Skip to Content

4º Curso

Ponlle as pilas ao teu bocata

O alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º curso de Ed. Primaria participou o xoves 22 de setembro nun obradoiro de cociña nas instalacións da Concellería de Sanidade do barrio das Lagoas, dentro do programa "Ponlle as pilas ao teu bocata" cofinanciado polo Fondo europeo de pesca e ANFACO-CECOPESCA.

Os chef de cociña Aitor Tilla e Ana Tillas, dun xeito ameno e lúdico, ensináronnos unha pila de beneficios que teñen os produtos do mar, xa que un bocata de conservas do mar leva toda a enerxía que necesitamos para alcanzar todas as nosas metas. As conservas do mar son ricas en proteinas moi importantes para crecer e levan vitamina B12 que é fundamental.

Fixéronnos unha chea de agasallos: dúas camisetas, unha gorra e un libriño de receitas de bocatas para que poñamos en práctica nas nosas casas o aprendido.

Como remate da actividade, fixemos unha degustación de bocatas elaborados con diferentes produtos do mar: bonito, mexilóns, xardiñas e chocos.

...pasámolo xenial

Galería de imaxes

La Vuelta Ciclista Junior

O 31 de maio, o alumnado de 3º, 4º, 5º e sexto participou no programa de formación en ciclismo e alimentación responsable que organiza a Asociación de ciclistas profesionais en colaboración con Cofidis, CSD e "La vuelta".

David Abal, exciclista profesional, informounos sobre as principais carreiras profesionais que hai no mundo. Con el vimos en que consiste a xornada diaria dun ciclista, desde que se levanta ata que se vai a durmir. Tamen aprendemos o importante que é o esforzo, a humildade e o respecto para chegar a ser un bo deportista.

Para rematar a actividade participamos nunha clase práctica de ciclismo onde realizamos un pequeno adestramento de ciclismo no que puxemos en práctica todo o comentado sobre seguridade e normas de circulación por David.

Uns vinte alumnos e alumnas participantes foron escollidos para participar na "Vuellta Ciclista Junior" que se disputará a finais de agosto. Ese mesmo día sae a "Vuelta Ciclista a España" desde o pobo do ribeiro de Castrelos.

¡Esperamos vervos alí a todos!

Galicia

Poema de Manuel María rapeado polo alumnado de 4º de Ed. Primaria na Hora de ler.

24 de febreiro, Día de Rosalía

Galería de imaxes

O pasado 24 de febreiro conmemoramos o aniversario de Rosalía coa realización de diversas actividades:

  • O alumando de Ed. Infantil traballou a figura de Rosalía ao longo de toda a semana coa elaboración dun gran mural alusivo á escritora.
  • En Ed. Primaria traballouse co material compilado na web do cole e a unidade didáctica elaborda polo Equipo de Dinamización Lingüística.
  • A maioría do alumnado participou na proposta da AELG que este ano consistiu na elaboración dunha postal na que figuraba impreso o poema "Canta paxariño alegre".
  • O alumnado de 1º, 3º e 4º memorizou e recitou o poema.

GALERÍA DE IMAXES

Galería

Só por hoxe

No día de San Valentín, despois de traballar a Lenda de San Valentín recitamos o poema titulado "Só por hoxe".

Día da Paz 2016

Ao longo da semana do Día da Paz traballamos nas aulas con recursos educativos compilados polo equipo de biblioteca.

O alumnado de 5º e 6º curso traballou sobre o exilio e as diferenzas culturais a través da unidade didáctica "La pequeña Carlota"de ACNUR. O alumnado de 2º traballou sobre o respecto, a educación e a tolerancia. O alumnado de 3º e 4º volveu a traballar sobre a historia de Malala e a súa defensa da educación para todo o mundo.

Unha das actividades centrais foi a interpretación da canción BLOWIN IN THE WIND de Bob Dylan polo alumnado de 1º,2º,5º e 6º na biblioteca do centro.

Galería de imaxes

Lenda do corvo e o gavilán

Ao longo do mes de novembro o alumnado de terciro e cuarto traballou esta fermosa lenda sobre o corvo e o gavilán

 

Lenda do corvo e o gavilánFai moito tempo, todas as aves que vivían na terra eran de cor branca. Parecíanse tanto unhas ás outras que, a veces, as nais non podían recoñecer as súas cativas.

Un día, un listo gavilán pensou que o mellor era colorear as súas plumas con tintas feitas con herbas. El  pintou a súa plumaxe de marrón.

Tamén pintou ás demais aves coas cores que elas quixeron, vermello, verde, cores variadas...

Pola noite o gavilán estaba esgotado e foise a durmir. De súpeto, alguén chamou a súa porta. Era un corvo que quería que lle pintasen tamén as plumas.

O gavilán non quería facelo, porque estaba moi canso, e díxolle que volvese mañá, pero o corvo enfadouse moito e tivo que pintarlle as plumas, e como estaba tan canso, logo de acabar, envorcou un vaso de tinta negra, sen querer, enriba do corvo.

Desde entón, o corvo é de cor carbón e persegue ao gavilán sen descanso.


RECURSOS EDUCATIVOS


  • Lenda en pdf
  • Versión sonora interpretada polo alumnado de cuarto.

 

Exposición de traballos con castañas 2015

Ao longo do mes de novembro realizamos na entrada do colexio unha exposición con manualidades feitas con castañas na que participaron todos os membros da comunidade educativa que o desexaron.

Os traballos presentados este curso foron dunha gran calidade. Na seguinte galería de imaxes podedes observalos.

GALERÍA DE IMAXES

 


 

GAÑADORES DO CONCURSO

Traballo de María
Ed. Infantil 1º, 2º e 3º de E. Primaria 4º, 5º e 6º de E. Primaria

O 20 de novembro tivo lugar a entrega de agasallos aos mellores traballos de cada grupo. Neste concurso, todos e todas os/as participantes recibiron un fantástico agasallo destinado a fomentar a súa creatividade plástica. Asemade os gañadores de cada categoría recibiron sendos cadernos cos que comezar a plasmar dita creatividade.

Todo o alumnado do centro participou como xurado na elección dos mellores traballos. Os resultados da votación pódense ver nas seguintes ligazóns:

 

Hora de ler 2015/2016

O alumnado das aulas de apoio no curso 2015/2016 está a traballar sobre lendas populares dentro do proxecto documental integrado "Galicia arredende a aventura".

No seguinte mural iremos reflectindo o traballo realizado ao longo do curso:

O claro do bosque

O claro do bosque

O alumnado de 2º. 3º e 4º de Ed. Primaria realzou un libro ilustrado sobre a lenda "O claro do bosque" de Mónica Hughes que entregou á responsable da biblioteca do noso cole para que pasase a formar parte dos fondos documentais da mesma.

Como todo bo libro, i este o é, ten unha película que reflicte o seu contido cunha calidade excepcional segundo os críticos do sétimo arte...

Distribuir contido


by Dr. Radut