Skip to Content

Exhibición de Peóns e Esgrima no Colexio

Esta semana tivemos duas visitas moi especiais ao colexio.

A primeira das visitas foi o mércores 19 de outubro, ese día recibimos ao campión internacional de peóns Miguel Rule. Él e o seu axudante realizaron na hora do recreo  unha espectacular exhibición de trucos para bailar os peóns.  Quedamos abraiados ca súa destreza, ademais temos que agraderlle enormemente a súa xentileza e xenerosidade.

A continuación podedes ver algunhas imaxes dese día. Moitas grazas Miguel Rule e compañia!!

A segunda visita levouse a cabo o xoves 20 e venres 21 de outubro. Os grupos de 3º, 4º, 5º e 6º recibiron dentro da sesión de Educación Física a vista de Antonio Carballo Pérez, membro do Club Esgrima Arteixo.

Antonio enseñounos as principais habilidades deste deporte individual, que se caracteriza pola súa técnica, rapidez e habilidade. Aínda que pode parecer perigoso contando cas medidas de seguridade; máscara, atención e precaución poidemos gozar grazas da man de Antonio dun deporte que si queremos, podemos realizar no noso tempo de lecer xa dunha forma federada.

Moitas grazas Antonio, volve cando queiras!!

Atoparedes fotos da práctica de esgrima no adxunto número 2.

 

Segudide atentos e practicando a bailar o voso trompo, o día 11 de novembro realizarase no recreo un torneo de Baile de Trompos organizado por Miguel Rule.

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
exhibición peons.jpg1.8 MB
ESGRiMa.jpg1.82 MB


story | by Dr. Radut