O 18 de xuño, en horario de tarde, celebramos a Festa de Fin de curso no colexio coa asistencia da práctica totalidade do alumnado e as súas familias.
Primeiro tivo lugar a ceremonia de clausura do curso coas seguintes actividades:
- Representación da obra de teatro "Néfele, a raíña das nubes" polo alumnado de sexto. Dita obra foi escrita pola nosa compañeira de sexto Camino Alonso e premiada no concurso "A ciencia que conta" da Fundación Barrié de la Maza. Ao final da representación fíxoselle entrega da edición do libro que inclúe a obra.
- Varios alumnos e alumnas do centro deleitáronnos con fantásticas interpretacións intrumentais de coñecidas obras de músicais:
- Gabriel e Estela fixeron soar melodicamente o seu piano.
- María deleitounos cos sons da súa tuba.
- Nuría fixo unha emotiva interpretación co seu acordeón.
- Entre actuación e actuación fixemos entrega dos seguintes agasallos:
- Agasallo e diploma aos mellores lectores do 3º trimestre.
- Agasallo e diploma polo comportamento no comedor escolar.
- Agasallo aos traballos feitos para o Equipo de Dinamización Lingüística.
- Agasallo e parabéns para os mestres e mestras provisionais do centro.
- Asemade, tamén fixemos entrega das orlas ao alumnado de sexto curso que remataou os seus estudos no noso centro.
- Para clausurar o acto, toda a comunidade educativa interpretou o Himno de despedida.
Unha vez finalizada a ceremonia de clausura do curso tivo lugar nas instalacións deportivas do centro a Festa de Despedida do curso que organizou a ANPA Limiar do noso centro.
O alumnado e as súas familias puideron disfrutar dunha merendola especial e participar cos seus amigos e compañeiros nas diferentes actividades que lles tiñan preparadas.
FELICES VACACIÓNS para todas e todos!!
Galería de imaxes da celebración