Skip to Content

3º Curso

Tarefas xoves 2

Bo día familias! Antes de nada, comparto con vós uns vídeos do voso compañeiro Diego nestes días de corentena https://www.youtube.com/watch?v=qBo2TfrRL1g Parece que vos bota de menos...

Se queredes, podedes enviarme vós tamén como o estades a pasar nestes días!

Déixovos por aquí as tarefas do xoves.

Lingua Galega: continuaremos traballando a comprensión lectora a través dun tema tan imporante como é o coidado e o respecto polos animais.

Valores Sociais e Cívicos: no seguinte documento explícanse con detalle as tarefas a desenvolver.

Ciencias Naturais: onte, na materia de Ciencias Naturais falábamos sobre a función de relación nos seres humanos.

Xa sabemos que, a través dos sentidos, percibimos o que ocorre na nosa contorna e gracias ao sistema nervioso e ao aparato locomotor somos capaces de reaccionar ante o que vemos, oimos…

Agora, teredes que facer uns exercicios do libro sobre a función de relación nos animais. Páxina 19, exercicio 1,2 e 3.

Tamén vos deixo por aquí un vídeo https://www.youtube.com/watch?v=6-OUPNNb6Fc onde se pode ver o tempo de xestación de diferentes animais.

No exercicio tres, na libreta, escribide tamén as seguintes preguntas con referencia ao vídeo:

- Cal é o dato que máis che sorpendeu?

- Se un ano ten 12 meses, cantos anos está embarazada a xirafa? E as orcas?

 

Para o alumnado con adaptación curricular:

 

Lingua Galega: teredes que realizar unhas fichas sobre os elementos presentes nas cidades e practicar un pouco a expresión escrita.

Ciencias Naturais: onte, na materia de Ciencias Naturais falábamos sobre a función de relación nos seres humanos.

Xa sabemos que, a través dos sentidos, percibimos o que ocorre na nosa contorna e gracias ao sistema nervioso e ao aparato locomotor somos capaces de reaccionar ante o que vemos, oimos…

Agora, teredes que facer uns exercicios do libro sobre a función de relación nos animais. Páxina 19, exercicio 1,2 e 3.

Tamén vos deixo por aquí un vídeo https://www.youtube.com/watch?v=6-OUPNNb6Fc onde se pode ver o tempo de xestación de diferentes animais.

No exercicio tres, na libreta, escribide tamén as seguintes preguntas con referencia ao vídeo:

- Cal é o dato que máis che sorpendeu?

- Se un ano ten 12 meses, cantos anos está embarazada a xirafa? E as orcas?

Tarefas mércores 1

Bo día familias, 

envíovos, a continuación, as tarefas do mércores 1. Espero que todos e todas sigades ben!

Matemáticas: teredes que realizar uns exercicios do libro. Da paxina 142 (a que vos enviei onte) os exercicios 8,9 e 11 e da páxina 143 os exercicios 12 e 13.

Lingua Galega: unha ficha para seguir traballando a comprensión lectora

Ciencias Naturais: As fichas que vos envío fan referencia aos sentidos. Lembrades que os sentidos están moi relacionados coa función de relación? Pensade cando falábamos na clase o que ocorría cando nos queimábamos na cociña, ou se viamos algún animal perigoso pola rúa…

Neste video podedes observar outro exemplo similar aos que puxemos na aula https://www.youtube.com/watch?v=mSV7zD_3l0U e tamén vos axudará a comprender mellor a función de relación.

É recomendable que lle botedes un ollo antes de facer as fichas sobre os sentidos. 

En relación aos traballos que me ides enviando: estounos a recibir pouco a pouco e, aínda que non sexa de inmediato, ireivos contestando. Moitas gracias pola colaboración! 

Para o alumnado con adaptación curricular

Matemáticas: déixovos unha ficha para seguir traballando as series ascendentes ascendentes e descendentes e o cálculo mental, a relación entre a resta e a suma e resolución dun problema

Lingua Galega: déixovos dúas fichas para repasar o uso do “g” e “gu” e tamén para escribir unhas pequenas instrucións sobre o transplante dunha planta.

 

Ciencias Naturais: As fichas que vos envío fan referencia aos sentidos. Lembrades que os sentidos están moi relacionados coa función de relación? Pensade cando falábamos na clase o que ocorría cando nos queimábamos na cociña, ou se viamos algún animal perigoso pola rúa…

Neste video podedes observar outro exemplo similar aos que puxemos na aula https://www.youtube.com/watch?v=mSV7zD_3l0U e tamén vos axudará a comprender mellor a función de relación.

