Skip to Content

NOVIDADES

DÍA 23 DE MARZO

Como sabedes, o estado de alarma vai ser prorrogado outros 15 días máis, sentímolo pero é necesario para ganarlle ao virus. Nós imos seguir traballando e axudando quedando na casa, ese vai ser o noso traballo máis importante e o noso mellor xeito de axudar. Mentres tanto, seguiredes a ter as actividades no curso correspondente. Saúdos e moito ánimo a todos e todas!!

 

DÍA 17 DE MARZO

Algunhas familias fixéronnos chegar que teñen problemas con algunhas das actividades que están en flash porque non dispoñen de ordenador ou prefiren facelas co teléfono móbil. Se este é o voso caso, a solución é descargar unha app desde google play chamada PUFFIN WEB BROWSER, un navegador que permite visualizalas correctamente. O malo é que ten anuncios, sentimos as molestias.

Lembrade que estamos á vosa disposición no tfno. 881880214 (horario de 10 a 13 horas) ou no correo ceip.sanxose.obreiro@edu.xunta.es a calquera hora. Moito ánimo!!

 

 

DÍA 16 DE MARZO:

Estamos tendo moitos problemas para as actividades nesta web, xa que se colapsa continuamente. Agardamos poder facelo ao longo do día. 

Se precisades comunicarvos con nós, podedes usar o correo electrónico do centro: ceip.sanxose.obreiro@edu.xunta.es. Procuraremos atendervos o mellor que poidamos.

DIA 15 DE MARZO:

Consecuentemente co que determina o Real Decreto que establece o estado de alarma, o proceso de matrícula queda suspendido

Tamén queda suspendido polo mesmo motivo o horario de atención ao público xa que non haberá profesorado no centro.

Aproveitamos de novo para transmitirvos moitos ánimos para pasar estes días. Unha aperta moi forte!!



story | by Dr. Radut