Skip to Content

2º Curso

A árbore das lecturas favoritas

 

Os alumn@s de 2º de primaria para conmemorar o día do libro recordamos todos os contos favoritos que lemos durante  este curso na hora de ler e no club de lectura e plasmámolos nas ramas da nosa árbore de lecturas.

A árbore seguirá medrando e seguiremos gozando de cada unha das follas das maravillosas historias dos contos da nosa biblio.

Abellas

O 27 de abril, o alumnado de 1º e de 2º de E.P. foron a Oira á aula da natureza a aprender moitas cousas sobre as abellas.

Foi unha xornada moi interesante xa que nos explicaron a diferencia entre abella, avespa e abellón, a súa anatomía, como viven, como se reproducen, a función dos zánganos, da raiña e das obreiras na colmea, como fan a mel e a cera; entre outras.

Tamén nos puxemos o traxe de apicultor@r, probamos o polen,  e fixemos unha candea que trouxemos para casa cun un pouco de mel para degustar.

Foi unha xornada moi didáctica e disfrutarona moito.

Apadriñamento lector

O 25 de abril, como actividade do Día do libro, e dentro do tempo dedicado á Hora de ler, o alumnado do cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed.Primaria apadriñou ao alumnado máis cartivo do centro coa lectura de contos adaptados á idade destes últimos.

A actividade desenvolveuse nos espazos exteriores do centro: polideportivo, zona de xogos, patio infantil e entrada do centro.

O resultado da experiencia foi moi positivo xa que os lectores conseguiron que os seus afillados non deixaran de estar atentos ás historias que lle foron contando.

Xa estamos desexando realizar o próximo apadriñamento lector!!

 

Contacontos "Luuume" pola mestra María

A profe María, do equipo de biblioteca, realizou un contacontos na biblioteca sobre o libro "Luuume!" de Andrea Freire e que está publicado pola Editorial Antela.

Misto sempre anda alporizado e, namentres, a vida vai sucedendo. A súa familia e amizades tentarán axudalo pero, serán quen de conseguilo?.

Nesta fermosa historia, o protagonista é un pequeno misto que sempre está enfadado, e aprenderá a xestionar a frustración.

No mes de maio teremos un encontro coa autora deste libro na nosa biblioteca.

Obradoiro de saúde bucodental

O xoves 7 de abril realizamos no noso centro a actividade centrada na saúde bucodental.

A actividade dividiuse en dúas sesións. A primeira para o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria e a segunda sesión para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

A charla foi levada a cabo por unha hixenista que nos ensinou, entre outras cousas, a cantidade de azucre que teñen os produtos e a importancia dun bo lavado de dentes. 

Saúde bucodental

A clorofila

O alumnado de 2º de Ed. Primaria pescudou sobre a clorofila.

As follas están cheas duns pigmentos verdes chamados clorofilas. Estas clorofilas son as que lle permiten coller a enerxía do sol e cercer.

Funcionan como pequenas placas fotovoltaicas que toman a enerxía do sol e transfórmana en alimento.

Hai diferentes clorofilas e aínda que non as vexamos a simple vista, as follas teñen pigmentos doutras cores. Aquí vos deixamos as imaxes para que o podades comprobar.

Obradorio de gusanos de seda

O 5 abril, catro alumnas da Facultade de Educación Primaria desenvolveron no noso centro un  obradoiro de vermes de seda onde os nenos puideron observar exemplares naturais, repasando o proceso metamórfico desta especie, dende os ovos ata a bolboreta.

Unha vez finalizada a exposición o alumnado participante plasmou con diversos debuxos o que máis lles gustou da exposición.

Foi unha experiencia moi enriquecedora para todas as persoas asistentes.

Día da Poesía 2022

O Día Mundial da Poesía, celebrado cada ano o 21 de marzo, conmemora unha das formas máis prezadas da expresión e identidade lingüística da humanidade. A poesía, practicada ao longo da historia en todas as culturas e en todos os continentes, fala da nosa humanidade común e dos nosos valores compartidos, transformando o poema máis simple nun poderoso catalizador do diálogo e a paz.

O noso alumnado participou do impulso dialogante da poesía participando un recital de poesía que se realizou simultaneamente en todas as aulas do centro na Hora de ler coas poesías elaboradas ao longo dos días previos nos diferentes obradoiros desenvolvidos nas aulas.

As súas obras quedaron expostas no corredor do centro nun gran mural:

Asemade, o equipo de biblioteca realizou unha exposición dos fondos bibliográficos de poesía para que o alumnado que quixese,  os levase en préstamo para ler nas súas casas ou momentos de lecer.

Alumnado de Ed. Infantil

 Alumnado de 3º de Ed. Primaria

Mulleres importantes nas nosas vidas

Ao longo da semana do Día da Muller realizamos no cole diversas actividades educativas que buscaban pór de manifesto a loita das mulleres pola igualdade e o recoñecemento e exercicio efectivo dos seus dereitos na busca dunha igualdade real.

O equipo de biblioteca realizou unha exposición de fondos que abordaban dalgún xeito esta temática. Asemade, organizouse a elaboración dun gran cartaz no que a comunidade educativa fixo unha homenaxe ás mulleres máis importantes na súa vida, aportando carteis cos seus nomes e imaxes desas mulleres. O resultado podédelo ver na galería de imaxes, na presentación de máis abaixo e na imaxe do cartaz.

O alumnado, tamén reflexionou sobre as mulleres máis importantes da súa vida e a maioría coincidiu e que foi a na súa nai. As nenas e nenos de 2º de E.P, para facerlle un pequeno agasallo, fixeron un banderín debuxando o retrato delas e escribíndolle algo que lle saíra do corazón. Na hora de ler, escolleron o conto ¡Vivan as uñas de cores! Unha historia real que serviu de inspiración ás escritoras e unha bandeira literaria para falar de igualdade.

Preme aquí para ver a pantalla completa

Desfile do venres de Entroido

Esta ano, o venres de Entroido, participamos no desfile que organizou o Concello de Ourense polas rúas do centro da cidade.

O alumnado de Ed. Infantil e 1º de Ed. Primaria disfrazouse de Arco da vella e o profesorado de nubes. O alumnado de 2º, 3º e 4º de Ed. Primaria ía disfrazado de curuxas e o profesorado de árbores. Por último, os máis maiores do coles, 5º e 6º de Ed. Primaria foron disfrazados de nativos do Amazonas.

Baixo a dirección da nosa xefa de tribu, desfilamos ao son de Carnaval de Maluma representando a coreografía traballada ao longo de toda a semana no tempo de lecer e que non deixou indiferente a ningunha das miradas do público asistente ao desfile.

Distribuir contido


by Dr. Radut