É recomendable que lle botedes un ollo antes de facer as fichas sobre os sentidos. 

 

En relación aos traballos que me ides enviando: estounos a recibir pouco a pouco e, aínda que non sexa de inmediato, ireivos contestando. Moitas gracias pola colaboración! 

 

Tarefas martes 31

Bo día familias,

envíovos a continuación as tarefas do martes.

En Matemáticas, continuamos a repasar cousas que xa vimos neste trimestre. Concretamente, da páxina 112 (a que vos enviei onte)  faremos o exercicio dous. E da páxina 142, os exercicios 4,5, 6 e 7. Recordade poñer os tres apartados nos problemas: datos, operacións e solución.

 

En Lingua Castelá: esttuve pensando en hacer un pequeño juego de adivinanzas, muy parecido a lo que hicimos en clase con vuestras fotos de cuando erais pequenitos/as. ¿Os acordáis?

La idea es que todos y todas me envieis un autoretrato, es decir, una descripción de vosotros mismos, pero en las descripciones no puede aparecer vuestro nombre.

Cuando tenga todas las descripciones, las reuniré todas en un documento y os lo subiré a la página del cole. Vosotros tendréis que leer las descripciones de todos vuestros compañeros y compañeras e intentar adivinar a quien pertenece cada una y anotarlo en otro documento que ya os enviaré.

Cuando me lo enviéis cubierto, subiré a quien pertenece cada descripción y podréis averiguar cuantas habéis acertado!

Recordad: de momento, tan solo tendréis que elaborar vuestro autorretrato y enviármelo. 

Os dejo mi correo por si alguno/a de vosotros/as no lo tiene: alejandra.lopez.lopez@edu.xunta.es 

Ya sabemos lo que significa describir a alguien: decir como es. No debemos hablar solo de nuestro aspecto físico (alta, baja, morena, rubia…) sino que también tenemos que hablar de nuestro carácter (risueña, amable, sociable, tímida, cariñosa, bondadosa, estudiosa, trabajadora, sensible,vergonzosa, graciosa, vaga… ) y podremos incluir también las cosas que nos gustan y nuestras aficciones.

Aquí os dejo un documento que os ayudará a organizar vuestros autoretratos!

Los podéis escribir en vuestra libreta de lengua, en un folio o también en un documento en el ordenador.

Si no tenéis tiempo el martes, no os preocupéis. Podréis enviármelos a lo largo de la semana.

 

Ciencias Sociais: envíovos unha ficha sobre o transporte nas cidades.

 

Para o alumnado con adaptación curricular:

Matemáticas: neste documento continuamos repasando os números pares e impares e tamén o cálculo mental

Lingua Castela: déixovos unha ficha para repasar o xénero e o número dos sustantivos, as palabras con “c” e “z” e un exercicio de razoamento lóxico.

Ciencias Sociais: envíovos unha ficha sobre o transporte nas cidades.

 

 

Tarefas luns 30

Bo día familias!

Antes de nada, espero todo esté indo ben nestes días. Déixovos, a continuación, as tarefas do luns. 

Matemáticas: desta vez, na área de Matemáticas, imos facer un pequeno repaso dalgunhas cousas que xa vistas durante o curso. Concretamente, da páxina 112, teredes que facer os exercicios 3,4,5 e 6.

Para o exercicio 6 déixovos esta plantilla que empregábamos na aula para que fose máis sinxelo identificar a que millar se aproximaba máis o número. Xa tedes ahí un exemplo sobre como deben estar colocados os números. Recordade que.. “unha vez que un número chega arriba de todo, cústalle moi pouquiño baixar”.

Se xa o sabedes facer directamente, non tedes porqué completar a plantilla.

Por certo, noraboa a todos/as os que estades a facer Smartick! Xa vexo que tedes moi bos resultados e moitos de vós estades acadando diplomas. Que ben! 

Lingua Galega: como supoño que durante estes días estades aburridos/as e tedes moito tempo libre, o traballo en lingua será escribir e elaborar unha receita! Envíovos aquí o formato co que fixemos as nosas receitas na aula.

A receita pode ser do que queirades: unha sobremesa, a comida do xantar, da cea, unha merenda… A idea é que todos fagamos a nosa receita para enviarma por correo electrónico e despois eu poder compartir con vós todas as creacións! Deste xeito, tamén teredes máis ideas sobre receitas para elaborar vós mesmos/as.

