Skip to Content

2º Curso

Obradoiro de saúde dental

O 24 de marzo, contamos coa colaboración do Colexio Profesional de hixienistas de Galicia para realizar tres obradoiros no noso cole destinados ao alumnado de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria. Estes profesionais sanitarios forman parte do equipo de responsables da saúde bucodental da poboación e, ademais, xunto aos dentistas, son as únicas persoas que poden traballar na boca dos pacientes.

Primeiro, faláronlles da importancia que ten realizar unha boa hixiene dos dentes e da lingua, polo menos tres veces ao día. Asemade, recordáronnos a relación directa que existe entre unha boa alimentación e unha boa saúde dental, insistindo, sobre todo, en que debemos evitar o consumo de chuches e facer un consumo moderado de doces.

Co aprendido no relatorio, practicamos nun modelo de dentadura como se debe proceder para realizar un bo cepillado.

Para finalizar, agasallaron a todas as persoas participantes cun lote de cepillo e pasta dentífrica e un diploma que lles acredita que teñen a boca limpa e sana. Tamén nos deixaron para traballar na aula, coas nosas mestres, un caderno de banda deseñada titulado: Dr. Rabbit e os defensores dentais.

Se fora fácil, lerían outros

O noso cole sempre se implica en proxectos medioambientais que contribúan ao coidado do noso planeta.

Este curso unímonos á campaña “Apadrina un pingüino”. Recibimos o diploma que nos acredita como padriños do pingüín Sueiriño. Comprometémonos a coidar o medio ambiente para que o noso afillado medre nun planeta limpo e sostible e o quecemento global non o deixe sen fogar na Antártida.

Queremos agradecer aos homes e mulleres da Base Gabriel de Castilla que forman parte da Campaña Antártica, o seu esforzo por coidar ese recuncho no que vive o noso  pingüino Sueiriño.

Sabías que a Illa Decepción non é unha illa? Que ten forma de ferradura? Que o traxe que protexe ás persoas do frío ten un nome especial?

Lemos sobre pingüinos, sobre a Antártida; escribimos un diario  coas tarefas que desenvolvemos cada día durante o proxecto, recitamos poesía, fixemos pingüinos, construímos a nosa propia Base no cole, visionamos vídeos dos que tivemos información sobre ese lugar tan remoto do planeta e as actividades científicas que alí se desenvolven.

O título global do proxecto é "SI FUERA FÁCIL, LEERÍAN OTROS". Co espirito de esforzo polo traballo ben feito, asociado ás tarefas de lectura e escritura levamos adiante este proxecto que tan bos momentos nos fixo pasar.

Como di a nosa poesía: “DEL COLE A DECEPCIÓN”, saludamos a todos/as os que coidamos o noso planeta.

MEMORIA GRÁFICA

María Martinón

FROM THE PAST TO  THE PRESENT THROUGH OURENSE

No Día Internacional das Mulleres quixemos pór en valor o traballo desenvolvido, e non sempre coñecido, de MARÍA MARTINÓN TORRES.

Unha muller nova, de éxito profesional internacional e ourensá, sérvenos para homenaxear a todas as mulleres que, coma ela, e día a día, traballan con paixón, sexa cal sexa o campo no que se moven.

Dos máis peques de E.I. ata os compañeiros/as de 6º E.P., todos puxemos o noso gran de area para renderlle esta sinxela, pero sentida homenaxe, a María Martinón Torres.

Un mural no que, tal e como indica o título,  partindo do pasado chegamos ao presente pasando por Ourense.

Foi tamén a aportación da área de inglés ao calendario do cole, sendo a folla do mes de febreiro.

