Skip to Content

6º Curso

Celebración do Día dos dereitos da Infancia

Celebración exitosa do día dos dereitos da infancia no CEIP Manuel Sueiro cun enfoque educativo singular.

O 20 de novembro o CEIP Manuel Sueiro encheuse de risas, alegrías e aprendizaxes durante unha emocionante celebración do Día dos dereitos da Infancia. Este evento tan esperado non só foi un día de diversión, senón tamén unha oportunidade educativa única para o alumnado do colexio.

Cada aula do CEIP Manuel Sueiro participou activamente na celebración presentando ao resto das clases un dereito fundamental da infancia. Os nenos e nenas non só se divertiron, senón que tamén aprenderon a importancia dos seus dereitos e o respecto aos seus compañeiros.

Dende primeira hora da mañá, o colexio estivo cheo de enerxía positiva mentres se preparaban para presentar os seus dereitos para compartir os seus coñecementos dun xeito creativo e participativo.

O profesorado tivo un papel fundamental na organización do evento, animando aos estudantes a expresar as súas ideas de forma eficaz e fomentando o respecto mutuo. Cada presentación foi única e reflectiu o esforzo e a creatividade do alumnado e do profesorado.

Durante as presentacións, non só compartiron información sobre os dereitos da infancia, senón que tamén destacaron a importancia de respectar e valorar as diferenzas entre eles. Esta iniciativa non só promoveu a aprendizaxe académica, senón tamén as habilidades sociais esenciais para o desenvolvemento dos nenos e nenas.

Amosamos a nosa satisfacción polo acto, destacando a importancia de celebrar o Día da Infancia dun xeito non só divertido, senón educativo. É fundamental que o noso alumnado comprenda os seus dereitos dende pequenos, e esta celebración foi unha valiosa oportunidade para conseguilo.

En resumo, a celebración do Día da Infancia no CEIP Manuel Sueiro foi un éxito rotundo, deixando unha pegada perdurable na mente do alumnado e reforzando o compromiso do centro coa educación integral do seu alumnado.

Competición de Campo a través

Éxito deportivo do CEIP Manuel Sueiro na competición de Campo a Través de Monterrei.

Nunha xornada chea de ilusión e espírito deportivo, o alumnado do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro destacou na competición de campo a través que tivo lugar nas instalacións deportivas de Monterrei o 14 e 15 de novembro.

Cun tempo ideal para a práctica deportiva, os nenos e nenas deportistas do Manuel Sueiro demostraron as súas habilidades atléticas e compromiso co deporte, deixando unha pegada indeleble na competición que congregou a varios colexios da comarca.

O alumnado, dende os máis pequenos ata os maiores, participaron en diversas categorías adaptadas ás súas idades, correndo con determinación e amosando un nivel de resistencia impresionante. Pais, profesores e compañeiros reuníronse nas bancadas para animar e apoiar aos corredores, creando un ambiente vibrante e positivo.

Estamos moi orgullosos da dedicación e do esforzo que o noso alumnado amosou nesta competición. Non só é unha festa do deporte, senón que tamén é o reflexo do traballo duro, o traballo en equipo e a determinación que fomentamos na nosa comunidade escolar.

Entre os corredores e corredoras do Manuel Sueiro, destacamos o seu compromiso e o podio alcanzado na categoría de Alevín masculino. A comunidade educativa felicita a cada participante, facendo fincapé na importancia dos valores deportivos e do compromiso coa actividade física no desenvolvemento integral do alumnado.

A competición de campo a través non só foi unha oportunidade para mostrar habilidades deportivas, senón tamén para fortalecer os vínculos entre os estudantes e promover un estilo de vida saudable. Ademais, o profesorado destaca a importancia de participar en eventos deportivos para fomentar a deportividade, a disciplina e o compañeirismo.

Con este éxito deportivo, o CEIP Manuel Sueiro reafirma o seu compromiso coa educación integral do seu alumnado, destacando a importancia da actividade física e o deporte como ferramentas fundamentais no seu crecemento e desenvolvemento.

Día das librarías

O 13 de novembro de 2023, o alumando de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro participaron na clausura da actividade organizada pola Agrupación de Libreiros de Ourense para celebrar o Día das Librarías en colaboración coa Concellería de Educación, Deputación Provincial e Xunta de Galicia.

Esta actividade consistiu na dramatización no CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro iniciando a actividade que continuou nas escaleiras das Galería Viacambre  e rematou coa visita a catro librarías ourensáns: Katedra, Eixo, Tanco e Maelka.

Día mundial sen tabaco

O 31 de outubro o alumando de 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro realizou o obradoiro “Día galego sen tabaco”. O obradoiro estivo dirixido por María Eva Padrón Lloves, enfermeira do Centro de Saúde de Valle Inclán en Ourense.

Neste obradoiro explicáronlle que O Día Mundial Sen Tabaco celébrase en todo o mundo o 31 de maio de cada ano. Esta celebración anual informa o público acerca dos perigos que supón o consumo de tabaco, as prácticas comerciais das empresas tabacaleras, as actividades da OMS para loitar contra a epidemia de tabaquismo, e o que as persoas de todo o mundo poden facer para reivindicar o seu dereito á saúde e a unha vida sa, e protexer ás futuras xeracións.

