vemos agora a vida de Xela Arias a través de pictogramas
Xela Arias
Tamén Samuel Soto compón esta peza coa vida e obra de Xela.
Este ano a autora homenaxeada polo día das Letras Galegas é Xela Arias, propoñémosvos unha viaxe polos versos de Xela da man da Banda da Loba, grupo de música galega. Pinchade nos enlaces:
Seguimos coa nosa iniciativa de coñecer un pouquiño máis a nosa lingua. Este mes tocoulle a 3ºB.
Este mes é cuarto quen nos deleita coa súa explicación dos nomes dos animais. Estade moi atentos!