Skip to Content

3º Curso

TAREFAS LUNS 23

Bo día familias, deixovos, a continuación, o traballo do luns 23:

Na área de Matemáticas, envióvos unha ficha para repasar as catro operacións (suma, resta, multiplicación e división) e tamén algúns problemas. Recordade tamén facer Smartick. 

Na área de Lingua Galega, elaboraremos un correo electrónico, no pdf xa vos indico as instrucións a seguir. Cando volvamos a aula, poderemos leer os correos que escribistes.

Na área de Lingua Castelá envíovos unha pequena lectura de comprensión lectora que tamén nos permitirá repasar certos contidos da área de Naturais (as plantas).

Na área de Ciencias Naturais e continuando co tratado no tema anterior sobre a alimentación e os hábitos de vida saudables, envíovos unha ficha para repasar estes conceptos.

 

Ademais, recórdovos que fun actualizando o pdf dos recursos online: alí poderedes atopar un truquiño para aprender a táboa do nove, algúns xogos novos, unha obra de teatro para ver en Youtube e algunhas propostas para favorecer a expresión oral no fogar.

 

 

Para o alumnado con ACS:

Na área de matemáticas, déixovos unha ficha con contas e tamén uns exercicios sobre o redondeo. Recordade tamén facer Smartick.

Na área de Lingua Galega envióvos duas fichas para repasar o vocabulario da natureza e facer un resumo. Se queredes, podedes realizar tamén a actividade sobre o correo electrónico.

En Lingua Castelá mándovos dúas fichas sobre a segmentación de frases e tamén unha comprensión lectora

Na área de Ciencias Naturais e continuando co tratado no tema anterior sobre a alimentación e os hábitos de vida saudables, envíovos unha ficha para repasar estes conceptos.

 

 

Ademais, recórdovos que fun actualizando o pdf dos recursos online: alí poderedes atopar un truquiño para aprender a táboa do nove, algúns xogos novos, unha obra de teatro para ver en Youtube e algunhas propostas para favorecer a expresión oral no fogar.

 

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

As mestras de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe crearon un blogue para colgar actividades e enlaces web interesantes para os vosos fillos. O enlace está tamén no apartado de Atención á Diversidade.

ACTIVIDADES RELIXIÓN

A mestra de relixión propón unha serie de actividades e xogos.

TAREFAS MÉRCORES 18

Bo día familias:

 

Engadín no documento “recursos online” algúns xogos novos da área de Matemáticas e tamén algúns experimentos da área de Ciencias Naturais que podedes realizar na casa con material sinxelo. Se queredes, botádelle un ollo.

 

Aquí vai o traballo do mércores:

 

- Matemáticas: facemos os problemas de repaso  similares aos que facemos na clase e tamén unhas contas sobre divisións e multiplicacións.

 

- Ciencias Sociais: facemos as dúas fichas para repasar o ciclo da auga e os estados da auga.

 

- Lingua Castelá: envíovos diferentes propostas para redactar unha historia e tamén unha lectura co obxectivo de mellorar a nosa comprensión. No pdf xa vedes as instrucións a seguir.

 

Para o alumnado con ACS:

 

- Matemáticas: deixovos unha ficha con algunhas contas e problemas e tamén unha ficha sobre a recta numérica para facer series ascendentes e descendentes, que debedes completar como se indica no pdf.

 

- Ciencias Sociais: facemos as dúas fichas para repasar o ciclo da auga e os estados da auga.

 

- Lingua Castelá: envíovos unha comprensión lectora e tamén unhas fichas sobre o uso da interrogación e exclamación.

 

RECURSOS ONLINE

Recursos online variados para repasar os contidos das diferentes asignaturas.

ENTROIDO

 

 Os insectos de 3º luciron moito! Parabéns!

 

ENTROIDO

Os nenos/as  de 3º disfrazáronse  de insectos! Parabéns!

Distribuir contido


by Dr. Radut