Skip to Content

5º Curso

Plan Director

No mes de novembro participamos no Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos. Dito plan, ten como finalidade a construción dunha sociedade democrática, tolerante, solidaria, etc.

O Plan está impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación e no noso centro ofreceu dúas charlas informativas/formativas sobre as seguintes temáticas como: acoso escolar e novas tecnoloxías. Esta foron  impartidas por unha policia experta nestes temas.

Traballando por unha mocidade saudable

O alumnado de Ed. Infantil e Ed. Primaria participou nun obradoiro organizado pola Consellería de Sanidade titulado “Por unha mocidade saudable” co que traballamos aspectos relacionados cos hábitos saudables.

Con el pretendemos inculcar no alumnado que sexan conscientes da importancia da alimentación saudable e como a actividade física nos axuda a ter un corpo san.

Introducíronse conceptos básicos sobre unha boa alimentación. Traballáronse, tamén, aspectos relacionados coa adquisición de habilidades e competencias para a elección dos alimentos para unha alimentación saudable. Elaboramos un almorzo saudable e cada alumno elaborou un prato favorito.

Ademais, este programa tamén inclúe o concurso de “Chefs saudables” dirixido a alumnos e docentes dos centros participantes. Trátase de que deseñen e elaboren unha receita propia, cun menú saudable, dacordo cos  coñecementos adquiridos.

Esta campaña, “Por unha mocidade saudable”, pretende sensibilizar e educar para prever a obesidade, xa que o 8% dos nenos galegos de 6 a 9 anos son obesos e o 25% deles sofren  sobrepeso.

Xogos populares

No mes de novembro, o Centro de Cultura popular Xaquín Lorenzo, desenvolveu no noso centro o XIII obradoiro de Xogos populares e tradicionais, dirixidos polo famoso animador "Lito".

Nesta ocasión os xogos traballados foron os seguintes:

  • Zancos, aros e peóns.
  • Xogos de pillas como o cazador, o pano do río e o chourizo.

O alumnado disfrutou moitísimo das actividades e xogos que Lito lles preparou. A maioría deles foi quen de subirse aos zancos, guiar os aros e facer xirar a buxaina.

 

 

Saúde bucodental

O 20 de novembro contamos coa presenza de persoal especializado da Consellería de Sanidade para impartir un obradoiro de saúde bucodental a todo o alumnado do noso centro titulado "Coidando a miña boca".

Falounos da importancia de manter unha dieta non carioxénica, e adquirimos competencias que perseguen o fomento dunha hixiene oral efectiva e despois de cada comida.

Durante o relatorio púxose de manifesto que actualmente os escolares galegos teñen unha saúde bucodental equiparable á dos escolares dos países europeos máis avanzados neste campo. Unha das principais razóns deste importante avance foi o incremento da educación para a saúde bucodental na escola. Para todo isto a importancia da comunidade educativa foi, e continúa sendo, indiscutible.

El techo del mundo

O alumnado de 4º, 5º e 6º asistiu, o 25 de outubro, á proxección da película de animación "El techo del mundo" que tivo lugar no Auditorio de Ourense.

"1882, San Peterburgo. Sasha é unha nena aristócrata Rusa que creceu escoitando as marabillosas aventuras do seu avó, Olukin. Este famosos explorador é coñecido por inventar o "Davai", un gran barco creado co fin de emprender unha viaxe para conquistar o Polo Norte, pero que por desgraza, supuxo a súa desaparición.

Este feito provocou que a reputación da familia de Sasha e o nome do seu avó se vexan desacreditados pola poboación rusa. Para recuperar o honor da súa familia, a protagonista decide seguir os pasos do seu avó e reúne toda a valentía necesaria para ir na súa procura".

O alumnado disfrutou moito co visionado desta película de animación.

Viaxe a Monforte

O 31 de maio todo o alumnado do centro viaxou a Monforte para coñecer unha das vilas galegas polas que pasa o Camiño de Inverno, como ben sabe o alumnado de 3º de Ed. Primaria, grazas aos cales puidemos disfrutar desta visita cultura.

A viaxe fixémola en tren. Así, puidemos disfrutar dunhas magníficas paisaxes nas ribeiras do Miño e do Sil.

En Morforte esperábanos un membro da Asociación do Camiño de Inverno pola Ribeira Sacra que, amablemente, nos fixo de guía na vila. Asemade, agasallou ao centro con varios exemplares do Camiño de Inverno a Santiago.

