Skip to Content

Inicio do curso 2020/2021

Ola a todas e a todos! 

Para o comezo deste curso 20/21 tan atípico, estiven programando unhas reunións con todos os pais e nais para o martes día 8, no que se dará información acerca dos detalles máis importantes para o inicio das clases.

Para todos aqueles e aquelas que non poidades acudir á reunión, vou pasar a salientar o máis importante:

- Cada neno ou nena ten que traer unha máscara de reposto gardada na mochila nunha funda ou pequeno sobre.
- O comezo das clases é o venres día 11 de setembro.
- A aula de 4º será a que tiveron o ano pasado.
- A hora de entrada será de 8:55 a 9:05 POLA PORTA LATERAL.
- A hora de saída será coma sempre ás 14:00 POLA PORTA PRINCIPAL.
- Prégase máxima puntualidade á hora de recoller o neno ou nena á saída, xa que unha vez fóra do recinto non poden volver entrar.
 
Saúdos!


blog | by Dr. Radut