Skip to Content

DIA DO LIBRO

 

O 23 de abril foi o Día do Libro. Para conmemorar esta data o alumando de 6º A apadriñou ao alumnado de 4º de Educación Infantil. 

Primeiro, os nenos e nenas de 6º escolleron un libro adaptado para eles uns días antes. Ese día, despois do recreo, foron buscar aos nenos/as á aula, saliron ao patio e como comezou a chover un chisquiño acabamos a actividade na biblioteca léndollle o conto elixido.

Ademais, intercambiaron agasallos. Os maiores fixéronlle uns marcapáxinas e os pequerrechos elaboraron un debuxo para cada padriño/ madriña moi fermoso.

Foi unha experiencia fantástica. Con ganas de repetir ;



page | by Dr. Radut