Coñecimos un pouco do lugar onde traballa no CENIEH, visitando a súa web https://www.cenieh.es/en , tamén explicándolle ao Ministro de Ciencia e Investigación o traballo que desenvolven no mesmo, https://www.youtube.com/watch?v=-LGBHZID9zY&t=47s , así como o programa Arqueomanía de RTVE,  adicado a Atapuerca, titulado “Atapuerca en la trinchera”https://www.rtve.es/alacarta/videos/arqueomania/atapuerca-trinchera/5761227/

GRAZAS POLO TEU TRABALLO E A PAIXÓN QUE POS NEL!


Despedida do profesorado de prácticas

Hoxe tocou despedir ás tres mestras de prácticas que nos acompañaron no traballo escolar ao longo destes meses tan peculiares por mor da pandemia. Foron moitas as bágoas que se derramaron nas aulas e no corredor do colexio… motivo polo cal se teñen que sentir orgullosas e satisfeitas xa que é o mellor indicativo de que deixan pegada no noso alumnado, e mesmo no profesorado.

Desde aquí queremos agradecerlles o seu bo facer e a súa excelente disposición ao traballo cos nenos e nenas, e felicitámolas por todo o traballo desenvolvido neste período de tempo.

Esperamos e desexamos que todo lles vaia ben e que nun futuro próximo volvan ao centro como novas compañeiras do noso claustro.

O cazo de Lorenzo

Ao longo deste trimestre o alumnado de 2º de Ed. Primaria traballou o conto de “O cazo de Lorenzo” no que a súa autora, Isabelle Carrier, tenta transmitirnos, con tenrura, agarimo e de xeito próximo, a historia dun rapaz chamado Lorenzo, que ten que arrastrar unha pota vermella, sempre ao seu carón. Ás veces a pota dálle certas dificultades e desafíos na vida que, grazas á axuda dalgunhas persoas amables, aprende a superalo aos poucos. Tendo, deste xeito, que atopar onde antes só vía aspectos negativos, os aspectos positivos da vida.

Quizais, a principal moral que se esconde entre as súas letras é que as persoas con discapacidade, que neste caso simula a cazola vermella, non teñan que querer desfacerse dela, é dicir, non teñen que velo como un estorbo. É certo que, ás veces, impide unha vida normal, pero é moito mellor, sobre todo para si mesmos e as súas familias, se intentan levala creativamente en vez de crear unha loita continua, aínda que non sempre é tan sinxelo, como Lorenzo Acaba levando a súa cacerola vermella nunha bolsa, o que lle permite superar os obstáculos cos que se atopou anteriormente dun xeito menos complicado. Se dedicamos o suficiente tempo para ver a discapacidade como o contrario, é dicir, como algo intrínseco á propia persoa, será moito máis doado para nós axudar aos que conviven con eles na súa adaptación e inclusión no mundo actual. E ademais, probablemente terán unha autoestima máis alta que lles permita, igualmente, levar unha vida plena e feliz.

Por que a discapacidade adoita asociarse a algo negativo? Por que cremos, dun xeito estereotipado, que as persoas con discapacidade non poden ou poden, pero dun xeito máis difícil, facer o mesmo que outras? Como ben explica a historia, os forasteiros a miúdo ven só a pota vermella que leva Lorenzo, e esta é información suficiente para crear equívocos. Creo que aos que non coñecen de cerca este mundo, botan de menos algo extraordinario e paga a pena exploralo porque descubrirían aquí cousas inimaxinables.

Samaín 2020

O 30 de outubro celebramos no centro a Festa do Samaín dun xeito distinto ao de anos anteriores. A posta en escena das actividades realizadas logrou que o alumnado voltase a disfrutar de momentos de felicidade no tempo de lecer, demostrando, así, que é posible compaxinar actividades colaborativas e participativas co protocolo COVID.

A xornada comezou coa representación dun contacontos polos dos nenos e nenas de sexto curso titulado "Violeta quere ser vampiro", para todo o alumnado do centro. Para que esta actividade resultase segura, fixéronse tres pases ao longo da mañán, na sala de psicomotricidade.