Para enviarma, tedes dúas opcións:

1. Escribir directamente no ordenador e enviarma ao correo electrónico ou…

2. Escribila nunha folla ou na libreta, escanealo e mandarmo por correo electrónico.

Se queredes, podedes achegar tamén algunha foto de como quedou a vosa creación, de vós mesmos/as cociñando, do proceso de elaboración... 

Para escribir a receita, recordade empregar correctamente o punto, as maiúsculas, as comas, os dous puntos… No apartado da elaboración, recordade tamén usar conectores, palabras como: primeiro, en primeiro lugar, despois, en segundo lugar, mentres tanto…

Se tedes algunha dúbida coa escritura das palabras, xa sabedes que tedes dispoñible o dicionario da Real Academia Galega: https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/ Aquí poderedes consultar se esa palabra existe, a forma correcta da mesma e tamén ofrécevos varios sinónimos que podedes empregar.

Á hora de enviarmo, se o facedes con axuda, fixádevos ben nos apartados que ten o correo electrónico, que xa vimos na clase. Deste xeito, tamén repasamos este formato.

- A dirección á que o tedes que enviar.

- O asunto: palabras chave que nos axudan a identificar o máis importante da nosa mensaxe.

- O corpo: o saúdo, a propia receita, a despedida.

Mirade, eu onte fixen unha sobremesa: brownie con froitos secos. Ten boa pinta, verdade? 

Agardo as vosas!

 

Ciencias Naturais: Para aproveitar e repasar tamén o estudado sobre a alimentación en Ciencias Naturais, deberedes anotar os ingredientes que empregastes para realizar a receita e indicar que tipo de nutrientes nos achegan. Por se non recordades ben ou tedes algunha dúbida, déixovos tamén a foto que tedes no resumo do tema.

 

Para o alumnado con adaptación curricular:

Matemáticas: levades para repasar unha ficha sobre os números pares e impares, sobre a descomposición e a escritura de números e tamén sobre a resolución de problemas. 

Por certo, noraboa a todos/as os que estades a facer Smartick! Xa vexo que tedes moi bos resultados e moitos de vós estades acadando diplomas. Que ben! 

Lingua Galega: como supoño que durante estes días estades aburridos/as e tedes moito tempo libre, o traballo en lingua será escribir e elaborar unha receita! Envíovos aquí o formato co que fixemos as nosas receitas na aula.

A receita pode ser do que queirades: unha sobremesa, a comida do xantar, da cea, unha merenda… A idea é que todos fagamos a nosa receita para enviarma por correo electrónico e despois eu poder compartir con vós todas as creacións! Deste xeito, tamén teredes máis ideas sobre receitas para elaborar vós mesmos/as.

Para enviarma, tedes dúas opcións:

1. Escribir directamente no ordenador e enviarma ao correo electrónico ou…

2. Escribila nunha folla ou na libreta, escanealo e mandarmo por correo electrónico.

Se queredes, podedes achegar tamén algunha foto de como quedou a vosa creación, de vós mesmos/as cociñando, do proceso de elaboración... 

Para escribir a receita. Recordade empregar correctamente o punto, as maiúsculas, as comas, os dous puntos… No apartado da elaboración, recordade tamén usar conectores, palabras como: primeiro, en primeiro lugar, despois, en segundo lugar, mentres tanto…

Se tedes algunha dúbida coa escritura das palabras, recordade que tedes dispoñible o dicionario da Real Academia Galega: https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/ Aquí poderedes consultar se esa palabra existe, a forma correcta da mesma e tamén ofrécevos varios sinónimos que podedes empregar.

Á hora de enviarmo, se o facedes con axuda, fixádevos ben nos apartados que ten o correo electrónico, que xa vimos na clase. Deste xeito, tamén repasamos este formato.

- A dirección á que o tedes que enviar.

- O asunto: palabras chave que nos axudan a identificar o máis importante da nosa mensaxe.

- O corpo: o saúdo, a propia receita, a despedida.

Mirade, eu onte fixen unha sobremesa: brownie con froitos secos. Ten boa pinta, verdade? 

 Agardo as vosas!

Ciencias Naturais: Para aproveitar e repasar tamén o estudado sobre a alimentación en Ciencias Naturais, deberedes anotar os ingredientes que empregastes para realizar a receita e indicar que tipo de nutrientes nos achegan. Por se non recordades ben ou tedes algunha dúbida, déixovos tamén a foto que tedes no resumo do tema.

 

Tarefas venres 27

Bo día familias, déixovos aquí as tarefas para o venres.

Na área de Matemáticas: levades unha ficha para repasar as divisións con ceros no cociente e tamén uns exercicios do libro sobre as fraccións. Concretamente, da páxina 116, os exercicios 1 e 2 e da páxina 117 os exercicios 3 e 4. No exercicio tres indicade tamén cal é o numerador e o denominador de cada fracción.

