Skip to Content

6º Curso

ACTIVIDADES DO LUNS, DÍA 18 DE MAIO

Bos días, nenos e nenas!

Que tal vos foi a fin de semana? Agardamos que ben!

E imos xa co traballo para hoxe, luns...

MATEMÁTICAS:

Esta semana imos empezar cas áreas das figuras planas. Lembrade que eran moi sinxelas de calcular.

Empezaremos polas áreas do rectángulo e do cadrado.

Despois fai as actividades 6, 7, 8 e 9.

(Lembra que na actividade 7 vas ter que dividir a figura en dúas para poder calcular a área)

 

LENGUA CASTELLANA:

Empezamos tema nuevo también.

Lee este texto sobre "El mundo mágico de los trasgos"

Luego haz las actividades 1, 2 y 4 en tu cuaderno. Cuando las termines, ya sabes, envíalas a sextosanxoseobreiro@gmail.com 

LINGUA GALEGA:

 

Completa correctamente o seguinte texto sen acentos gráficos nin v/b.

 

CIENCIAS SOCIAIS:

Responde a seguintes preguntas do libro sobre os climas e a paisaxe: Páxina 45, actividades 1, 2, 4, 6 e 7.

Recorda envialo a sextosanxoseobreiro@gmail.com

ACTIVIDADES DO VENRES, DÍA 15 DE MAIO

Que tal, rapaces e rapazas? Que rápido pasa o tempo... alá vai a semana!

Pero non vai unha semana calquera, vai nada menos que a Semana das Letras Galegas...

Estamos un pouco tristes porque as cousas que vos tiñamos preparadas para estes días: actuacións, excursións e, sobre todo, a revista do cole, non imos poder levalas a cabo.

Así que estivemos pensando que era mellor adicar o día de hoxe a celebralo dalgún xeito.

E a mellor maneira é facendo actividades sobre o autor homenaxeado, claro que si.

Dito e feito. Así que aquí vos deixamos as actividades sobre Ricardo Carvalho Calero.

Lembrade que para poder facelas teredes que activar o flash player. Se vos da problemas, ou non sodes capaces, podedes descargar as actividades en pdf nesta ligazón.

Cando rematedes, coma sempre, enviádeas a sextosanxoseobreiro@gmail.com.

Para rematar, lembrámosvos a importancia de non deixar o noso idioma con Brinca Vai!

E isto vai ser todo por hoxe!

Vémonos o luns!

 

 

ACTIVIDADES DO XOVES, DÍA 14 DE MAIO

Ola, nenos e nenas. Parece que onte houbo algún problemiña ca actividade dos complementos de Lengua Castellana. Vedes como hai que repasar?  Os complementos podían ser de modo, tempo, lugar... Xa vos ides lembrando? 

Os profes de sexto estamos vendo que hai un grupo de vós que traballa moito e manda as súas tarefas e estamos moi contentos por iso. Tamén temos que felicitar ás mamás e papás, porque sabemos que vos teñen que axudar.

A outros, polo que se ve, séguelles costando. Esta semana tentaremos poñernos en contacto, a ver que vos pasa...

A ver se todo isto acaba e podemos vernos pronto!

MATEMÁTICAS:

Seguimos facendo as actividades que nos quedaron por completar deste tema.

Hoxe vaille tocar as que van desde a 53 ata a 60.

Fainas con calma, tentando non equivocarte. Ánimo!

LENGUA CASTELLANA:

Como decíamos al principio,  los complementos de las oraciones respondían a las preguntas ¿dónde?= lugar (en el campo, a la casa de mi abuela...) ¿cuándo?= tiempo (hoy, mañana por la tarde...) ¿cómo? = modo (rápidamente, muy despacio...) etc.

Espero que ahora os haya quedado algo más claro. Volveréis a verlo, ¡seguro!

Para acabar con este tema de los predicados, vamos a hacer unas actividades del predicado nominal. Recuerda que es muy fácil, solo son los que tienen los verbos ser, estar o parecer

Puedes mirar este vídeo para aprenderlo (solo dura 2 minutos)

Luego haz las actividades 25, 26 y 27. Cuando las termines, ya sabes, envíalas a sextosanxoseobreiro@gmail.com 

LINGUA GALEGA:

Explica os significados dos seguintes pares de palabras.

CIENCIAS NATURAIS:

O último día repasamos os cinco reinos. Vamos traballar agora con un deles, o reino animal. Busca na páxina 24 e 25 do libro que características teñen, como se clasifican e explica brevemente os diferentes grupos que podemos encontrar. Se queres podes incluír debuxos. Recorda envialo a sextosanxoseobreiro@gmail.com

ACTIVIDADES DO MÉRCORES, DÍA 13 DE MAIO

Moi bos días a todos e todas. Xa estamos a metade da semana... Vedes que rápido pasa o tempo?

Imos co traballo de hoxe: 

MATEMÁTICAS:

Xa rematamos o tema desta semana. A que foi moi cortiño?

Así que hoxe só imos facer actividades. Practica os teus coñecementos e fai as actividades desde a 44 á 51. Non lle deas ao botón de resolver antes de tempo!!

As que son no caderno envíaas. coma sempre, a sextosanxoseobreiro@gmail.com.

LENGUA CASTELLANA:

Continuamos con lo que vimos ayer. Lo trabajarás muy a menudo así que seguimos con ello. Recuerda: el predicado nominal y del predicado verbal

Si ya lo tienes claro, haz las actividades 22, 23 y 24. Si no puedes imprimirlas cópialas en el cuaderno, como siempre. Al terminar, envíalas a sextosanxoseobreiro@gmail.com 

LINGUA GALEGA:

Como dixemos ao principio da semana, esta semana é a Semana das Letras Galegas. Responde a estas cuestións:

- ¿Por que se celebra o día 17 de maio?

- En 2020, por mor da pandemia de COVID-19, a Academia anunciou que por primeira vez nos seus 57 anos de historia o Día das Letras non se celebraría o 17 de maio. Cal vai ser a nova data?.

CIENCIAS SOCIAIS:

A semana pasada nomeastes algúns exemplos que provocaban un impacto negativo na paisaxe e no medio natural. Elabora agora un pequeno texto con algunhas medidas que ti creas que podemos tomar no noso día a día contra este impacto negativo, contra o cambio climático, contra os incendios, contaminación...etc.

Recorda envialo a sextosanxoseobreiro@gmail.com

ACTIVIDADES DO MARTES, DÍA 12 DE MAIO

Que tal, nenos e nenas? Estades con forzas?

Hoxe temos un día cargadiño de tarefa. Así que non imos perder o tempo nin un minuto máis:

MATEMÁTICAS:

Continuamos cas coordenadas cartesiansas. Repasa primeiro esta páxina.

Logo fai as actividades 40, 42 e 43 .

Fai tamén a actividade 41 no caderno e envíaa a sextosanxoseobreiro@gmail.com.

LENGUA CASTELLANA:

Hoy toca un poco de gramática. Se trata de algo que en el instituto voverás a ver así que te vendrá bien recordar y memorizar: el predicado nominal y del predicado verbal

Estudialo un poco con calma.  Luego haz las actividades 19 y 21 y envíalas a sextosanxoseobreiro@gmail.com 

LINGUA GALEGA:

Realiza as seguintes actividades sobre os oficios e profesións.

CIENCIAS NATURAIS:

Recorda que os seres vivos poden clasificarse en cinco reinos. Lee a páxina 18 e 19 do libro de texto (adxunta) e elabora un esquema de como clasificamos os seres vivos e as características xerais de cada reino. Recorda envialo a sextosanxoseobreiro@gmail.com 

ACTIVIDADES DO LUNS, DÍA 11 DE MAIO

Xa estamos aquí de novo outra vez!

