Skip to Content

Novas

AVISO MOI IMPORTANTE!!

ACABAMOS DE RECIBIR AGORA MESMO, ÁS 14:00 HORAS, O SEGUINTE COMUNICADO DA INSPECCIÓN EDUCATIVA:

"Dacordo co informado hai uns intres polo Xefe do Servizo de Inspección e, segundo o comunicado en rolda de prensa polo Presidente da Xunta, suspéndense as actividades lectivas nos centros educativos de Galicia oficialmente o luns 16/03/2020, e de xeito recomendable a partir de mañá 13/03/2020.
Para calquer información adicional consultar a páxina web da Consellería de Educación."

 

Polo tanto, as familias que así o prefiran, poderán enviar aos seus fillos e fillas mañá venres día 13 de marzo ao centro, pero a partir do luns 16 xa non haberá aulas.

 

ENTROIDO 2020

Volvemos celebrar este ano o Entroido e nesta ocasión o tema escollido foi A HORTA. Hai que dicir que foi un dos máis lucidos dos últimos anos! No desfile poidemos ver granxeiros e granxeiras, insectos de todo tipo, froitas e verduras... enfi, unha pasada!

Despois, coma sempre, compartimos as larpeiradas aportadas pola familia e o chocolate, que foi aportado pola ANPA. Desta vez si que chegou para todo o mundo!

DIA DA PAZ 2020

O pasado 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Desta vez, igual que o ano pasado, non tivemos sorte co tempo e non poidemos facelo ao aire libre, como tiñamos previsto. 

Menos mal que ao final escampou e poidemos soltar as pombas!

FELICES FESTAS E BOAS VACACIÓNS!

Xa chega o Nadal de novo e coma sempre queremos desexarvos que teñades unhas moi felices festas cas postais elixidas en cada curso este ano 2019.

Feliz 2020 e Bo Nadal para tod@s. Ata día o vindeiro 8 de xaneiro !!

 

 

SAMAÍN-MAGOSTO 2019

Un ano máis celebrouse no cole o Samaín, que tivemos que adiantar un día, por mor da celebración do Día do Ensino.

Coma sempre, quixemos festexalo cun magosto e, como é tradición, outra vez houbo unha extraordinaria exposición de cabazas.

Cada ano estamos máis abraiados da imaxinación que tedes!!

Ao final, as familias participaron con nós na degustación das castañas; costaba un pouco pelalas, pero este ano non tiñan mal sabor.

Aquí vos deixamos unha reportaxe do evento!

 

MAGOSTO E SAMAÍN 2019

Hoxe celebramos no colexio o magosto e a exposición de cabazas e, por suposto, tamén o Samaín, adiantado este ano porque mañá é día non lectivo en toda Galicia, por ser Día do Ensino.

Resultado de imaxes para magosto cabazas

 

Coma sempre, estades convidados á exposición das cabazas, e como non, á degustación das castañas, que desexamos que estean ao gusto de todo o mundo.

Agardámosvos! 

VOLVEN AS MERENDAS SAUDABLES!

Coma sempre,  todos os martes, no horario de recreo, haberá  froita fresca ou lácteos (iogur ou similar) para todo o alumnado. Lembrade que este é un dos proxectos nos que colaboramos ca ANPA e que está financiado pola Fundación Repsol, a través da ONG Ayuda En Acción, tentando que adquiran hábitos adecuados de alimentación.  Agardamos a vosa colaboración!

Foto de frutas y leche

CAMPAÑA GAFAS GRATUITAS

Boas a todo o mundo!

Acábannos de pasar unha información que poida que vos interese. Trátase dunha campaña, que desenvolve a fundación dunha coñecida marca de lentes a nivel nacional, que ofrece a posibilidade de obter lentes graduadas de balde.

A campaña vai dirixida ao alumnado entre os 5 e 7 anos de idade e para apuntarvos teríades que acceder desde esta páxina. O prazo para facelo remata o vindeiro 13 de outubro.

 

ENTROIDO 2019

Este ano tivemos máis sorte que o pasado e non choveu, así que poidemos facer o desfile pola rúa principal de Meicende.

O tema foi O BOSQUE, así que botámoslle imaxinación e houbo disfraces de árbores, trasnos, fadas, lobos, e todo tipo de cousas relacionadas.

Ao final, coma sempre, tomamos as larpeiradas que trouxeron as familias co chocolate, que andivo algo escaso e non chegou para tanta xente que acudiu ao convite.

Tomamos nota e prometémosvos que o ano que vén haberá de sobra!!

 

DIA DA PAZ 2019

Coma todos os anos, este tamén celebramos o DÍA DA PAZ. Desta vez tivemos que facelo no pavillón por causa do mal tempo, pero aínda así quedou moi chulo. Preparamos unhas frases para dicirlle ao mundo e ao final formamos a palabra PAZ. Despois cantamos a nosa canción, da que estamos moi orgullosos: o Rap pola Paz.

Un día temos que gravala!! 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut