Skip to Content

Novas

MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2019-2020

Xa estamos de volta das vacacións!

Agardamos que o pasárades moi ben este verán e aproveitamos para indicarvos o material que será necesario para este curso.

O material que precisaremos é o seguinte:

MATERIAL ESCOLAR PARA 6º DE PRIMARIA (A e B)

CURSO 2019/20

 

  • 2 lápis nº 2 STAEDTLER

  • Goma de borrar e afialapis.

  • 1 bolígrafo azul ou negro e 1 vermello

  • Libretas cuadriculadas tamaño folio (ciencias da natureza, ciencias sociais, matemáticas, lingua galega, lengua castellana e inglés).

  • 2 carpetas ou fundas plásticas.

  • 1 Carpeta de fundas para Música.

  • 1 Estoxo con cremalleira.

  • Bloc de debuxo.
  • Xogo de regras (regra de 30 cm, escuadra, cartabón e transportador de ángulos)

  • 1 compás

  • 1 pegamento de barra

  • 1 tesoira

  • 1 paquete de 500 folios brancos de 80 gr DIN-A4

  • Lapis de cores

  • 1 pilot negro

  • Diccionarios de Galego e Castelán.

 

NOTA:

Este curso o centro proporcionará unha axenda escolar.

O material deberá vir debidamente identificado e os libros forrados.

Pódese aproveitar todo o material do ano pasado que estea en bo estado.

Non se permitirá corrector liquido (tipex)

DIA DA PAZ 2019

O mércores 30 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ. Fixemos uns murais chulísimos, recitamos unha poesía, formamos a palabra PAZ con todo o alumnado do colexio e cantamos O RAP POLA PAZ.

SAMAÍN - MAGOSTO - CABAZAS

 

Mañá martes, 30 de outubro, celebraremos o Samaín - Magosto e a exposición de Cabazas do centro.

 Tivemos que adiantalo un día xa que o ano pasado tivemos tan mala sorte cas castañas que desta vez queremos asegurarnos de que non nos pase o mesmo. Para iso imos traer un castañeiro profesional, e non podía noutra data. Seguro que paga a pena!

 Coma sempre, se queredes vir, estades convidados ao Magosto e por suposto a ver a exposición das cabazas.

 Agardámosvos, coma todos os anos!

 

AS REDEIRAS VEÑEN VISITARNOS

Esta semana tivemos en 6º a visita de dúas redeiras de Malpica. Estivéronnos explicando a diferencia entre as artes e os aparellos de pesca.

Resultou moi interesante!

SAMAÍN CABAZAS E MAGOSTO 2017

O pasado 31 de outubro celebramos no cole o Samaín. Coma sempre, quixemos festexalo cun magosto. Este ano non tivemos moita sorte cas castañas por mor da seca. Unha pena!

O mellor de todo: a fenomenal exposición de cabazas e o ben que o pasamos! 

 

VOLVEMOS CAS MERENDAS SAUDABLES!

Froito (nunca mellor dito) da colaboración ca ANPA do centro, e  financiado por Axuda En Acción, a partir de hoxe voltamos ofrecer ao noso alumnado unha alternativa (ou complemento) ás merendas que normalmente traen da casa. 

Como o curso pasado, todos os martes terán ou ben froita ou ben un producto lácteo para complementar a súa dieta.

Animade aos vosos fillos e fillas!

Frutas Frutas del fraile

Telexornal Medieval II

Aquí vos vai a segunda parte do Telexornal Medieval. Con esto xa rematamos este curso o noso Proxecto da Idade Media.

REUNIÓN ALUMNADO DE NOVO INGRESO (3 ANOS)

O vindeiro XOVES, 8 DE SETEMBRO, ÁS 12 DA MAÑÁ, terá lugar unha reunión na aula de educación infantil de 3 anos cas familias (prégase que acudan só adultos)  para informar sobre o periodo de adaptación e outros temas.

Ese día poden traer o material do curso, debidamente identificado cos nomes postos pola parte de fóra da bolsa.

FELICES FESTAS!

Estas foron as postais elexidas de cada curso para a nosa felicitación de Nadal deste ano. Esperamos que vos gusten!

Que pasedes unhas felices festas e un feliz ano 2016!

 

Celebración do XXV aniversario

O pasado mes de outubro celebramos o 25 aniversario da inauguración do actual edificio do colexio, realizada polo daquela presidente da Xunta D. Fernando González Laxe.

Acudiron a esta festa o Alcalde do Concello, D. Carlos Calvelo, e o Xefe Territorial da Consellería, D. Indalecio Cabana, entre outras personalidades. Despois da consabida placa conmemorativa, houbo tempo para a música e tomar algo xuntos, grazas á amabilidade do CIFP Paseo das Pontes, da Coruña.

Foi unha oportunidade de ver e reencontrarnos con tantas e tantas persoas que exerceron, ben  sexa como mestres e mestras ou como alumnado, do mellor xeito para contribuir a facer do noso colexio o que hoxe é.

Foi un día moi feliz para todos nós, e a culminación de moitos meses de duro traballo.

Grazas a todos por vir acompañarnos!!

Velaquí tedes a reportaxe do evento:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut