Skip to Content

QUIDDITCH MUGGLE CON DEMENTORES CORUÑA

O pasado 31 de marzo o alumnado de 4º de E.P. recibiu no colexio a visita do Club Dementores Coruña.

Da man de Iago, César e Ignacio, dentro das sesións de educación física o alumnado coñeceu e aprendeu un novo e máxico deporte alternativo; o "QUDDITCH MUGGLE"

O Quidditch Muggle é unha adaptación escolar do Quidditch, xogo ficticio inventado por J.K. Rowling nas novelas de Harry Potter, co cal miles de mozos e mozas de hoxe en día practican actividade física.

A  continuación amósanse 2 vídeos coas lembranzas dese día practicando o Quidditch Muggle.

Vídeo 4ºA

 

 

Vídeo 4ºB

Moitas grazas ao Club Dementores Coruña pola súa visita e enseñarnos a practicar o Qudditch Muggle.



blog | by Dr. Radut