Skip to Content

Novas

RENOVACIÓN CONSELLOS ESCOLARES

No día de onte enviouse por abalarmobil información co anuncio de sorteo público, a celebrar ás 12:00 horas o vindeiro xoves, 28 de outubro, na sala de profesorado do centro.

Deste sorteo sairán as persoas que constituirán a xunta electoral, encargada de guiar o proceso de renovación dos consellos escolares, que correspondería ter feito o pasado curso, e que foi adiado por mor da pandemia.

Adiantamos que polo sector dos pais, nais e titores legais haberá dúas prazas vacantes, a renovar no vindeiro mes de novembro.

Proximamente seguiremos informando dos diferentes prazos e das convocatorias de cada sector para a presentación, no seu caso, de candidatura.

SAMAÍN - EXPOSICIÓN DE CABAZAS - MAGOSTO

Estimadas familias:

O vindeiro  venres 29 celebraremos o festival de outono para todo o alumnado.CABAZAS 

Durante esa semana recibiremos a visita de varios profes de Croacia, Grecia e Turquía, no marco dun proxecto Europeo no que participa tamén o noso colexio.  

Esperamos contar de novo coa vosa axuda para realizar a tradicional exposición  de cabazas, que estamos seguros que os vai deixar impresionados. Se vos parece, o martes 26 e o mércores 27 podedes traelas preparadas da casa.  

Tamén, como en anos anteriores, pedímosvos que os nenos e nenas traian unha presada de castañas, antes do mércores 27, cun corte xa feito para poder asalas. O día do festival faremos un magosto con elas  para todo o alumnado e, cando remate, levarán as cabazas para casa.  

Por desgraza, de momento segue sen estar permitido a participación das familias. Sentímolo moito. 

Moitas grazas pola vosa colaboración!  

Recibide un saúdo moi cordial de todo o profesorado.

 

CIRCULAR DE INICIO DE CURSO

Estimadas familias:

Estamos organizando con moitas ganas e ilusión este inicio de curso, que dará comenzo o vindeiro xoves, día 9, no que de momento se van manter as restricións relativas ás entradas e saídas no colexio.

Adxuntámosvos, coma sempre, CIRCULAR DE INICIO DE CURSO. con toda a información relevante para empezar o curso con bo pé. 

Pregamos tamén que esteades atentas á marxe desta páxina, onde algún dos cursos están poñendo xa avisos importantes.

Vémonos o xoves!

 

AVISO DA ANPA ANTE O INICIO DO COMEDOR ESCOLAR

Comunicamos que a ANPA do centro acaba de poñer un aviso para os usuarios do COMEDOR ESCOLAR. 

Tédeo en conta, por favor.

AVISO MOI IMPORTANTE DA ANPA

Comunicámosvos que a ANPA do colexio acaba de remitirnos unha mensaxe moi importante, sobre a dimisión de toda a xunta directiva e a posibilidade da súa desaparición, que afectaría ao comedor escolar. Anuncian a convocatoria de xunta xeral extraordinaria  para evitaloo día 6 de xuño. As persoas que desexen asistir á reunión e non sexan socios, poden facelles chegar o seu email a gaivotameicende@gmail.com para enviarlles a invitación.

Podedes ver o comunicado aquí.

ADMISIÓN ALUMNADO 2021-2022: SOLICITUDES E PRAZO

Do día 1 ao 22 de marzo estará aberto o prazo para presentar solicitudes de admisión nos centros de ensino públicos e concertados da Consellería de Educación.

As solicitudes poden realizarse directamente accedendo á aplicación admisionalumnado, ou cubrindo e entregando na Secretaría do colexio o Anexo II.

Convén ter en moi en conta a seguinte información:

Vacantes ofertadas e información resumida (circular informativa)

Criterios de valoración a efectos de baremo

- Folleto informativo

- Instrucións da Dirección Xeral de Centros

Todos estes documentos están expostos nos taboleiros de anuncios do centro.

 A Consellería irá actualizando a información relativa a todo o proceso nesta ligazón

VISITA VIRTUAL AO COLEXIO 

Debido á situación de pandemia non haberá xornada de portas abertas. No seu lugar ofrecémosvos unha visita virtual ao colexio. Agardamos que vos guste!

 

BO NADAL E FELICES FESTAS

Xa están dispoñibles as postais de Nadal deste curso. Esta vez adiantámonos!

MÁSCARAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

No marco da campaña contra a violencia de xénero, o Concello de Arteixo vén de proporcionarnos máscaras reutilizables que serán repartidas a todo o alumnado do colexio.

Segundo nos comunican desde o departamento de Educación do Concello, as máscaras están homologadas segundo este certificado e son válidas para un mínimo de 10 lavados sen necesidade de ningún filtro. 

 

CONVOCATORIA PARA PARTICIPACIÓN DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS GRATUITAS

O venres 13 de novembro saiu publicada a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

Polo tanto, as familias que o soliciten e cumplan os requisitos recibirán gratuitamente máscaras de protección. Para poder participar neste proceso deberase ter en conta o seguinte:

ALUMNADO DESTINATARIO
No noso centro, unicamente o alumnado matriculado en educación primaria.

SOLICITUDES E REQUISITOS:

O alumnado beneficiario de MATERIAL ESCOLAR non terá que presentar a solicitude, xa que recibirá as máscaras directamente. Polo tanto:

a) Non ten que presentar solicitude:
O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021. 
b) Deberá que presentar solicitude, no seu caso:
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 pero que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (Tede en conta que se utilizarán os datos de 2018).
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

PRAZO: As solicitudes poden presentarse presencialmente dende o 16 ata o 27 de novembro na secretaría do centro, con cita previa. (Lembramos que o horario da Secretaría do centro é de luns a venres de 9:30 a 10:30  e de 12:30 a 14:00 horas ).

Coa solicitude acompañarase fotocopia do libro de familia

(Teléfono do centro: 881 880 214)

LISTAXE BENEFICIARIOS: Publicarase o luns 30 de novembro, no taboleiro de anuncios do interior do recinto escolar.

REPARTO: Realizarase no mes de decembro.

Máis información

Modelo de solicitude

NOTA: Haberá solicitudes a disposición das familias na conserxería do centro (sen cita previa).

AVISO DE INICIO DO COMEDOR ESCOLAR

Estimadas familias:

A ANPA acaba de informar do inicio do servizo de comedor e de madrugadores para mañá, día 1 de outubro. Podedes ler o aquí o comunicado completo.

Adxuntamos tamén o protocolo de comedorMáis información nos seguintes teléfonos:

ANPA: 605 54 57 29

ARUME: 648 68 04 84

Distribuir contido


by Dr. Radut