Skip to Content

Novas

NORMAS XERAIS

A profe Marta elaborou este video cas normas resumidas para este tempo tan convulso. Botádelle unha ollada!!

AVISO IMPORTANTE DA ANPA SOBRE O COMEDOR ESCOLAR

Desde a ANPA do centro pásannos un aviso moi importante para todas os usuarios do comedor. Parece ser que se vai atrasar o seu inicio. Podedes ver o seu comunicado aquí.

INICIO DE CURSO

Estimadas familias:

Dámosvos a benvida a este novo curso escolar, tan extraordinario e tan especial debido á situación actual.

Estamos traballando intensamente para que teñades o máis pronto posible toda a información de como vai a ser o comezo e a volta ás aulas dos vosos fillos e fillas. Para iso estamos a elaborar a adaptación do protocolo COVID-19, e os plans de acollida e continxencia do centro. 

En canto estean rematados serán publicados tanto na páxina web, como comunicados pola aplicación Abalar.

Esperamos poñelos no voso coñecemento ao inicio da semana próxima.

 O comezo das clases realizaráse coa incorporación gradual do alumnado, tal e como publicou a consellería de Educación o luns 31 de agosto de 2020:

  • O xoves 10 comezarán as clases o alumnado de  4º curso de Educación Infantil (3 anos) e 5º de Infantil (4 anos); 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.
  •  O venres 11 comezarán as clases tamén o alumnado de de 6º de Educación Infantil (5 anos) e os de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria

Tal e como se indica en dito protocolo, NON ESTARÁ PERMITIDO acompañar ao alumnado de educación primaria no acceso ao recinto escolar.

As familias de Educación Infantil, poderán acompañar UNICAMENTE UNHA PERSOA por alumno/a no acceso ao centro.

O horario de entrada, tanto eses dous días como o resto do curso, será escalonado. Cada titor ou titora poñerase en contacto proximamente con vós para darvos máis detalles e indicarvos a porta, horario e modo de acceso ao centro.

Pedímosvos comprensión en todas estas medidas e colaboración para evitar aglomeracións. Tentaremos proporcionarvos máis información en día vindeiros.

Un saúdo moi cordial de todo o profesorado do centro.

 

AVISO IMPORTANTE DA ANPA SOBRE O COMEDOR ESCOLAR

 

Desde a ANPA do centro pásannos un aviso moi importante para todas os usuarios do comedor. Parece ser que se vai atrasar o seu inicio. Podedes ver o seu comunicado aquí.

 

AVISO DE AXUDAS PARA COMEDOR DO CONCELLO DE ARTEIXO

O Concello de Arteixo comunica que está aberto o prazo para a solicitude de axudas de comedor para o vindeiro curso. O prazo de solicitude remata o día 2 de agosto.

En canto ás axudas para libros e material escolar de Educación Infantil, o prazo abrirase en outubro (do 1 ao 20).

Máis información, na web do Concello.

TERCEIRO TRIMESTRE. ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS PRIMARIA.

ACTUALIZACIÓN DE MAIO: PROGRAMACIÓNS DO 3º TRIMESTRE

Dadas as especiais características deste trimestre, as programacións dos cursos foron modificadas para adaptarse á nova situación, seguindo instruccións da Inspección Educativa.

Estas son as modificacións realizadas en Educación Primaria para o terceiro trimestre:

1º curso.                     2º curso.                   3º curso.

4º curso.                     5º curso.                   6º curso.

 

Estimadas familias, estimados nenos e nenas:

Hoxe damos comezo ao terceiro trimestre con un montón de incertidumes xa que de momento, como sabedes, toca seguir confinados. Nesta situación tan extraordinaria que nos toca vivir, agardamos que vos atopedes ben de saúde, que é o máis importante.

Comentámovos que, seguramente igual ca vós, estamos impacientes por saber como se van artellar o traballo escolar e a avaliación, tanto deste trimestre como do curso completo. Todo apunta a que probablemente haberá unha decisión neste senso a finais de semana así que, en canto teñamos noticias, farémosvolo saber.

Mentres tanto, tal e como nos comunican desde a Consellería, continuaremos co repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido ata o momento.

Unha aperta moi cordial e moito ánimo, que xa queda menos!!

AVISO E ENTREGA DAS NOTAS DA 2ª AVALIACIÓN

Estimadas familias, queridos nenos e nenas:

Comunicámosvos que  temos a intención de chamarvos por teléfono (é posible que vos apareza con nº oculto) ao longo dos días de hoxe e de mañá, para interesarnos por vós e saber como vos vai despois de tantos días de confinamento. Como sabedes o día 3 de abril darían comezo as vacacións polo que aproveitamos tamén para dicirvos que os boletíns de notas estarán dispoñibles desde a app  abalarMóbil a partir das dúas da tarde dese día. A avaliación está feita con remate o día 14 de marzo, último día de clase efectiva.

Quen non teña a aplicación terá que descargala antes seguindo as indicacións desta páxina. No caso de que vos dea erro, solicitádea no correo do centro ceip.sanxose.obreiro@edu.xunta.es ou tentade comunicar co centro no 881 880 214 ou no 623 22 75 23, desde onde tentaremos axudarvos. Se non fose posible, entregaranse cando se poida, ao rematar a cuarentena.

Saúdos e moito ánimo para que se acabe pronto isto e poidamos volver vernos pronto!

AVISO IMPORTANTE DO CONCELLO

Desde o Departamento de Servizos Sociais do Concello infórmannos que están a disposición de todas as familias que o precisen no 690067041 ou nos seguintes teléfonos:

UNHA MENSAXE DE TODO O PROFESORADO!

Queridos nenos e nenas:

Pronto se cumplirán 15 días desde que se decretou o estado de alarma e queremos felicitarvos polo ben que o estades facendo, axudando na casa e  facendo os deberes que vos imos poñendo. Infelizmente, isto aínda non acabou. Agora ven a parte máis difícil, quedan outros quince días máis e por iso queremos mandarvos unha mensaxe moi importante para que nos se vos esqueza: 

                                             QUEDA NA CASA! 

Porque ese é o mellor xeito de axudar a todas as persoas que non poden facelo por nós: á xente que nos atende e mantén funcionando os supermercados, panaderías, etc, aos repartidores, transportistas, forzas de seguridade e, sobre todo, á máis importante: o persoal sanitario, a quen lles aplaudimos todos os días por como se están xogando a vida. Ánimo, xuntos podemos conseguilo. Aquí vai o noso aplauso para vós!!

NOVIDADES

DÍA 23 DE MARZO

Como sabedes, o estado de alarma vai ser prorrogado outros 15 días máis, sentímolo pero é necesario para ganarlle ao virus. Nós imos seguir traballando e axudando quedando na casa, ese vai ser o noso traballo máis importante e o noso mellor xeito de axudar. Mentres tanto, seguiredes a ter as actividades no curso correspondente. Saúdos e moito ánimo a todos e todas!!

 

DÍA 17 DE MARZO

Algunhas familias fixéronnos chegar que teñen problemas con algunhas das actividades que están en flash porque non dispoñen de ordenador ou prefiren facelas co teléfono móbil. Se este é o voso caso, a solución é descargar unha app desde google play chamada PUFFIN WEB BROWSER, un navegador que permite visualizalas correctamente. O malo é que ten anuncios, sentimos as molestias.

Lembrade que estamos á vosa disposición no tfno. 881880214 (horario de 10 a 13 horas) ou no correo ceip.sanxose.obreiro@edu.xunta.es a calquera hora. Moito ánimo!!

 

 

DÍA 16 DE MARZO:

Estamos tendo moitos problemas para as actividades nesta web, xa que se colapsa continuamente. Agardamos poder facelo ao longo do día. 

Se precisades comunicarvos con nós, podedes usar o correo electrónico do centro: ceip.sanxose.obreiro@edu.xunta.es. Procuraremos atendervos o mellor que poidamos.

DIA 15 DE MARZO:

Consecuentemente co que determina o Real Decreto que establece o estado de alarma, o proceso de matrícula queda suspendido

Tamén queda suspendido polo mesmo motivo o horario de atención ao público xa que non haberá profesorado no centro.

Aproveitamos de novo para transmitirvos moitos ánimos para pasar estes días. Unha aperta moi forte!!

INSTRUCIÓNS RECIBIDAS PARA ESTES DÍAS DE PECHE DO COLEXIO

Estimadas familias,

Como sabedes, todos os colexios permanecerán pechados tanto para as actividades lectivas como para madrugadores, comedor, transporte, etc. desde o vindeiro 16 de marzo por un tempo de 14 días naturais, debido ao Coronavirus Covid19.

Durante este tempo, convén ter en conta as seguintes instrucións provisionais nos acaba de pasar a Consellería:

1. O prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión amplíase e finalizará 1 semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes. O centro unicamente abrirá as portas estes días para tal efecto, de 10:00 a 12:00 horas.

2. O profesorado irá colgando na páxina web do centro, no curso e materia correspondente, as actividades a realizar polo alumnado no domicilio. Ditas actividades é preferible realizalas no horario matinal e poden ir variando ao longo destes días.

3. O profesorado fará, dentro das súas posibilidades, un seguemento das actividades realizadas, titorizándoas de xeito telemático, nunca presencial, e tentarán axudar e resolver as posibles dúbidas por correo electrónico.

Lembrade que estas medidas son provisionais e teremos que estar atentos ás noticias que se vaian producindo. 

Desexámosvos moita sorte para que todo esto pase rápido e poder volver a vernos o máis axiña posible.

Un saúdo moi cordial do equipo directivo e de todo o profesorado do centro!

Distribuir contido


by Dr. Radut