Skip to Content

3º Curso

FIN DE CURSO

O alumnado de 3º recitáronnos refráns do mes de xuño para deixarnos un bo sabor de boca. FELIZ VERÁN!

Os magos de 3º A

https://youtu.be/L6d3KzhMcZU

En busca do tesouro

Rematamos o curso con esta marabillosa actuación dos nenos e nenas de 3ºA.

HORARIO ( pequeno cambio )

Boas tardes, houbo un pequeno erro no horario anterior, aquí vai o correxido.

3º B. LISTA DE MATERIAL

Bo día familias! Velaí vos deixo A LISTA DE MATERIAL para este curso.

Horario 3ºA

Estimadas familias, benvidos a un novo curso. Aquí vos deixo material e o horario  de 3ºA para este ano escolar 2020-2021.

 

Recomendacións verán

Bo día familias,

 

Damos por finalizado xa este intenso e curioso curso escolar. É unha mágoa que non poidamos despedirnos doutro xeito… Agora, é o momento de desfrutar das merecidas vacacións e así poder volver en setembro con máis ganas.

 

A continuación, déixovos clasificados unha serie de recursos e cuadernillos que poden servirvos para repasar algúns dos conceptos abordados durante o curso.

 

- Un caderno interdisciplinar centrado na comprensión lectora, no cálculo e na resolución de problemas matemáticos. 

 

- Un caderno de lingua castelá: expresión escrita, gramática, ortografía, (cuaderno lengua la salle).

 

- Unhas fichas sobre lingua galega.

 

- Un caderno de matemáticas: cálculo e resolución de problemas.

 

- Outro caderno de lingua castelá onde agrupa o repaso en diferente categorías: adxectivos, palabras derivadas, ortografía “m, p, b”, sinónimos e antónimos, os número ordinais e cardinais… etc.

 

- Fichas interactivas para repasar diversos conceptos de lengua

 

- Fichas interactivas de matemáticas (cálculo, cálculo mental, problemas)

 

- Un caderno con múltiples tarefas de comprensión lectora.

 

Déixovos tamén por aquí unha páxina con diferentes manualidades para facer cos vosos fillos/as: https://www.conmishijos.com/ocio-en-casa/manualidades-para-ninos.html

 

 

 

Unha páxina onde poderedes atopar manualidades, debuxos para colorear e algúns xogos para imprimir: http://www.interpeques2.com/trabajos/manualidades/_manualidades.htm

 

Un blog con diferentes experimentos científicos: http://somontevictor.blogspot.com/2011/01/experimentos-de-ciencias-para-ninos.html

 

 

Unha páxina web onde poderedes atopar contos, chistes, xogos, debuxos e moitos outros recursos, moitos deles agrupados por cursos e asignaturas: https://www.mundoprimaria.com/

 

Outra páxina web con diferentes xogos agrupados tamén por cursos e materias: https://vedoque.com/sec.php?s=3

 

Varias propostas sobre xogos de mesa educativos que podedes incluir no voso tempo de ocio:

https://bebeamordor.com/2017/12/05/efecto-ludico-juegos-por-curso-3o-primaria-8-anos/

 

Un xogo de retos divertidos para “matar o tempo”.


Por outra banda, déixovos algunhas recomendacións lectoras para aproveitar o tempo durante o verán. Son bastantes e moi variadas, co obxectivo de adaptarse aos distintos procesos de desenvolvemento que presenta o alumnado.

Lembrade que soamente son propostas; o ritmo, a autonomía e o gusto dos vosos fillos/as determinará cal será para eles/as a lectura ideal. 

  • Una terrible palabra de nueve letras. Autor: Pedro Maña.

  • O raposo e a mestra. Autor: Manuel Rivas

  • Crocodilo namorado. Autora: Daniela Kulot

  • Esmeralda y yo. Autora: Juana Cortés Amunarriz.

  • Cuentos en verso para niños perversos. Autor: Roald Dahl.

  • Cuentos por teléfono. Autor: Gianni Rodari.

  • Las aventuras del capitán calzoncillos: Dav Pilkey.

  • 27 historias para tomar a sopa. Autora: Úrsula Wolfel.

  • Clementina. Autora: Sara Pennypacker.

  • Caperucita Roja, Verde, Amarilla, Azul y Blanca. Autores: Bruno Munari y Enrica aAgostinelli.

  • La espía que flipaba con la comida del cole. Autora: Pamela Butchart.

  • Oso Atrapabolboretas. Autoras: Susanna Isern & Marjorie Pourchet.

  • Mi vida como un cuento. Autor: Janer Tashjian.

  • Abuelita Opalina Autora: María Puncel.

  • Emma no quiere dormir. Autora: Susie Morgenstern.

  • Unha feliz catástrofe. Autora: Adela Turín.

  • ¡Qué asco de bichos! El Cocodrilo Enorme. Autor: Roald Dahl.

  • No soy perfecta. Autor: Jimmy Liao.

  • Tres con Tango. Autores: Justin Richardson, Peter Parnell.  

  • Artur e Clementina Autora: Adela Turín.

  • Os petos de Loreto. Autor: Quentin Blake.

  • Escarlatiña e a cociñeira defunta. Autora: Ledicia Costas.

  • Amigos del alma. Autora: Elvira Lindo.

  • Eu non fun. Autor: Christian Voltz.

  • LilyMegamosca. Autor: Pep Brocal.

  • No me han invitado al cumpleaños. Autora: Susanna Isern.

  • El extraño caso dela rata apestosa. Autor: Gerónimo Stilton.

  • Bechopoemas e outras bestas. Autora: Leire Bilbao.

  • Mortiña. Autora: Bárbara Cantini.

  • Cecilia Van Helsing. Autor: Julio Alberto Serrano Chocano. 

  • Rosa está hecha un lío. Autor: Juan Carlos Chandro.

  • Boa Sorte. Autora: María Solar.

  • O cazo de Lorenzo. Autora: Isabelle Carrier. 

  • Orellas de bolboreta. Autora: Luisa Aguilar. 

  • Canto te quero, profe! Autoras: Paloma Rodríguez e Cristina Justo.

  • Nin un biquiño a forza. Autoras: Marion Mebes, Lydia Sandrock. 

  • Unha chea de familias. Autor: Xosé Antonio Neira Cruz.

  • ¡En familia! Autora: Alexandra Maxeiner.

Recomendacións para as familias no eido da lectura:

 

 

- Rodea ao teu fillo de libros. Trata de manter libros na túa casa para que o teu fillo lea. Os libros comprados en librerías poden ser caros, pero lembra que sacar libros prestados da biblioteca do concello, non custa nada!

 

- Permite que o neno elixa os seus propios libros. Ler o que lle interesa é unha forma de promover o hábito da lectura.

 

- Anima ao teu fillo/a para ler outro libro. Se lle gusta un libro, busca outro cun tema similar ou do mesmo autor.

 

- Túrnate para ler. Pídelle que che lea en voz alta todos os días. Así, poderédesvos turnar: ti les unha páxina e o neno a seguinte.

 

- Crea conexións coa vida do teu fillo/a. Axúdalle a conectar o que le nos libros co que ocorre na vida. Se len un libro sobre a familia, menciona por exemplo en que se parece ou se diferencia o que ocorre no conto ao que ocorre na súa familia.

 

- Incentiva ao neno para ler. Anima ao teu neno para ler á hora de deitarse. Ofrécelle escoller entre ler ou durmir. A maioría dos nenos/as elixe ler, a condición de que non se lles ofreza algo máis tentador (como a televisión).

 

- Trata distintos tipos de libros e revistas. Anima ao teu fillo para ler distintos tipos de libros, artigos ou contos. Hai revistas que os nenos poden ler, pero ollo! revisa antes o seu contido e empeza a ensinar aos nenos para ler dunha forma crítica e reflexiva.

 

- Leva ao teu fillo a contacontos, teatros, librerías, bibliotecas públicas, exposicións, actos culturais, etc.

 

 

Sen máis, espero que aproveitedes e desfrutedes moito das vacacións!

 

Un bico moi grande. 

Alejandra.

Calificacións e outros asuntos de importancia

Bo día familias! Agardo que continuedes todos/as ben.

A continuación, déixovos por aquí uns avisos importantes que debedes ter en conta: 

- O venres 19 de xuño a partir das 2 da tarde publicaremos no abalar móbil as notas finais. Se alguén non pode entrar na aplicación podedes escribirme ao correo (3sanxoseobreiro@gmail.com)  para que volas envíe. 

- Tamén o venres 19 de xuño é o último día para presentar na secretaría do Centro a solicitude de axuda de libros e material escolar. Para ter dereito a esta axuda tedes que devolver os libros que teñades deste curso o xoves 25 de xuño de 10 á 12 da mañá.

O venres 26 de xuño estarei no centro de 10:00 a 13:00 para as familias que queirades unha titoría antes de que remate o curso, previa cita escribindo ao correo (3sanxoseobreiro@gmail.com). 

- Nos próximos días publicaremos no apartado de biblioteca unhas recomendacións de lectura para o verán.

 

Un saúdo, 

Alejandra. 

Aviso!

Bo día familias!

 

Un aviso sobre dúas cousas:

 

1º: A videochamada de pola tarde é ás 16:30, tal e como vos comentei no mail. Dígovolo porque no correo que vos envía o propio programa aparece ás 17:30 e non é esa a hora. 

 

2º: Houbo un erro pola miña parte ao subir as tarefas de Naturais do xoves. Son estas que vos deixo por aquí. Tedes que perdoar polas molestias.

 Quedo a vosa disposición no mail por se tedes algunha dúbida.

Un saúdo, 

Alejandra. 

Titorial videochamada

Bo día familias, 

 Déixovos por aquí o titorial que vos comentei, que aclara un pouquiño mellor o xeito de acceder ás videochamadas do xoves. Botádelle un ollo por se tedes algunha dúbida. 

 

 Moito ánimo!

Alejandra. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut