Skip to Content

Novas

DIA DA PAZ 2017

O día da Paz fixemos un "mannequin challenge"...

O importante é a intención!

OUTRO PROXECTO MÁIS: GEN10S

Seguimos ca estupenda e fenomenal colaboración con Axuda en Acción. Desta volta ca participación no proxecto GEN10S, no que o alumnado de 5º e 6º de primaria terá a oportunidade de introducirse no fabuloso mundo da programación e da robótica. Este ano non imos dar feito!

MERENDAS SAUDABLES... SEGUIMOS!

Seguimos adiante con esta estupenda idea de tentar que os nosos nenos e nenas vaian apreciando un dos maiores regalos da natureza: a froita!

Despois das mandarinas da semana pasada, esta semana toucoulle as mazás... veremos a ver o que duran!

MERENDAS SAUDABLES

Hoxe comezamos no noso cole cas merendas saudables. Como sabedes este é un dos proxectos nos que colaboramos ca ANPA e que está financiado por Axuda En Acción.

A partir de agora todos os martes, no horario de recreo, ofreceráselle froita fresca (mazá, mandarina, plátano...) ou un lácteo (iogur ou similar) a todo o alumnado. Agardamos que teña moito éxito, pola saúde dos nosos nenos e nenas!

FELICES FESTAS

Que rápido pasa o tempo! Xa están aquí as vacacións de Nadal outra vez... Estas son as postais gañadoras do concurso que fixemos este ano. Eran todas moi chulas... Agardamos que vos gusten!

Lembrámosvos que as aulas dan comenzo de novo o luns 9 de xaneiro. Felices Festas!!!

 

AVISO FESTIVO LOCAL 16 DE SETEMBRO

Como sabedes, mañá mércores, día 16 de setembro, festividade de Santa Eufemia, foi declarado festivo local no Concello de Arteixo, polo que non será lectivo en ningún dos centros.

Vémonos o xoves!

AVISO USUARIOS DO COMEDOR

Acábannos de pasar un aviso para os usuarios do comedor escolar, xestionado directamente pola ANPA a través da empresa ARUME.

Xa están á vosa disposición os documentos para darse de alta. A data límite é o 10 de xullo.

As condicións e número de conta do banco tédelas aquí.

Para calquera dúbida, contactar co teléfono da ANPA "A Gaivota" ou ca súa páxina de facebook.

ENTREGA DE MATERIAL QUE QUEDOU PENDENTE NAS AULAS

Estimadas familias.

Ca entrada de Galicia na fase 2,  a Consellería determinou que non se van reanudar as clases no que queda de curso. Non obstante, as familias poderán acudir ao colexio, cumprindo as normas sanitarias, para recuperar o material escolar (ou os libros deste curso) pendente de  recoller, por causa do confinamento.

O profesorado e titores do curso e nivel correspondente estarán presentes e atenderávos en horario de 10 a 12.

 

DÍA

DE 10 A 12 H

MÉRCORES 27 MAIO

5º- 6º EP

XOVES 28 MAIO

3º- 4º EP

VENRES 29 MAIO

1º- 2º EP

LUNS 1 XUÑO

EI 4 - 5 ANOS

MARTES 2 XUÑO

EI 3 ANOS

 MOI IMPORTANTE:

Tede moi en conta o día e o curso que vos corresponde, porque en caso de erro non poderedes ser atendidos e deberedes de agardar a xuño.

En canto aos libros de texto que estades usando agora en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, no mes de xuño avisarásevos para que veñades devolvelos.

AVISO IMPORTANTE DO CONCELLO

Desde o Departamento de Servizos Sociais do Concello infórmannos que están a disposición de todas as familias que o precisen nos seguintes teléfonos:

MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2019-2020

O material que precisaremos é o seguinte:

MATERIAL ESCOLAR PARA 5º DE PRIMARIA

CURSO 2019-20

 

  • 2 lápis nº 2 STAEDTLER

  • Goma de borrar e afialapis.

  • 1 bolígrafo azul ou negro e 1 vermello

  • Libretas cuadriculadas tamaño folio (ciencias da natureza,ciencias sociais, matemáticas, lingua galega, lengua castellana e inglés).

  • 2 carpetas ou fundas plásticas.

  • Carpeta de fundas para Música.

  • Bloc de debuxo.
  • Estoxo con cremalleira.

  • Xogo de regras (regra de 30 cm, escuadra, cartabón e transportador de ángulos).

  • 1 compás

  • 1 pegamento de barra

  • 1 tesoira

  • 1 paquete de 500 folios brancos de 80 gr DIN-A4

  • Lapis de cores

  • 1 pilot negro

  • Diccionarios de Galego e Castelán.

 NOTA:

Este curso o centro proporcionará unha axenda escolar.

O material deberá vir debidamente identificado e os libros forrados.

Pódese aproveitar todo o material do ano pasado que estea en bo estado.

Non se permitirá corrector liquido (tipex)

Distribuir contido


by Dr. Radut