No referente as divisións, por se non nos lembramos como se fan ou temos algunha dúbida, déixovos aquí as fases que seguimos na clase.

484: 6


Lo primero que tenemos que preguntar:
- ¿Puedo repartir cuatro caramelos entre seis niños? No
- Entonces cojo la siguiente cifra
- ¿Puedo repartir 48 caramelos entre seis niños? Si
- ¿Qué número multiplicado por seis me da 48 o se acerca , sin pasarse? El 8
- Del cuarenta y ocho al cuarenta y ocho van cero. 
- ¿Acabé la división? No
- Bajo el siguiente número (4). 
- ¿Puedo repartir cuatro caramelos entre seis niños? No 
- Entonces.. decimos "CERO AL COCIENTE Y BAJO LA CIFRA SIGUIENTE"
- ¿Hay cifra siguiente? No, entonces cuatro es el resto. 

837:4

Lo primero que tenemos que preguntar:
- ¿Puedo repartir ocho caramelos entre cuatro niños? Si
- ¿Qué número multiplicado por 4 me da 8? 2
- ¿Acabé la división? No
- Bajo el siguiente número (3)
- Puedo repartir tres caramelos entre cuatro niños? No
- Entonces decimos...  "CERO AL COCIENTE Y BAJO LA CIFRA SIGUIENTE" (bajo el 7)
- ¿Qué número tengo ahora? El 37
- ¿Puedo repartir 37 caramelos entre cuatro niños? Si 
- ¿Qué numero multiplicado por 4 me da 37 o se acerca, sin pasarse? El 9.
- Del 36 al 37 van... 1.
- ¿Tengo que bajar algún número más? No
- Acabé la división? Si
- Uno es el resto. 

 

No eido das fraccións, déixovos aquí un vídeo que repasa algúns conceptos que xa vimos na clase: https://www.youtube.com/watch?v=c9cTIjBqFTw

 

Na área de Lingua Galega: teredes que facer unha descrición dalgún animal. Neste documento xa vos explico con máis profundidade

Na área de Lingua Castelá: levades unhas fichas para repasar os determinantes demostrativos (este, ese, aquel)

Na área de Educación Artística: déixovos aquí varias propostas para traballar dende a área de Educación Artística con materiais sinxelos que poderemos atopar facilmente na casa. https://www.escolaimaxinada.com/post/a-escola-creativa-en-tempos-de-euquedonacasa---la-escuela-creativa-en-tiempos-de-yomequedoencasa

Botádelle un ollo e elaborade a que máis vos guste!

Eu, propóñovos a lámpada de papel (https://www.escolaimaxinada.com/post/a-l%C3%A1mpada-de-papel-la-l%C3%A1mpara-de-papel ) ou o diorama (https://www.escolaimaxinada.com/post/dioramas-de-texturas) para o que poderedes crear a vosa propia poesía ou empregar algunha que coñezades.

Se estas propostas non vos convencen, déixovos tamén unha idea para elaborar figuriñas con pasta de sal creada na casa:

https://www.youtube.com/watch?v=R_DpDb4swPM&feature=youtu.be

Entretédevos moito e pasade unha boa fin de semana!

Moito ánimo.

 

Para o alumnado con adaptación curricular

Na área de Matemáticas: levades unha ficha para continuar traballando o cálculo mental, repasar os números ordinais e tamén uns problemas.

Na área de Lingua Galega: teredes que realizar unha ficha sobre os sustantivos en plural e tamén unha comprensión lectora

Na área de Lingua Castelá: levades unhas fichas para repasar as oracións interrogativas e exclamativas

 

Na área de Educación Artística: déixovos aquí varias propostas para traballar dende a área de Educación Artística con materiais sinxelos que poderemos atopar facilmente na casa. https://www.escolaimaxinada.com/post/a-escola-creativa-en-tempos-de-euquedonacasa---la-escuela-creativa-en-tiempos-de-yomequedoencasa

Botádelle un ollo e elaborade a que máis vos guste!

Eu, propóñovos a lámpada de papel (https://www.escolaimaxinada.com/post/a-l%C3%A1mpada-de-papel-la-l%C3%A1mpara-de-papel ) ou o diorama (https://www.escolaimaxinada.com/post/dioramas-de-texturas) para o que poderedes crear a vosa propia poesía ou empregar algunha que coñezades.

Se estas propostas non vos convencen, déixovos tamén unha idea para elaborar figuriñas con pasta de sal creada na casa:

https://www.youtube.com/watch?v=R_DpDb4swPM&feature=youtu.be

Entretédevos moito e pasade unha boa fin de semana!

Moito ánimo.

Tarefas xoves 26

Bo día familias, déixovos aquí as actividades do xoves: 

Na área de Lingua Galega: unha ficha de comprensión lectora e outra para repasar vocabulario sobre os animais, o uso do "m" ou "n", os antónimos e os diferentes tipos de oracións. 

 

Nas áreas de Ciencias Naturais e Ciencias Sociais teredes que ver dous vídeos e dar resposta ás cuestións que se plantexan neste documento 

 

Para o alumnado que asista a Valores Sociais e Cívicos: teredes que ver un vídeo e dar resposta ás preguntas que se indican neste documento. 

 

Recordade tamén facer Smartick!

 

Para o alumnado con adaptación curricular: 

Na área de Lingua Galega: dúas fichas sobre comprensión lectora e outra para repasar o uso do "c" e do "qu". 

 

Nas áreas de Ciencias Naturais e Ciencias Sociais teredes que ver dous vídeos e dar resposta ás cuestións que se plantexan neste documento 

 

Recordade tamén facer Smartick!

 

 

Tarefas mércores 25

Bo día familias, aquí van as actividades para o mércores 25. 

Matemáticas: unhas fichas para repasar o cálculo mental 

Lingua Castelá: unha ficha para repasar o uso do "g" e tamén un texto para continuar practicando a comprensión lectora. Xa vai explicado como facelo no pdf. 

 

Ciencias Sociais: teredes que ver un vídeo e dar resposta a unhas preguntas. Neste documento xa vos explico máis en profundidade. 

 

Para o alumnado con adaptación curricular

Matemáticas: unhas fichas para repasaar o cálculo mental

Lingua Castelá: unha ficha para repasar o abecedario, a separación das palabras en sílabas, a segmentación de oracións e tamén unha para mellorar a atención e a comprensión lectora 

Ciencias Sociais: teredes que ver un vídeo e dar resposta a unhas preguntas. Neste documento xa vos explico máis en profundidade. 

TAREFAS MARTES 24

 

Bo día familias.

Estas son as actividades para o martes 24.

Na área de matemáticas: unha ficha sobre o valor posicional das cifras e a resolución de problemas.

Na área de ciencias sociais: unha ficha para facer unha pequena entrevista a alguén do noso entorno. Aínda que ahí menciona aos avós/avoas, tamén pode ser dirixida aos pais/nais ou aos tíos/tías.

Na área de lingua: unha ficha para repasar o uso da coma, a separación de sílabas e a creación de descricións.

 

Para o alumnado con adaptación curricular:

Na área de matemáticas: unha ficha para repasar a escritura de números, a súa descomposición, realizar unhas sereis ascendentes e a resolución de varios problemas.

Na área de ciencias sociais: unha ficha para facer unha pequena entrevista a alguén do noso entorno. Aínda que ahí menciona aos avós/avoas, tamén pode ser dirixida aos pais/nais ou aos tíos/tías.

Na área de lingua: dúas fichas de comprensión lectora.

 

Deixóvos algúns xogos novos:

Un xogo para mellorar o cálculo mental: https://sumonhtml5.ludei.com/

 

Xogo da oca para repasar as táboas de multiplicar: https://www.aulapt.org/2019/02/07/juego-de-la-oca-para-repasar-las-tablas-de-multiplicar/

Outro xogo para mellorar o cálculo mental, neste caso, é necesario que a suma dos números colocados en todas as filas den como resultado o número que se indica https://primarygames.co.uk/pg2/powerlines/powerlines1.html

O bingo coas tablas de multiplicar https://www.aulapt.org/2018/02/27/jugamos-al-bingo-las-tablas-multiplicar-tabla-del-2/

 
 

ACTIVIDADES INGLÉS (Do 23 ao 27 marzo)

O mestre de inglés propón as seguintes actividades para esta semana:

- Repaso da lista de frases da unidade 2.

- Repaso dos números do 1 ao 20.

- Repaso da lista de verbos do 1 ao 25.

- Repaso do verbo "can".

- Repaso das lecturas da unidade 2 ( Students Book)

ACTIVIDADES MÚSICA

O mestre Juan Carlos propón  varios enlaces de páxinas onde podedes realizar distintas actividades a través de xogos, como practicar ritmos, repasar as figuras e os seus silenzos, as notas no pentagrama, as posicións na frauta... Ánimo!

Distribuir contido


by Dr. Radut