Que tal pasastes a fin de semana? Agardo que vos portárades ben!

Esta semana é a Semana das Letras Galegas. Calquera se acordaba, verdade? Este ano, por desgraza, non imos poder facer celebracións que tiñamos preparadas... Unha mágoa! 

Pero iso non quere dicir que vaiamos perder os ánimos. A que non? Cada día que pasa é un día menos para que se atope algunha solución a esta pandemia. Xa o veredes!

Imos xa cas tarefas para hoxe:

MATEMÁTICAS:

Pasamos hoxe a traballar o reforzo das coordenadas. Lembra que isto xa o temos visto, ainda que doutro xeito, cando facíamos Smartick e tamén na aula.

Ao rematar, fai as actividades 37, 38 e 39. (Fíxate que a actividade 38 é no caderno)

LENGUA CASTELLANA:

Lee este texto sobre "Un safari en el salón". ¡Seguro que tú también has jugado a muchas cosas estos días en tu salón! ¿A qué sí?

Cuando acabes, contesta en tu cuaderno las actividades 1, 5 y 6 y envíalas a sextosanxoseobreiro@gmail.com 

LINGUA GALEGA:

Hoxe toca ortografía. Fai estas actividades, tentando non resolver sen comprobar as respostas primeiro.

CIENCIAS SOCIAIS:

Vas a elaborar un orzamento. Le este texto e contesta no caderno ou nunha folla ás tres preguntas que hai ao final. Cando remates, envía as respostas a sextosanxoseobreiro@gmail.com

ACTIVIDADES DO VENRES, DÍA 8 DE MAIO

Moi boas!

Hai que ver que pronto chegamos ao venres, verdade?

Antes da fin de semana imos facer un último intento por acabar todo hoxe.

Ánimo!

MATEMÁTICAS:

E imos rematar xa co tema desta semana. Desta vez tócalle á resta de números enteiros.

Despois, coma sempre, fai as actividades 32, 33, 34, 35 e 36.

LENGUA CASTELLANA:

Hoy vas a hacer algo distinto: un cómic. No te preocupes, no va a ser difícil. Primero lee esta página donde se dan las nociones básicas para hacerlo.

Después, haz estas dos actividades (34 Y 35).

Cuando tengas hecho el comic que te dice la actividad 35, envíala a sextosanxoseobreiro@gmail.com

LINGUA GALEGA:

Lee a seguinte historia e responde as preguntas. 

CIENCIAS NATURAIS:

Fai un esquema dos diferentes tecidos e as súas características. Podes guiarte pola páxina 17 do libro.

ACTIVIDADES DO XOVES, DÍA 7 DE MAIO

Ola, nenos e nenas.

Antes que nada felicitar a todos os que estades mandando os traballos a sextosanxoseobreiro@gmail.com 

Vexo que hai xente que está a traballar moito. Parabéns!! Fixestes uns traballos que da gusto velos! O malo é que hai outros (e outras) que non mandan nada. Espero que sexa porque estades terminándoos e facéndoos moi ben... Máis vos vale!

E imos xa cas tarefas para hoxe. 

MATEMÁTICAS:

Seguimos cos números enteiros. Xa sabedes que tanto son negativos coma positivos. Hoxe imos ver a suma de números enteiros

Xa vedes que non ten maior dificultade, así que agora fai as actividades 27, 28, 29 e 30.

LENGUA CASTELLANA:

Hoy vamos a mirar la ortografía de los números. Espero que no protestes, porque no son más matemáticas. Como vas a comprobar, hasta los mayores comenten errores importantes al escribir y tenemos que tener cuidado con ello.

Revísalo aquí con calma.

Luego haz las actividades 27, 28 y 29. Solo son tres, ¡a ver si no tienes fallos!

LINGUA GALEGA:

Aquí tes a solución do exercicio do luns.