Despois do teatro, realizamos unha merenda terrorífica a base de doces coa forma dos protagonistas desta festa: pantasmas, morcegos, casas do terror...

Aproveitamos o recreo para realizar un desfile de moda fantasmagórica amenizada por unha parella moi especial de speakers. Como colofón ao desfile, toda a comunidade educativa participou en varias coreografías de cancións propias desta celebración.

Pasámolo xenial!!

 

 

Food Heroes!

INTERNATIONAL YEAR OF FRUITS AND VEGETABLES
#IYFV2021

A FAO adica este ano 2021 ás froitas e verduras. Desde o noso colexio queremos incorporarnos a esa campaña co fin de manter unha dieta máis saudable e ao mesmo tempo, sostible.

E como somos os/as SUPERHEROES do coidado da saúde de todos/as nós, convertémonos tamén nos FOOD HEROES.

Podes seguir as aventuras dos Food Heroes nos seguintes Activity Books:

O compromiso do CEIP Manuel Sueiro coa alimentación sa e saudable queda patente na campaña de froita no recreo que estamos a desenvolver.

Pola nosa banda, puxemos en marcha o noso GARDEN PROJECT, que desenvolveremos en cada estación.

In AUTUMN plantamos as primeiras seeds co fin de recolectar carrots. Step by step fixemos o noso camiño: Rocks – Sand – Compost – Seeds – Compost, and ... WATER

Comezamos no outono do 2020 e recollemos a harvest nos inicios do 2021. Levamos para a casa as nosas mini-carrots e ben sabrosas que están.

ATENTOS Á NOSA SEGUINTE PLANTACIÓN!

Vídeo resumo do curso 2019/2020

Vídeo resumo das actividades realizadas ao longo do curso 2019/2020.

Esperamos que vos guste!!

Stacks of at Manuel Sueiro

Como explicamos cando presentamos o noso proxecto ao “Club de Letras”, a nosa intención era coñecer a obra da artista Annie Morris como contrapunto a artista Yayoi Kusama, obxecto do noso traballo o curso pasado.

Así comenzamos o noso book no que relacionabamos ás dúas artistas. Poidemos debuxalas, escribir sobre os seus países, bandeiras, idade e roupa característica. Non son moitas as páxinas que escribimos, algunha xa desde a casa, pero coa mesma ilusión.

As lecturas non poideron ir máis aló da colección “Pepe en Inglaterra” e “Katie and the British Artists” por mor da situación sanitaria actual.

O noso prologue amosa a visión global das artistas, mentras que o epílogo aínda está por escribir.

Na galería de imaxes pódese ver cómo accedimos á información sobre Annie Morris, o inicio do noso traballo no book, as lecturas sobre artistas británicos e a cidade de London, lugar de orixe de Annie Morris.

Construíndo "Un libro de cores" entre todas e todos.

RETO PARA A SEMANA DO DÍA DO LIBRO

Leo proponvos un reto para a semana do libro. Entre todas as persoas da nosa comunidade educativa, nenos, nenas, pais, nais, avós, avoas... imos a facer un libro virtual de cores no que poñades de manifesto como vos sentides estes días tan distintos e especiais.

Para elo, propoñémosvos que vexades, en primeiro lugar, este vídeoconto de catro minutos de duración  e que leva por título "El monstruo de colores" da autora Anna Llenas.

Unha vez visionado o videolibro, mirade as propostas que vos fai Leo na seguinte presentación:

CONCRETANDO O RETO:

  • Visionar o videoconto.
  • Facer un debuxo, vídeo, cómic, cartaz, historia... no que reflictades o voso estado de ánimo nestes días.
  • Achegádeo ao correo do cole ceipmsueiro@gmail.com para facer un vídeolibro cos vosos traballos.

Con todos os traballos recibidos, editaremos un video-libro para a vosa biblioteca.

PREME PARA VER O LIBRO DE CORES

 

Distribuir contido


by Dr. Radut