Skip to Content

Novas

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2018: RESULTADOS DAS VOTACIÓNS

Onte celebráronse as votacións para a renovación do consello escolar nos tres sectores que correspondía. As persoas elexidas foron as seguintes:

SECTOR PROFESORADO:

Dna. Cira Sánchez Rivas

D. José Antonio Rey Rubal

SECTOR NAIS E PAIS:

Dna. Lucía González Gago

Dna. Dolores Rodríguez Cid

Dna. Estefanía Fariña Romero

Dna. Raquel Rabuñal Erias

(Acta do escrutinio)

SECTOR PERSOAL ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS:

Dna. Ana María Díaz Cachaldora

O noso agradecemento ás persoas participantes.

III ENCONTRO DE EXPERIENCIAS ARTEIXOINNOVACIÓN

Os días 8, 9 e 10 de maio terán lugar no Centro Cívico Cultural de Arteixo os III Encontros de Experiencias de ArteixoInnovación,  onde os Colexios e escolas da nosa localidade daremos a coñecer o traballo realizado ao longo do curso no marco do Proxecto Arteixo Innovación-Educación. 

Agardamos con moita ilusión estas Xornadas nas que, por certo, o noso centro fará a súa exposición ao público o primeiro día, ás catro e media da tarde...

 

Que nervos!!

Aquí está o tríptico dos Encontros

 

AXUDAS AO ESTUDO E COMEDOR DO CONCELLO DE ARTEIXO

O Concello de Arteixo convoca para o vindeiro curso 2018-2019 dúas liñas de axudas: unha para libros e material didáctico orientada ao alumnado de Educación Infantil, e outra para comedor, orientada a todo o alumnado que cumpra os requisitos da convocatoria.

O prazo remata o 16 de maio de 2018. As consultas ou dúbidas podedes resolvelas chamando ao 981 647 294. 

Tedes a información completa na páxina web do Concello

Concello de Arteixo

SEMANA DA AUGA

O día 22 de marzo celébrase en todo o mundo o DIA da AUGA. Aproveitando a coincidencia que ese (a AUGA) foi o eixo dos proxectos da Biblioteca Escolar, TIC e Voz Natura, desde a Biblioteca organizamos unhas actividades para todo o centro, buscando, de paso, promover as as capacidades STEM do noso alumnado.

Así que durante toda esta semana cada curso realizará e expoñerá distintos experimentos científicos, e ao remate dos mesmos publicaremos unha reportaxe.

Haberá que vela!

(ACTUALIZACIÓN): Xa están dispoñibles as imaxes. Velaquí as tedes:

 

ENTROIDO 2018

Volveu o Entroido e esta vez tocou o tema da AUGA.

E resulta que veu de convidada á festa e pola súa culpa non poidemos saír polas rúas de Meicende facer o desfile (non parou de chover). 

Pois a nós dounos o mesmo: fixémolo no pavillón!!

DIA DA PAZ 2018

 Este ano como conmemoración do Dia da Paz tróuxonos unha lavadora moi orixinal. As prendas que se metían nela con palabras de incomprensión, odio ou similares saían en poucos minutos limpas e transformadas en palabras de amor, paz, concordia e respecto!! 

BO NADAL E FELIZ ANO!

Novamente estamos ante as portas das vacacións de Nadal. É incrible o rápido que pasa o tempo!

Coma sempre, queremos desexarvos que pasedes unhas felices festas e que o vindeiro ano veña cargado de boas novas e de esperanza cas postais ganadoras deste ano.

Vémonos de novo o 8 de xaneiro. BO NADAL!!  

FOMOS A MADRID AO ENCONTRO GEN10S

Como colofón ás actividades realizadas en colaboración con Ayuda en Acción, no marco do proxecto GEN10S,  acudimos a Madrid para a presentación final dos traballos realizados.

Por certo, nós somos os tres da esquerda...

E saímos no periódico!

 

ENTROIDO MEDIEVAL 2017

Volvemos disfrazarnos polo Entroido!

Este ano o tema que escollemos foi A Idade Media. Así saímos pola rúa principal de Meicende.

Que lote de xente había mirando para nós!!

BARRIO MEDIEVAL

 

Este ano o tema do noso antroido vai ser "A época medieval". Estamos adornando o cole e está quedando moi bonito...

Mañá vai ser un día especial!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut