Skip to Content

LEROUCHO invita aos padriños e madriñas a escoller un bo libro aos seus afillados e afilladas

 

 

 

 

 

 

Á volta das vacacións, o martes 23 de abril, celebraremos a SEMANA DO LIBRO. Os padriños e madriñas coñecerán aos seus afillados e afilladas e xuntarémonos para ler o venres 26, despois do recreo.

Se a “tecnoloxía nos acompaña”, poñerémonos á fila todas as mañás mentres soan as cancións O LIBRO MÁXICO e UN LIBRO ( de Migallas o primeiro e de Pablo Díaz o segundo).

As mesmas cancións que nos acompañarán o venres ao comezo e ao final do “picnic de lectura” dos padriños e madriñas lectores.

Espero que disfrutedes moito das historias que contaredes e vos contarán.

Bicos a mancheas .

 



page | by Dr. Radut