Skip to Content

Ed. infantil

Período de adaptación do ao 9 ao 21 de setembro

Horario do período de adaptación do alumnado de 4º de Educación Infantil

Xoves 9 e venres 10 12:30 a 13:50
Luns 13 e martes 14 11:00 a 13:50
Mércores 15. xoves 16 e venres 17 10:00 a 13:50
Luns 20 e martes 21 Horario completo

SUMMER TIME

A piques de entrar no verán e cando vai moita calor, os peques de E.I. e os nenos/as de 1º e 2º E.P., pasaron un rato estupendo na nosa swimming pool.

Os peques de E.I. calzaron as flip-flop máis divertidas para lucilas na swimming pool. E que mellor remate do día que tomar unhas doces strawberries do noso garden con saboroso chocolate. Ben boas que estaban! Ata rechupeteamos os fingers.

E os compañeiros/as de 1º e 2º E.P. co espírito de coidadores do noso planeta, decidiron lanzar á swimming pool a message in a bottle, porque non imos contaminar ríos e mares con botellas de plástico.

Nesa message, lanzamos un SOS to the world porque non podemos seguir contaminando o noso planeta, non hai planet B.

ENJOY YOUR TIME!

Hora de ler en Ed. Infantil

Estas son algunhas das actividades realizadas na Hora de ler polo alumnado de Ed. Infantil:

As emocións e as cores

O longo deste curso co alumnado de Educación Infantil traballamos as emocións a partir do conto “Los tentáculos de Blef”.

Traballamos as seguintes emocións :

  • Alegría
  • Amor
  • Medo
  • Tristeza

Quedounos sen traballar a rabia por falta de tempo.

Partimos da lectura dos distintos contos da colección, para cada emoción un conto, facendo actividades relacionadas co conto e outras sen ser do conto pero relacionadas con dita emoción.

Primeiro recoñeceron , debuxaron e modelaron con plastilina emoticonas con distintas emocións a través de contos relacionados    “Quen fai sorrir a princesa”, “Mi abrazo preferido”, “Los miedos del capitán Cacurcias”, “Lágrimas bajo la cama”.

  • Debuxaron a Blef pintando os tentáculos con distintas cores para cada emoción.
  • Conversamos cos  nenos e nenas sobre  cousas que lles daban medo .
  • Elaboraron unha caixa máxica onde meteron debuxos e frases relacionadas cos medos que tiña cada un.
  • Debuxarse coa persoa ou persoas que máis queren despois de contarlles o conto “De que color son los besos”.
  • Debuxaron e escribiron palabras cariñosas as persoas que non puideron visitar durante a pandemia.
  • Escoitamos distintas audicións coas que bailaban libremente
  • Construímos un cubo cos debuxos  en cada cara das distintas emocións de Blef.
  • Xogaron co cubo e expresaron a emoción que lles saía a cada un ao tirar o cubo a o aire.
  • Diálogo sobre cousas ou situacións que lles poñían tristes  e outras coas que se Poñían contentos.
  • Fixeron tamén debuxos sobre estas situacións.
  • Foi tamén moi divertido o xogo de “Memori emocións” que tamén serviu como exercicio para traballar a memoria.

Quedounos sen elaborar o disfrace do entroido porque este ano polo COVID non o puidemos celebrar.

Por último fixeron un xogo de tres en raia cun taboleiro co debuxo de Blef e fichas con emoticonas das emocións feitas con masa de modelar.

Libros que van e veñen curso 2020/2021

Na semana das bibliotecas escolares puxemos a funcionar, un ano máis, a actividade de animación á lectura: "Libros que van e veñen". Empregamos as novas bolsas/mochila que nos achegaron desde  a asesoría de bibliotecas da Consellería de Cultura, educación e universidade.

Todos os venres, o equipo de biblioteca prepara as bosas para que os nenos e nenas difruten da lectura en tempo de lecer coas súas familias.

BOA LECTURA PARA TODAS E TODOS!!!

 

Pasea pola túa cidade

O día 19 de maio o alumnado de Ed. Infantil participou na actividade "Pasea pola túa cidade" que organizou a Concellería de Ed. de Ourense.

Realizamos unha visita guiada polo monicreque Martiño ao casco vello da cidade que partíu dos xardíns das Burgas e continuou con visitas á Praza Maior e Concello para posteriormente visitar as tres entradas da Catedral, comezando pola praza do Trigo e rematando na praza de San Martiño.

Antes de regresar para o cole, fixemos unha parada na zona de xogos do parque da Alameda, no que repuxemos forzas para voltar para casa.

Día da nai 2021

Na última semana do mes de abril o alumnado de Ed. Infantil dedicouse a preparar unn regalo sorpresa para as súas nais., consistente na realización dunnn xogo de tres en liña coa imaxe de Blef, unha das figuras que empregamos na aula para traballar as emocións no PDI de Ed. Infantil.

A Strawberry Garden

No noso cole non temos STRAWBERRY FIELDS, nen somos THE BEATLES.

Nós somos así de especiais e temos A STRAWBERRY GARDEN e somos os máis peques da escola, os SUPERPEQUES.

Unímonos aos SUPERHEROES de 2º E.P. na súa teima pola FRUIT e coidamos e recolectamos as strawberries que medraron no noso GARDEN.

E ben boas que están! Ata os paxaros deron conta delas! Doces e RED!

 

CREAcción no Día do libro 2021

Ao longo da semana do 23 de abril celebramos no centro o Día do libro coa CREAcción de diversas actividades que pasamos a enumerar:

  • Concurso de “Emociónate co meu libro” no que o alumnado participou coa axuda das súas familias, CREAando a portada dun dos seus libros favoritos. O nivel acadado nas súas CREAccións foi espectacular e pódese observar na seguinte ligazón: "Emociónate co meu libro".
  • CREAcción dun conto colaborativo entre todos os membros da comunidade educativa. O alumnado de Ed. Infantil comezou a historia do conto e o resto dos cursos foino ampliando. En breves estará accesible desde esta entrada.
  • Visionado da presentación sobre a historia do Día do libro realizada polo equipo de bilioteca.
  • CREAacción de minilibros por parte do alumnado co agasallo dunha rosa para entregar ás súas familias.
  • O alumnado de Ed. Infantil CREou as portadas de dous dos seus libros favoritos: a “Historia de Malala” e “As historias de Blef"

 

Vialín, escola para peques.

Vialín, autoescola para peques, foi unha divertida actividade sobre educación viaria da Concellería de Educación de Ourense, na que tivo o privilexio de participar o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil, un ano máis.

Xogando a ser peóns, aprendemos a movernos pola cidade respectando os sinais e normas de tráfico.

Pasámolo xenial!!

Distribuir contido


by Dr. Radut