Skip to Content

Calificacións e outros asuntos de importancia

Bo día familias! Agardo que continuedes todos/as ben.

A continuación, déixovos por aquí uns avisos importantes que debedes ter en conta: 

- O venres 19 de xuño a partir das 2 da tarde publicaremos no abalar móbil as notas finais. Se alguén non pode entrar na aplicación podedes escribirme ao correo (3sanxoseobreiro@gmail.com)  para que volas envíe. 

- Tamén o venres 19 de xuño é o último día para presentar na secretaría do Centro a solicitude de axuda de libros e material escolar. Para ter dereito a esta axuda tedes que devolver os libros que teñades deste curso o xoves 25 de xuño de 10 á 12 da mañá.

O venres 26 de xuño estarei no centro de 10:00 a 13:00 para as familias que queirades unha titoría antes de que remate o curso, previa cita escribindo ao correo (3sanxoseobreiro@gmail.com). 

- Nos próximos días publicaremos no apartado de biblioteca unhas recomendacións de lectura para o verán.

 

Un saúdo, 

Alejandra. 



page | by Dr. Radut