Agora, observa as táboas corrixidas e escribe ti cinco frases con contraccións de artigos determinados e outras cinco con contraccións de artigos indeterminados.  Recorda envialo a sextosanxoseobreiro@gmail.com

CIENCIAS SOCIAIS:

Nomea tres accións ou exemplos que provoquen un impacto negativo na paisaxe e no medio natural. Nomea outras tres que permiten preservar as paisaxes e ter un medio natural mais saudable e sostible. Podes buscar en internet ou na páxina 40-41 do libro. (adxunta). 

Recorda envialo a sextosanxoseobreiro@gmail.com

ACTIVIDADES DO MÉRCORES, DÍA 6 DE MAIO

Moi boas a todos e todas! 

Agardamos que esteades ben, non esquezades seguir as normas de distanciamento e de hixiene. O covid-19 aínda non ten cura, non o esquezades!

Así que sen máis dilación, comezamos co traballo de hoxe.

E imos xa co traballo de hoxe!

MATEMÁTICAS:

Continuando co repaso do visto onte, convén que lle botes unha ollada a esta páxina sobre a comparación de números enteiros

Coma sempre, cando remates, fai as actividades 16, 17, 18, 19 e 21

LENGUA CASTELLANA:

¿Te acuerdas del sujeto y del predicado? Son una parte de la gramática que tendrás que seguir trabajando cuando estés en la ESO, por eso conviene tenerlo muy claro. Recuerda que el sujeto se descubría preguntandole al verbo de la oración la pregunta "¿Quién?".

Vamos a repasarlo convenientemente mirando esta página.

Luego haz las actividades 20, 21, 22, 23, 24 y 25

LINGUA GALEGA:

Fai un pequeno texto no teu caderno (mínimo 10 liñas) explicando como viviches esta primeira parte do confinamento.

Por exemplo: Que botaches mais en falta? Que é o que máis che gustaría facer e non podes? Que é o que máis te sorprendeu? Aprendiches algo novo?

Tes hasta final da semana, así que pensa ben antes de escribir. Recorda envialo a sextosanxoseobreiro@gmail.com 

CIENCIAS NATURAIS:

Repaso das células, debuxa na libreta as diferentes partes das células en un breve comentario da súa función. Podes encontralas na páxina 16 do libro, pero se non o tes axuntámola aquí.

ACTIVIDADES DO MARTES, DÍA 5 DE MAIO

Xa estamos de volta!

Agardamos que a pasada fin de semana fora productiva e que o pasáredes moi ben nas saídas pola rúa. Estamos seguros de a maioría (e queremos pensar que todos e todas) cumplistes cas normas e tomastes as precaucións debidas.

E imos xa co traballo de hoxe!

MATEMÁTICAS:

Imos cambiar de temática, así que, antes que nada, dalle un repaso a esta páxina sobre os números enteiros.

Cando remates, fai as actividades 1, 2, 3, 4 e 5

LENGUA CASTELLANA:

Lee los cómics de esta página.

Cuando termines haz las actividades 1, 2, 4 y 5.

¡A ver qué tal te sale la descripción!

LINGUA GALEGA:

- Fai as contraccións necesarias co artigo e completa as táboas.

- Despois vas elaborar un cartel de agradecemento ao persoal sanitario (ou outros traballadores ou traballadoras) que se arriscaron por nós durante este período de corentena. 

Para iso pensa nun texto sinxelo de agradecemento maís un debuxo, e despois faino nunha folla ou nun cartón (ou cartolina se a tés). Para este cartel dispós de esta semana para facelo. En canto o remates, faille unha foto e envíao sextosanxoseobreiro@gmail.com 

En canto as teñamos, faremos unha pequena exposición co elas!

CIENCIAS SOCIAIS:

Debuxa un mapa de España e coloréao segundo os diferentes climas. Fai tamén a continuación unha breve descrición das características de cada clima. Adxunto a páxina 18 e 19 de libro onde podedes encontrar toda a información. Recorda envíalo a sextosanxoseobreiro@gmail.com

Distribuir contido


by Dr. Radut