A Asemblea Mundial da Saúde instituíu o Día Mundial sen Tabaco en 1987 para chamar a atención mundial cara á epidemia de tabaquismo e os seus efectos letais. A celebración deste día é unha oportunidade para destacar mensaxes concretas relacionadas co control do tabaco e fomentar a observancia do Convenio Marco da OMS para o Control do Tabaco.

O obradoiro contou con dinámicas de grupo no que obxectivo e concienciar ao alumnado do pernicioso que é o consumo de tabaco así como mellorar o autoconcepto e a autoestima do alumnado para saber dicir que non.

Celebración do magosto 2023

O 10 de novembro, celebramos a festa do magosto no patio do noso colexio.

Seguindo a tradición dos últimos anos, primeiro disfrutamos dunha merenda a base de bolos preñados de chourizos, empanada de carne e bonito, e de postre bica que acompañou ás protagonistas desta festa: as castañas.

A continuación, realizamos un circuíto de xogos populares, con 9 estacións, que nos organizaron os/as profes do cole coa axuda do alumnado de prácticas.

Comida do magosto

 

Pintándonos no magosto

Xogos populares

 

Entrega dos premios Club de lectura

A sede do Ministerio de Cultura e Deporte en Madrid acolleu o mércores 8 de novembro a gala de entrega dos Premios aos Clubs de Lectura Escolar 2022-2023, un recoñecemento do Ministerio de Educación e Formación Profesional aos centros educativos que, como no caso do noso centro, o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, promoven a lectura a través deste tipo de actividades.

O director, o secretario e a coordinadora dos clubs de lectura do centro, recolleron o galardón que nos acredita como o segundo mellor club de lectura nacional na nosa categoría, en representación de todos/as lectores e lectoras do noso cole, os auténticos protagonistas do noso club de lectura.

A entrega de premios correu a cargo da Directora Xeral de Avaliación e Cooperación Territorial do Ministerio de Educación e Formación Profesional, dona Mónica Domínguez García. A encargada do discurso inaugural foi a poeta Raquel Lanseros, que afondou na importancia de fomentar a lectura e continuar con esa tarefa fermosa e chea de dificultades.

A poeta Raquel Lanseros honrounos coa sinatura dun dos seus libros, “Dicen que no hablan las plantas”, para a nosa biblioteca escolar. Ademais, fíxonos especial ilusión saber que as súas raíces familiares se atopan en Verín, aínda que ela é nada en Jerez de la Frontera.

Foi unha xornada chea de emocións e inquedanzas compartidas con centros de toda España que entenden, coma nós, que a lectura é berce de cidadáns críticos e entusiastas.

Parabéns a todas e todos os membros do noso club de lectura!

CONTINUADE A VIAXE QUE COMEZA SEMPRE NA PRIMEIRA PÁXINA DUN LIBRO E NON REMATA NUNCA NA ÚLTIMA, ... SEGUE CAMIÑO NA TÚA IMAXINACIÓN!

Celebración da Festa do Samaín

O último día do mes de outubro voltamos a celebrar a Festa do Samaín no noso cole coa realización das seguintes actividades:

  • Exposición de fondos da biblioteca para o Samaín.

  • Baile do Samaín

(Vídeo do baile en elaboración.)

  • Obradoiro de cociña terrorífica

  • Galería de imaxes do alumnado disfrazado.

  • Xantar terrorífico preparado polo alumnado do centro.

  • Desfile polo Túnel do medo que se montou na biblioteca e nos corredores do cole.

Preme para ver o vídeo do túnel

  • Exposición de cabazas.

Exposición do Samaín 2023

 

Na última semana de outubro realizamos a xa tradicional exposición de cabazas decoradas para celebrar o Samaín que o alumnado do centro preparou nas súas casas coa axuda da súa familia.

Na seguinte galería podedes gozar coa enorme creatividade e imaxinación dos seus traballlos.

 

Os petos das ánimas

O 26 de outubro de 2023, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou na charla “O peto das ánimas” na que Arturo explicoulles ao alumnado as características dos petos das ánimas, os cruceiros, así como as lendas relacionadas coa Santa Compaña.

Comendo cores

Na semana do día mundial da alimentación realizamos no noso o obradoiro Comendo Cores destinado a inculcar no alumnado hábitos saudables de alimentación na liña recomendada polos obxectivos de desenvolvemento sostibles da axenda 2030.

Un equipo de persoal do Sergas de Ourense dirixiu estas actividades coa finalidade de incidir nos estilos de vida dos nenos e nenas, xa que estes xogan un papel fundamental na saúde das persoas. Por iso, para facer cambios cara uns hábitos máis saudables é preciso convertelo nun acto consciente, xa que o coñecemento, as emocións e as habilidades xogan un papel decisivo.  Os estilos de vida, e neles a conduta alimentaria saudable e o exercicio, teñen enormes beneficios no benestar e na prevención da enfermidade, coa vantaxe de ser factores modificables, por elo é clave integralos na aprendizaxe dos nenos e nenas.

No primeiro obradoiro participou o alumado de Ed. Infantil e 6º de EP. Posteriormente repetiuse a actividade co alumnado de 4º e 5ºde EP.

Neles os nenos e nenas aprenderon de forma lúdica e participando activa a elaborar un menú saudable.

Distribuir contido


by Dr. Radut