Skip to Content

5º Curso

Imaxina outra realidade

O 18 de abril de 2018, estiveron con nós as CHARLAS TECNOLÓXICAS ICCKIDS 2018 "IMAXINA OUTRA REALIDADE" programa da Deputación de Ourense na que amosaron ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º as vantaxes da tecnoloxía e a importancia da robótica e a realidade virtual. 

Despois da explicación tocou gozar da experiencias das gafas de realidade virtual. Xa estamos agardando a que volvan con máis xogos e actividades.    

 

Chefs saudables de quinto

O alumnado de 5º de Ed. Primaria, este curso, participou no concurso de Chefs saudables que convocou a Consellería de Sanidade.

Entre todos e todas elaboraron, coa axuda dos mestres, unhas receitas que eles mesmos buscaron nos fondos da nosa biblioteca.

Para mercar os produtos fixemos unha saída a un supermercado que hai no barrio do cole.

Para elaborar o menú utilizamos as instalacións, aparellos e utensilios que hai na cociña escolar.

O resultado das nosas creacións podédelos ver nos seguintes vídeos:

Ensalada de fabas con emulsión de módena

GALERÍA DE IMAXES

 

Actividades de COGAMI

O día 04 de abril de 2018 estiveron co alumando de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria membros asociación COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade).

Na aula de 3º e 4º de Educación Primaria explicáronnos a través de vídeos as dificultades que teñen as persoas con discapacidade a día de hoxe.

Na aula de 5º e 6º de Educación Primaria a explicación centrouse na terminoloxía de termos como: discapacidade, minusvalía, enfermidade, discapacidade motriz, intelectual,…

Despois da explicación tocou xogar no patio, e ver de primeira man como son os xogos e as regras dos mesmos adaptados para as persoas con discapacidade, entre eles: o fútbol, voleibol e xincana coas cadeiras de rodas.   

 

Clarinetarium

O 13 de abril participamos no Auditorio un concerto de clarinetes titulado Clarinetrium.

Clarinetarium é un espectáculo en formato concerto que combina a aproximación histórica ao clarinete cunha aproximación de carácter científico.

Tubos de plástico, tesoiras e trade, canas e todo tipo de ferramentas para descubrir como é e como funciona un clarinete. Clarinetarium propón un percorrido pola historia da música para descubrir de que xeito a evolución do instrumento vai ligada á evolución da música.

Ademais, para entender o funcionamento do clarinete e os seus principais características (e por extensión o de todos os instrumentos de vento), realizáronse algúns experimentos que axudaron a facerse unha idea máis precisa. Nalgún deles participou algún alumno do noso.

 



 

Día da árbore

Ao longo da semana do 23 de marzo celebramos no colexio a Semana escolar da Árbore e da Auga seguindo o programa da Deputación de Ourense que este ano estivo dedicada ao salgueiro.

Na Hora de ler o alumnado traballou o conto de Xosé A. Perozo e Viki Berre titulado "A invención do salgueiro en Ourensanía".

O día da árbore prantamos un salgueiro no partio do centro e cantamos a canción de Paco Noguieras "Cos pes na terra".

GALERÍA DE IMAXES

 

Ponlle as pilas ao teu bocata

O 21 de febreiro todo o alumnado do centro participou na actividade promovida pola consellería de Pesca "Ponlle as pilas ao teu bocata", para a dar a coñecer as múltiples virtudes das conservas dos produtos do mar. Esta iniciativa desenvólvese nos colexios públicos e numerosas competicións deportivas e campamentos da comunidade autónoma.

“As conservas teñen unha chea de enerxía para o teu bocata”

Ter unha dieta rica e equilibrada é fundamental para crecer. Levar unha alimentación adecuada, completa e variada dáche a enerxía necesaria para facer o que che guste durante o día.

Coñecimos as especies mariñas en conserva, que xunto cunha gran variedade de alimentos vexetais, cereais, lácteos.. servirannos para elaborar os teus propios bocatas!

Experimenta con todas as combinacións que se che ocorran, e gozarás de infinidade de sabores que che achegarán todos os beneficios enerxéticos que necesitas para crecer san e forte!.

Viaxe a Baiona

O noso cole participou, no mes de febreiro, na segunda fase do programa "O sabor da aventura está no mar" organizada pola Consellería do Mar. Viaxamos ata a Vila de Baiona, na provincia de Pontevedra, na que, grazas aos monitores e monitoras da organización, visitamos:

  1. Casa da Navegación de Baiona, a cal alberga unha colección que mostra a evolución histórica, urbana e social da Vila de Baiona, destacando as privilexiadas relacións comerciais que mantivo con Europa e América e o papel transcendental que xogou o seu porto na historia da navegación atlántica.
  2. Estación Marítima América, na que nos amosaron os diferentes aparellos de pesca.
  3. Lonxa de Baiona, na que puidemos observar como se poxa pola peixe que entra na lonxa de Baiona.
  4. Praza de abastos de Baiona, na que nos amosaron os diferentes postos de venta de peixe fresco, el salmoira e en conserva. Para rematar nun magnífico xantar de produtos do mar: croquetas, pizza mariñeira e iogurt.
  5. Parque A Palma, antes de regresar a Ourense puidemos gozar das instalación do parque de A Palma na que os nenos e nenas do CEIP Manuel Sueiro o pasaron en grande.

                Agardamos regresar para poder seguir coñecendo esta magnífica vila como é Baiona.

Plan Director

No mes de novembro participamos no Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos. Dito plan, ten como finalidade a construción dunha sociedade democrática, tolerante, solidaria, etc.

O Plan está impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación e no noso centro ofreceu dúas charlas informativas/formativas sobre as seguintes temáticas como: acoso escolar e novas tecnoloxías. Esta foron  impartidas por unha policia experta nestes temas.

Traballando por unha mocidade saudable

O alumnado de Ed. Infantil e Ed. Primaria participou nun obradoiro organizado pola Consellería de Sanidade titulado “Por unha mocidade saudable” co que traballamos aspectos relacionados cos hábitos saudables.

Con el pretendemos inculcar no alumnado que sexan conscientes da importancia da alimentación saudable e como a actividade física nos axuda a ter un corpo san.

Introducíronse conceptos básicos sobre unha boa alimentación. Traballáronse, tamén, aspectos relacionados coa adquisición de habilidades e competencias para a elección dos alimentos para unha alimentación saudable. Elaboramos un almorzo saudable e cada alumno elaborou un prato favorito.

Ademais, este programa tamén inclúe o concurso de “Chefs saudables” dirixido a alumnos e docentes dos centros participantes. Trátase de que deseñen e elaboren unha receita propia, cun menú saudable, dacordo cos  coñecementos adquiridos.

Esta campaña, “Por unha mocidade saudable”, pretende sensibilizar e educar para prever a obesidade, xa que o 8% dos nenos galegos de 6 a 9 anos son obesos e o 25% deles sofren  sobrepeso.

Xogos populares

No mes de novembro, o Centro de Cultura popular Xaquín Lorenzo, desenvolveu no noso centro o XIII obradoiro de Xogos populares e tradicionais, dirixidos polo famoso animador "Lito".

Nesta ocasión os xogos traballados foron os seguintes:

  • Zancos, aros e peóns.
  • Xogos de pillas como o cazador, o pano do río e o chourizo.

O alumnado disfrutou moitísimo das actividades e xogos que Lito lles preparou. A maioría deles foi quen de subirse aos zancos, guiar os aros e facer xirar a buxaina.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut