O 5 de outubro tivemos o privilexio de contar coa presenza da poetisa de orixe cubano Leanne Rivera grazas á colaboración do Círculo poético ourensán.
O alumnado do noso centro rendeulle unha pequena homenaxe cos traballos que realizaron nas súas clases ao longo dos días previos á súa visita:
- Coplas de presentación. Alumnado de 5º EP.
- Poema"De vez en cuando". Alumnado de EI.
- Poema "Luz de plata". Alumnado de 1º EP.
- Poema "Presludio". Alumnado de 2º EP.
- Poema "Aquí sigo". Alumnado de 6º EP.
- Agasallo do alumnado de 4º EP.
- Análise das súas frases. Alumnado de 4º EP.
Despois de sometela a unha pequena encerrona, con preguntas de todo tipo sobre a súa vida e obra, Leanne recitounos o poema que tiña preparado para participar nos IX encontros internacionais de poesía que organizou o Círculo poético ourensán.
Na seguinte galería amosamos os principais momentos do encontro coa poetisa.