Subimos ata o Castelo de Monforte, e puidemos contemplar de cerca a embergadura da Torre do Homenaxe que se conserva en bo estado. Desde o outeiro no que se atopa, contemplamos as vistas espectaculares sobre o val do río Cabe. Neste lugar, tamén visitamos o claustro do Mosteiro de San Vicente do Pino que agora foi transformado nun hotel de luxo.

Ao rematar a visita a este conxunto monumental dos condes de Lemos, baixamos ata o parque dos Escolapios, lugar no que aproveitamos para xantar e descansar.

De regreso ata a estación fomos polo paque que hai na ribeira do río Cabe.

Hai que repetir!!

 

 

Metereoloxía na aula de apoio

O alumnado da aula de apoio recolleu ao lomgo de todo o curso os datos metereolóxicos nun calendario. Nei ían reflectindo o estado atmosférico de cada día.

Ao rematar o mes facían un reconto de todos os estados e reflexionaban sobre como foi o tempo dese mes.

A final de curso comparamos os valores dos estados atmosféricos dos diferentes meses.

 

Hora de ler en 5º Ed. Primaria

Leváronse a cabo as seguinte actividades, varias das cales sería interesante continuar no seguinte  curso académico.

Tal e como se programou no PAL, no 1º trimestre traballamos cos libros da colección bilingüe “Clara Secret”, Ed. Macmillan.

No 2º trimestre intentei cambiar a metodoloxía empregada no 1º trimestre e así, conseguir unha maior implicación dos alumn@s, empregando a poesía.

Aproveitando a conmemoración do centenario do nacimento de Gloria Fuertes, limos poesía da colección “Lee con Gloria Fuertes”, Ed. Susaeta.  https://www.youtube.com/watch?v=XAzIrJC2yCk&feature=youtu.be

O sistema da hora de ler foi o seguinte:

  • Eu lía o poema e eles tomaban nota das palabras clave.
  • Despois debuxaban o que lles dicía a poesía.
  • Faciamos un dictado dun trozo do poema.
  • Recitaban o poema.

No 3º trimestre:

  • Adicamos a hora de ler ao libro “El día del libro” da colección Geronimo Stilton, Ed.Planeta.
  • Foi unha lectura individual para todos os compañeir@s da clase, co fin de potenciar unha correcta entonación e ritmo dan lectura. Ademais da lectura en si mesma, buscamos información sobre os castells catalás e a historia de St. George.
  • Cada neno elixiu dous libros o longo do curso para a súa lectura colectiva realizándose un  coloquio-debate o remate de cada un dos libros.         
  • Para identificar os elementos  dunha ficha e coñecer o uso dos buscadores de internet, cada alumno elixiu un libro e realizou a correspondente ficha  bibliográfica no seu caderno, xunto coas súas   pescudas en  internet.
  • Participamos nun  mural elaborado por E. Infantil.
  • O día da poesía, 21 de marzo, recitaron un dos poemas que limos na aula.

Ao final, acadáronse os obxectivos do proxecto lector neste nivel, mediante unha metodoloxía participativa.

Arte románica e gótica

O alumnado de 5º de Ed. Primaria traballou sobre a arte románica e gótica, levando a cabo as seguintes actividades:

  • Para o estudo das características da arte gótica e romana realizouse  unha pescuda, empregando diversas e variadas fontes de información. O produto final foi a realización dun mural cas imaxes mais representativas.
  • Unha arquitecta realizou un relatorio na aula para explicarlles estas manifestacións artísticas. Con esta actividade desfrutaron   moitísimo.
  • Posteriormente, para diferenzar os distintos elementos góticos e románicos, os alumnos memorizaron, debuxaron e ilustraron distintas portadas, que posteriormente identificaron.
  • Finalmente, para asimilar estas diferenzas, cada neno realizou un traballo escrito, e, a súa vez o estudo, debuxo e ilustración dunha planta románica e gótica.

 

 

Homenaxe a Carlos Casares

O alumnado de sexto curso participou no homenaxe a Carlos Casares, que organizou a Concellería de Cultura do Concello de Ourense, o 15 de maio na Praza de San Martiño.

Durante o acto, o alumnado dos centros presentes deu lectura a diversos contos do autor. Como actividade central participamos nunha versión didáctica do conto da "Galiña azul" que encandilou ao público presente.

Como remate do acto, entonamos o Himno galego coa axuda de membros da Escola de música do Concello. 

Distribuir contido


by Dr. Radut